Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Batalla de San Mamede

A batalla de San Mamede (en portugués batalha de São Mamede) trabou o 24 de xuño de 1128 preto de Guimarães e considérase un dos eventos fundamentais para a independencia do Reino de Portugal.[1][2][3][4] Participaron as tropas dos seguidores do infante Afonso Henriques e as tropas leais a súa nai Tareixa, condesa de Portucale, e mais as do seu amante, o conde galego Fernán Pérez de Traba.[5][6] Despois de San Mamede, o que sería futuro rei, comezou a ostentar o título de príncipe. Sería proclamado rei en 1139 e foi recoñecido como tal polo rei de Galicia e León en 1143.

Batalla de San Mamede
Data: 24 de xuño de 1128
Lugar: Guimarães
Desenlace: Vitoria de Afonso I de Portugal
Combatentes
Condado Portucalense (Afonso) Condado Portucalense (Tareixa)
Reino de Galiza
Comandantes
Afonso I de Portugal Tareixa, condesa de Portugal
Fernán Pérez de Traba

Contexto

editar
 
Tereixa, condesa de Portucale, (centro) xunto da súa filla Urraca Henriques (dereita) e Vermudo Pérez de Traba (esquerda), segundo o manuscrito gótico do mosteiro de Toxos Outos.

A finais do século XI Henrique de Borgoña foi apoiar os cristiáns da Península como cruzado. Loitou contra os mouros xunto con Afonso VI. O rei, en agradecemento, deulle a man da súa filla máis nova, Tareixa. En 1095 o condado era unha dependencia do Reino de Galicia, en unión co Reino de León. En 1097 Portucale pasou a ser unha dependencia directa de León. Porén, desde os primeiros anos do seu goberno, Henrique foi influenciado polo desexo de independencia dos señores do condado.

Henrique morreu en 1112, e a súa muller, a raíña Tareixa ( Regina Tarasia , segundo ela ostentaba) converteuse na condesa de Portugal. A súa irmá a raíña Orraca converteuse en raíña de León e Galicia despois da morte do seu pai, Afonso VI. Como o seu marido, Tareixa tamén era ambiciosa e desexaba a independencia de León, e en particular da súa irmá. Para tentar manter a autonomía da súa comarca, en diferentes momentos aliouse cos inimigos da súa irmá ou coa súa irmá, o que fose máis propicio.

En 1116 os seguidores de Tareixa tomaron dúas cidades galegas, Tui e Ourense. En resposta, a raíña Orraca atacou os dominios de Tareixa. O bispo galego Diego Xelmírez, amigo do nobre galego Fernán que estaba ao servizo de Tareixa, organizou unha revolta no campamento da raíña Orraca, e Orraca viuse obrigada a facer as paces coa súa irmá Tareixa.

Orraca morreu en 1126. O fillo de Orraca, Afonso VII, converteuse en rei e esixiu que Tareixa se convertese na súa vasala, cousa que ela rexeitou. Como resposta, Afonso atacou Portucale na primavera de 1127. Isto aumentou o poder do fillo de Tareixa, Afonso Henriques, xa que ela perdera a confianza do rei. Posteriormente, Tareixa converteuse nun monicreque de Fernán Pérez de Traba. Tareixa e o príncipe Afonso convertéronse polo tanto en inimigos do rei xa que ambos querían tomar o control do condado, pero só os partidarios do príncipe Afonso estaban realmente interesados ​​na independencia total.

Batalla

editar
 
Estatua de Afonso Henriques no Castelo de San Xurxo en Lisboa, réplica da orixinal, feita por Soares dos Reis, que se encontra en Guimarães.

As dúas faccións enfrontáronse no Campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, preto de Guimarães; este nome pode dar a entender que a batalla foi un torneo.[Cómpre referencia]

Afonso Henriques non estivo só na suposta batalla. De feito, foi axudado polos señores das principais cidades portuguesas, pola igrexa local e pola súa xente para lograr a independencia do país.

Nobres que participaron na batalla con Afonso I Henriques:

Consecuencias

editar

Coa derrota, Tareixa e Fernán abandonaron o goberno condal, que ficou despois nas mans do infante Afonso e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras ao sur do Miño. Tareixa desistiu así das ambicións de ser señora de Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso. Hai ata quen relatou as maldicións que Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.[7]

En 1129, Afonso Henriques autoproclamouse príncipe de Portugal e en 1139 rei de Portugal. Afonso VII finalmente recoñeceu a independencia de Portugal en 1143 no Tratado de Zamora.[8][9] En 1179, o Papa acepta a vasalaxe directa de Henriques, recoñecéndoo rei de iure a través do que pasou a ser Afonso I de Portugal.[10]

  1. "Battle of São Mamede". britannica.com. Consultado o 2023. 
  2. "Batalha de S. Mamede". infopedia.pt. 
  3. "Important dates in Portuguese history". almaria.pt. Consultado o 2023. 
  4. "Munícipio de Guimarães". cm-guimaraes.pt. Consultado o 2023. 
  5. "The Kingdom of Portugal". portugalonline.com. Consultado o 2023. 
  6. "Guimarães". paginas.fe.up.pt. Consultado o 2023. 
  7. Mattoso, José (1993). Os primeiros reis de Portugal. Caminho. ISBN 978-9722108683. 
  8. Lay, S. (2008). The Reconquest Kings of Portugal: Political and Cultural Reorientation on the Medieval Frontier. Springer. ISBN 9780230583139. 
  9. Waisberg, Tatiana (2017). The Treaty of Tordesillas and the (Re)Invention of International Law in the Age of Discovery. Journal of Global Studies. 
  10. "Bula "Manifestis probatum" do Papa Alexandre III pela qual confirmou o reino de Portugal ao rei D. Afonso Henriques e a seus herdeiros". digitarq.arquivos.pt. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar