Basílica da Santa Cruz
A basílica da Santa Cruz (en italiano, Basilica di Santa Croce) é un sobresaínte igrexa medieval católica italiana erguida na cidade de Florencia. Comezouse a construír o 3 de maio de 1294 sobre as ruínas dunha pequena igrexa erixida cara a 1222 polos franciscanos, en vida de San Francisco de Asís. O mestre de obras (hoxe diriamos arquitecto) foi Arnolfo di Cambio, quen recibido a encarga de substituír a pequena igrexa anterior por unha máis grande, que superase a basílica de Santa Maria Novella, iniciada 50 anos antes polos dominicos.
Basílica da Santa Cruz | |
---|---|
Vista da igrexa dende a Piazza Santa Croce. | |
Datos xerais | |
País | Italia |
Rexión | Toscana |
Tipo | Basílica menor |
Advocación | Vera Cruz |
Localización | Florencia |
Coordenadas | 43°46′05″N 11°15′40″L / 43.76814, 11.261059 |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade (1982, en conxunto co centro histórico de Florencia) |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | arquidiocese de Florencia |
Arquitectura | |
Construción | 1294-1385 |
Estilo | Gótico, renacentista e neogótico |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi consagrado o 6 de xaneiro de 1443, segundo o calendario florentino; 1444, segundo o actual. Foi declarada basílica menor o 20 de decembro de 1933.