Baranavičy
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Baranavičy (en belaruso: Баранавiчы; en ruso: Барановичи, "Baranovichi"; en polaco: Baranowicze) é unha cidade da rexión de Brest no oeste de Belarús. En 1995 tiña 173 000 habitantes.
Баранавічы (be) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Belarús | |||
Regiões da Bielorrússia (pt) | Rexión de Bierascie | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 171.361 (2024) (3.194,65 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 53.640.000 m² | |||
Altitude | 193 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1627 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Jury Hramakoŭski (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 225320, 225401, 225402, 225404, 225406–225411, 225413 e 225415–225417 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 163 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | baranovichi.by |
Historia
editarA primeira mención á cidade data de 1706 como propiedade privada da familia polaca Rozwadowski. No século XVIII como resultado da partición de Polonia pasa a Rusia. En 1870s Baranavičy aumenta a súa importancia ao se converter nunha importante empalme ferroviario. En 1883 chega aos 2 000 habitantes e en 1897 aos 4 600 (o 50% xudeus).
Os polacos conquistan a cidade durante a guerra polaco-soviética e en 1919 recibe dereitos de cidade. En 1921 tiña 11 000 habitantes (67% xudeus) e en 1939 chega aos 30 000 habitantes. Logo da Guerra Defensiva Polaca de 1939 a cidade foi ocupada pola Unión Soviética ata o 25 de xuño de 1941 en que a Wehrmacht conquistou a cidade, en agosto os creouse un gueto para os 12 000 xudeus da cidade, onde viviron en condicións lamentables ata o 14 de decembro de 1942, cando foron enviados a varios campos de concentración, só 250 sobreviviron.