Axuda:Xaponés
Para termos de orixe xaponesa a pronunciación e escritura danse entre parénteses, por exemplo:
- Tokio (東京都 Tōkyō-to?)
Toquio é a escritura galega, 東京都 é a escritura xaponesa e Tōkyō-to é unha guía para a pronunciación xaponesa ou romanización.
Ortografía xaponesa
editar- Artigo principal: Escrita xaponesa.
O texto en xaponés é unha mestura de ideogramas kanji e dous silabarios kana. Moitos kanji teñen a súa orixe na China e representan xeralmente ideas. 東京都 (Tōkyō-to) literalmente significa leste (東) + capital (京) + metrópole (都), gran capital do leste. Os kana (chamados hiragana e katakana) son derivados de trazos simples de kanji e empregados para denotar sons. する (suru, lit. facer) = す (su) + る (ru). O hiragana úsase para palabras de orixe xaponesa e chinesa, mentres que o katakana úsase para palabras estranxeiras a modo de préstamos lingüísticos (o 11% dos termos en xaponés son de orixe estranxeira).
Pronunciación do xaponés
editarNa Galipedia emprégase a versión revisada da romanización Hepburn para representar os sons do xaponés en letras romanas.
Vogais
editar- As vogais a, e, i e o pronuncianse xeralmente da mesma forma ca no castelán. É preciso ter en conta que en galego as vogais e e o teñen dúas pronuncias, mentres que só existe unha por vocal no xaponés.
- A vogal u é semellante ao galego, pero sen redondear os beizos.
- As vogais xaponesas poden ser tanto longas como curtas. As vogais longas duran o dobre ca unha vogal curta e son romanizadas en Hepburn empregando un macrón ( ¯ ).
- Os sons de o e u longos escribense normalmente con macróns como ō e ū, tanto en térmos escritos en hiragana e kanji (vogais longas お e う) e katakana (chōon ー). Exemplos:
- ゆき, yuki (neve); ゆうき, yūki (valor)
- とる, toru (tomar); とおる, tōru (pasar)
- ここ, koko (acó); こうこう, kōkō (bacharelato)
- ノート, nōto (caderno)
- スーパー, sūpā (supermercado)
- Os sons de e e i longos escribense normalmente como ee, ei e ii (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ē e ī (en termos escritos en katakana). No caso de ei, é un son de e longo. Exemplos:
- え, e (debuxo); ええ, ee (si)
- へや, heya (habitación); へいや, heiya (chaira)
- おじさん, ojisan (tío); おじいさん, ojiisan (avó)
- テープ, tēpu (cinta)
- タクシー, takushī (taxi)
- O son do a longa escríbese normalmente coma aa (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ā (en termos en katakana).
Exemplos:
- おばさん, obasan (tía); おばあさん, obaasan (avoa)
- カード, kādo (tarxeta)
Mora n
editar- Unha n (ん) antes dunha consoante considérase unha mora. Exemplo: えんぴつ, enpitsu (lapis).
- Unha mora n seguida por unha vogal ou y escríbese coma n' para evitar confundila cunha n de comezo de sílaba; a ' indica unha breve pausa na pronunciación. Exemplo:
- たんい, tan'i (unidade); たに, tani (val)
- くんよみ, kun'yomi
- A mora n ten varias formas fonéticas:
- Unha mora n antes de k ou g pronúnciase [ŋ], exactamente coma ocorre co son da n antes de /g/ no galego (tango).
- Unha mora n antes de m, b ou p pronúnciase coma [m]. Escríbese coma m na versión orixinal de Hepburn, pero escríbese n no Hepburn modificado. Exemplo: せんぱい, sempai (Hepburn orixinal); senpai (Hepburn modificado).
- Noutros casos pronúnciase coma [n].
Consoantes
editar- As pronunciacións das consoantes b, ch, d, k, m, n (agás cando é mora), p, s (agás sh), e t son semellantes ao galego.
- O y pronúnciase coma o i en palabras do galego antigo que teñen un i diante de vogal, coma en ialma.
- O f pronúnciase máis suave, en especial coa sílaba fu (ふ) que se asemella a unha h aspirada.
- O g pronúnciase coma en gañar ou algodón.
- O h pronúnciase como as palabras con gheada, como en ghato, aínda que un chisco máis suave.
- O j pronúnciase coma a palabra inglesa jar, parecido a unha ll.
- O r pronúnciase coma unha mestura de r suave ou l, lixeiramente semellante á r de pero ou arado, mais nunca á rata.
- O sh pronúnciase coma o x en galego en palabras patronímicas coma xeo.
- O z pronúnciase coma a palabra inglesa zero.
- O fonema tsu (つ) débese pronunciar de manera continua, sen facer pausa entre o t e o s.
Uso e edición do modelo
editarNota: Podes personaliza-lo teu CSS en /monobook.css que contén o código CSS que queres empregar.
O modelo Nihongo define as seguintes clases para o CSS:
- t_nihongo_kanji
- t_nihongo_comma
- t_nihongo_romaji
- t_nihongo_norom
- t_nihongo_help
- t_nihongo_icon
Exemplos
editarEfecto desexado | CSS |
---|---|
Empregar fonte "SimSun" para o kanji |
.t_nihongo_kanji { font-family: SimSun; } |
Ocultar kanji: |
.t_nihongo_kanji { display: none; } |
Amosar unha coma entre o kanji e o romaji: |
.t_nihongo_comma { display: inline!important; } |
Cambiar a cor do romaji: |
.t_nihongo_romaji { color: blue; } |
Sempre ocultar el romaji: |
.t_nihongo_romaji { display: none; } |
Esconder a ligazón a esta páxina: |
.t_nihongo_help { display: none; } |
Sempre amosar romaji: |
.t_nihongo_norom { display: inline!important; } |
Uso en artigos
editarSintaxe: {{nihongo|Escritura en galego|Escritura en xaponés|Romanización|Comentarios}} Tódolos argumentos son obrigatorios, porén os últimos dous argumentos poden estar baleiros. Se a romanización é idéntica á escritura en galego non se amosará a romanización por defecto.
Se se quere usar este modelo ao comezo do artigo coma o título do mesmo, debe poñerse en letra grosa (''') o primeiro parámetro: {{nihongo|'''Manga'''|漫画|}} é... Amosarase coma:
- Manga (漫画?) é...
Volver á páxina de axuda. |