Auferstanden aus Ruinen
Auferstanden aus Ruinen (en alemán: Erguéndose dende as ruínas) foi o himno da República Democrática Alemá (RDA) entre 1949 e 1990. A súa letra foi escrita por Johannes R. Becher con música de Hanns Eisler.
Auferstanden aus Ruinen | |
---|---|
En galego: Erguéndose dende as ruínas | |
Himno de | Alemaña Democrática |
Letra | Johannes R. Becher Outubro de 1949 |
Música | Hanns Eisler Outubro de 1949 |
Adoptado | 1949 |
Até | 3 de outubro de 1990 |
Letra orixinal en alemán
editar- Auferstanden aus Ruinen
- Und der Zukunft zugewandt,
- Laß uns dir zum Guten dienen,
- Deutschland, einig Vaterland.
- Alte Not gilt es zu zwingen,
- Und wir zwingen sie vereint,
- Denn es muß uns doch gelingen,
- Daß die Sonne schön wie nie
- Über Deutschland scheint.
- Über Deutschland scheint.
- Glück und Frieden sei beschieden
- Deutschland, unserm Vaterland.
- Alle Welt sehnt sich nach Frieden,
- Reicht den Völkern eure Hand.
- Wenn wir brüderlich uns einen,
- Schlagen wir des Volkes Feind!
- Laßt das Licht des Friedens scheinen,
- Daß nie eine Mutter mehr
- Ihren Sohn beweint.
- Ihren Sohn beweint.
- Laßt uns pflügen, laßt uns bauen,
- Lernt und schafft wie nie zuvor,
- Und der eignen Kraft vertrauend,
- Steigt ein frei Geschlecht empor.
- Deutsche Jugend, bestes Streben,
- Unsres Volks in dir vereint,
- Wirst du Deutschland neues Leben,
- Und die Sonne schön wie nie
- Über Deutschland scheint.
- Über Deutschland scheint.
Tradución ao galego
editar- Erguéndose dende as ruínas
- e mirando cara ao futuro,
- déixanos servirte para o ben,
- Alemaña, patria unida.
- Temos que superar a antiga miseria,
- e todos empurrando xuntos,
- por iso debemos conseguir,
- que o Sol, máis fermoso que nunca
- brille sobre Alemaña.
- Brille sobre Alemaña.
- Concederase a ledicia e a paz
- para Alemaña, a nosa patria.
- Todo o mundo anhela a paz,
- dádelle aos pobos a vosa man.
- Cando nos xuntamos como irmáns,
- derrotaremos ao inimigo do pobo!
- Que brille a luz da paz!
- Que nunca máis unha nais
- chore polo seu fillo.
- Chore polo seu fillo.
- Imos labrar, imos construír,
- aprendede e traballade como nunca antes,
- e, confiando na súa propia forza,
- xurdirá unha xeración ceibe.
- Mocidade alemá, o maior esforzo
- do noso pobo en ti se recoñece,
- serás para Alemaña nova vida.
- E o Sol, máis fermoso que nunca
- brille sobre Alemaña.
- Brille sobre Alemaña.
Historia
editarDeixou de ser himno oficial coa reunificación alemá, pasando a ser himno da Alemaña unificada o até entón himno da República Federal de Alemaña (RFA), Deutschlandlied. O entón primeiro ministro da RDA, Lothar de Maizière, propuxo que "Auferstanden aus Ruinen" ocupase o seu lugar, proposta que foi rexeitada polo Chanceler da RFA, Helmut Kohl.
Tras a reunificación alemá, o himno nacional pasou a ser unicamente un arquivo histórico da música alemá.
Ligazóns externas
editar- Auferstanden aus Ruinen en mp3
- Auferstanden aus Ruinen en QuickTime
- Auferstanden aus Ruinen en Real Audio streaming Arquivado 15 de xuño de 2006 en Wayback Machine.
- Auferstanden aus Ruinen, versión punk realizada por MIA. para a película Führer Ex.
- Partitura en formato gif. Arquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine.