Aude
Aude (11) é un departamento de Francia cuxa capital é Carcasona. Forma parte da rexión de Occitania. O seu xentilicio en francés é Audois. Das tres patrias da cassoulet (Carcasona, Castelnaudary e Tolosa), dúas atópanse en Aude.
Epónimo | Rio Aude (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Capital | Carcasona | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 376.028 (2021) (61,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.139 km² | ||||
Bañado por | Golfo de León e Rio Aude (pt) | ||||
Punto máis alto | Pic de Madrès (en) (2.469 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Hélène Sandragne (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-11 | ||||
Código NUTS | FR811 | ||||
Código de departamento INSEE | 11 | ||||
Sitio web | aude.fr | ||||
Historia
editarO departamento de Aude foi un dos oitenta e tres creados o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. As súas fronteiras abarcan o que anteriormente foi unha parte da provincia de Languedoc.
Xeografía
editar- Está limitado polos departamentos de Hérault ao nordeste, Tarn ao norte, Alta Garona ao noroeste, Ariège ao suroeste, Pireneos Orientais ao sur, e polo mar Mediterráneo (47 km de costa) ao leste.
- Por Aude pasan os ríos Aude, Orbieu e Hers.
- Punto máis alto: Pic du Madrès (2.469m). Punto máis baixo: 0m (costa mediterránea)
- Estrada máis alta: Col du Pradel (1.679m)
- Outros cumios: Pic du Bernard-Sauvage (2.423m), Picaucel (2.027m), La Glèbe (2.024m)
- Maior lagoa: Étang de Bages-et-de-Sigean (45 km²)
- Estanques salgados: Étang de Salses-Leucate (110 km², compartido cos Pireneos Orientais), Étang de Gruissan (25 km²), Étang de l'Ayrolle e Étang de Campignol (16 km² entre ambos), Étang de Lapalme
- Lagos de l'Estrade e Étang de Pissevaches
- Desfiladeiros da Pierre-Lys, Gorges de Galamus, da Frau, do Orbieu, do Aude
- Grutas de Limousis, de Laguzou, de Cabrespine (sima xigante)
Clima
editarO clima de Aude é predominantemente mediterráneo.
O outono caracterízase por tormentas violentas e rápidas. O verán é a miúdo cálido e seco, o que favorece o cultivo da vide e a oliveira. Mais, o departamento é unha terra de contrastes:
No norte, a Montagne Noire (montaña negra) e, no sur, o país de Sault teñen climas de montaña, con temperaturas ás veces moi baixas en inverno.
No oeste, o clima é de tipo aquitano, con precipitacións máis importantes, mentres que no leste o clima é puramente mediterráneo.
No centro, na rexión Limouxine, Carcassonnaise e do Razès, o clima é intermedio, con exposicións importantes aos ventos. Os ventos están a miúdo presentes no Aude. É un dos departamentos franceses máis ventosos con 300 a 350 días de vento por ano. Este fenómeno débese principalmente aos relevos setentrionais e meridionais que forman un corredor.
No noroeste sopra o Cers, chamado Tramontane na Provenza, que é un vento de terra. É un vento seco e violento e frío en inverno. Ao contrario, sopra o Autan que é cálido e húmido e procede do mar ao sueste. Estes ventos regulares permitiron instalar centrais eólicas como en Avignonet-Lauragais.
Demografía
editar1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
---|---|---|---|---|---|---|
225.228 | 270.125 | 284.285 | 289.747 | 282.833 | 283.606 | 288.626 |
1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
285.927 | 300.065 | 327.942 | 332.080 | 317.372 | 310.513 | 313.531 |
1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
308.327 | 300.537 | 287.052 | 291.951 | 296.880 | 285.115 | 268.889 |
1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
268.254 | 269.782 | 278.323 | 272.366 | 280.686 | 298.712 | 309.770 |
As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):
- Narbona 46.510 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Carcasona: 43.950 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Castelnaudary: 10.851 habitantes, 11.876 na aglomeración.
Economía
editarCon pouca importancia da industria (centrada nas cidades principais e en Port-la-Nouvelle), os principais recursos proveñen da agricultura (principalmente a vide) e, sobre todo, do turismo. Lugares de interese son a cidade fortificada de Carcasona, o conxunto monumental de Narbona, a abadía de Fontfroide, os castelos de Peyrepertuse e Quéribus e a reserva africana de Sigean, entre outros.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aude |