Anuro
Os anuros (Anura do grego antigo ἀ(ν-) a(n-) (negación) e οὐρά ourá 'cola') son unha orde de anfibios, coñecidos vulgarmente como ras e sapos. Caracterízanse por carecer de cola, por presentar un corpo curto e moi ensanchado, e unhas patas posteriores moi desenvolvidas e adaptadas para o salto. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios; estímase que existen máis de 5.000 especies, repartidas en 48 familias.[1] A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño pode variar dende uns escasos 8,5 milímetros, como é o caso das especies do xénero Eleutherodactylus,[2] ata talles que superan os 30 centímetros, destacando a Conraua goliath, o anuro máis grande do mundo.[3]
Anuro Rango fósil: Triásico - Actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Litoria caerulea | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Distribución en verde
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
Archaeobatrachia |
Ras e sapos
editarOs nomes «ra» e «sapo» referíanse nun principio ós dous tipos de anuros que aparecen na Península Ibérica: as ras típicas (as do xénero Ra), e os sapos típicos (os do xénero Bufo); pero na actualidade úsanse para outros grupos de forma indiscriminada e arbitraria. «Ra» adoita referirse ás especies máis gráciles, de pel húmida e lisa, boas saltadoras, e de hábitos acuáticos. «Sapo» fai referencia ás especies de pel máis seca e rugosa, máis robustas, menos áxiles e que acostuman habitar no chan húmido escavando galerías. Polo tanto, esta distinción entre ras e sapos non é unha discriminación que teña validez taxonómica.[4]
Alimentación e reprodución
editarA súa alimentación baséase en invertebrados, tanto acuáticos como terrestres.
Teñen unha fecundación externa que se efectúa na auga. O amplexus (forma de aparearse dos anuros) pode ser axilar ou inguinal. Os ovos son postos na auga, en cordóns, como fan os sapos, ou en paquetes como fan as ras e presentan dimensións e formas diferentes segundo a familia ou especie.
Evolución
editarAs primeiras ras verdadeiras coñecidas datan do Xurásico Inferior, Vieraella, e do Xurásico Medio.[5]
Características
editarPódense distinguir pola ausencia de cola e por presentaren un corpo curto e moi ensanchado. Os dous pares de patas son moi diferentes entre si, adquirindo un maior desenvolvemento e robustez o par posterior, que, ademais, se encontra adaptado ao salto. As patas anteriores rematan en catro dedos, mentres que as posteriores fano en cinco.
Existen máis de 5 200 especies de anuros, repartidos en 33 familias. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da auga. O seu tamaño é variable. Entre os máis pequenos atopamos á ra coqui, mentres que a maior ra é a Conraua goliath.
O nome común "ra" pódese referir a calquera membro da orde Anura (anfibios sen cola) exceptuando as especies que teñen pel rugosa no dorso, e que son menos acuáticas cand adultas, coñecidas como "sapos".
Así a todo, a diferenza entre as denominacións ra e sapo non ten fundamento taxonómico. Os diferentes usos da palabra ra e sapo débense á discrepancia entre a clasificación vernácula e a clasificación científica do grupo Anura. Ademais, a maioría das especies de anuros viven en países tropicais, onde a diversidade de familias é moito máis grande que en zonas temperadas. Ao se orixinar nun país temperado, o idioma galego non dispón de termos adecuados para denominar a maioría das formas de anuros.
A boca é moi ancha, con dentes diminutos ou sen eles, dependendo das especies, e cunha lingua protráctil. Os ollos están provistos de pálpebras, e os oídos non levan pavillóns externos, diferenciándose unicamente unha membrana timpánica superficial.
Os cágados ou cabezolos (fase larvaria) levan unha vida acuática, con respiración branquial, mentres que os adultos son terrestres, de respiración pulmonar (e cutánea); a reprodución, incluso nos sapos, faise sempre na auga.
Exemplos representativos de anfibios anuros son a ra común, a ra de Santo Antón (pequena, de cor verde brillante e que vive oculta entre as pólas das árbores), o sapo común, o sapo parteiro (o macho transporta os ovos da posta ata que nacen os cágados) e a pipa americana (que incuba os ovos en ocos da pel do dorso).
Clasificación das familias de Anura
editarListaxe das familias de Anura, seguindo as subordes:
- Suborde Archaeobatrachia
- Familia Ascaphidae
- Familia Bombinatoridae
- Familia Discoglossidae
- Familia Leiopelmatidae
- Suborde Mesobatrachia
- Familia Megophryidae
- Familia Pelobatidae
- Familia Pelodytidae
- Familia Scaphiopodidae
- Familia Rhinophrynidae
- Familia Pipidae
- Suborde Neobatrachia
- Familia Allophrynidae
- Familia Arthroleptidae
- Familia Astylosternidae
- Familia Brachycephalidae
- Familia Bufonidae
- Familia Centrolenidae
- Familia Dendrobatidae
- Familia Heleophrynidae
- Familia Hemisotidae
- Familia Hylidae
- Familia Hyperoliidae
- Familia Leptodactylidae
- Familia Limnodynastidae
- Familia Mantellidae
- Familia Microhylidae
- Familia Myobatrachidae
- Familia Nasikabatrachidae
- Familia Petropedetidae
- Familia Ranidae
- Familia Rhacophoridae
- Familia Rheobatrachidae
- Familia Rhinodermatidae
- Familia Sooglossidae
Especies representativas
editarAlgunhas especies de anuros pertencentes a diferentes familias:
- Agalychnis callidryas
- Centrolenella spp.
- Cyclorana platycephalus
- Dendrobates, Phyllobates, Epipedobates, Minyobates, Colosthetus (velenosas)
- Eleutherodactylus johnstonei
- Gastrotheca marsupiata
- Hyla arborea
- Hyla faber
- Leptodactylus ocellatus
- Litoria caerulea
- Litoria nasuta
- Pseudacris crucifer
- Pseudis paradoxus
- Rana berlandieri
- Rana catesbeiana
- Rana esculenta
- Conraua goliath
- Rana temporaria
- Rhacaphorus nigripalmatus
- Rhinoderma darwini
Notas
editar- ↑ Frost, Darrel R. 2013. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.6 (9 January 2013). Electronic Database accessible at http://research.amnh.org/vz/herpetology/amphibia/?action=references&o_id=1. American Museum of Natural History, New York, USA.
- ↑ Lynch, J. D. (1976) The species groups of the South American frogs of the genus Eleutherodactylus (Leptodactylidae). Occasional Papers of the Museum of Natural History 61: 1-24.
- ↑ Sabater-Pi, J. (1985) Contribution to the biology of the Giant Frog (Conraua goliath, Boulenger). Amphibia-Reptilia, 6(2), 143-153.
- ↑ Arnold, E. N. e J. A. Burton (1978). Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. p. 275. ISBN 84-282-0488-8.
- ↑ Ana María Báez. 2013. Anurans from the Early Cretaceous Lagerstätte of Las Hoyas, Spain: New evidence on the Mesozoic diversification of crown-clade Anura. Cretaceous Research, Volume 41, Pages 90–106.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Anuro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anuro |
Bibliografía
editar- Díaz, J. A. e Santos, T. (1998): Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis. ISBN 84-7738-591-2
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarEn inglés
editar- The Whole Frog Project - Disección virtual dunha ra e anatomía.
- Disappearance of toads, frogs has some scientists worried
- Xenbase Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
- Amphibia Web
- Time-lapse video showing the egg's development until hatching
- Frog calls
- Frog calls - Canada
- eastern United States Frog calls - eastern United States
- Record UK Frogspawn sightings here
- Frogwatch USA Arquivado 29 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- Amphibian photo gallery by scientific name
- Scientific American: Researchers Pinpoint Source of Poison Frogs' Deadly Defenses