Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Alejandro de la Sota

arquitecto galego

Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego.

Modelo:BiografíaAlejandro de la Sota
Biografía
Nacemento(es) Alejandro de la Sota Martínez. Editar o valor en Wikidata
20 de outubro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
AlumnosRafael Tamarit Pitarch Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiDaniel de la Sota Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX955662 BUSC: sota-alejandro-de-la-1913-1996

Traxectoria

editar

Era fillo do político de orixe cántabra Daniel de la Sota e de María Teresa Martínez Correa. Criouse nun ambiente de clase media alta, o que lle permitiu desenvolver cedo as súas aptitudes artísticas. Acabados os seus estudos medios na cidade do Lérez, ingresou na Universidade de Santiago de Compostela, na que durante dous anos cursou Matemáticas. Trasladouse logo a Madrid para estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, na que se graduou en 1941 e onde foi nomeado Doutor Arquitecto en 1965. Durante case dúas décadas, de 1956 a 1972, foi profesor nesa mesma escola. Ao tempo, foi arquitecto oficial de numerosas empresas estatais, incluíndo Aviaco, a Dirección Xeral de Correos, Iberia ou o Instituto Nacional de Colonización.

 
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

De la Sota desenvolveu boa parte da súa carreira en Madrid, cidade na que faleceu, mais sempre mantivo fortes ligazóns familiares coa súa Galiza natal. A súa obra é expoñente dun racionalismo equilibrado, que une unha intensa creatividade arquitectónica xunto coa simplicidade construtiva. Foi un dos grandes promotores do industrialismo na construción dos anos 1960, introducindo elementos industriais na obra e mais na profesionalización da mesma. Os seus edificios acostuman combinar, de forma sorprendente, un gran rigor xeométrico, de liñas claras e rectas, coa audacia nas estruturas.

Recoñecementos

editar

De la Sota recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en tres ocasións; a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes e mais a Medalla de Ouro do Consello de Arquitectos. En 1990 foille concedida a Medalla Castelao.

 
Exterior do Colexio de Maravillas.

Vida persoal

editar

En 1952 casou con Sara Ríus Taylor. Tiveron seis fillos: Alejandro, Ana, Daniel, José, Juan e Sara[1]

Obras representativas

editar
 
Ximnasio do Colexio de Maravillas.
  • Vivenda de Ramón de Dios, Pontevedra (1945)
  • Escola de Capataces (1948), Bastiagueiro (Oleiros), actualmente incluída no complexo do INEF.
  • Laboratorios da Misión Biolóxica en Salcedo (Pontevedra) (1950)
  • Casa da Avenida Doctor Arce nº 20, en Madrid, (1953-1964; derrubada)
  • Goberno Civil (Tarragona) (1956-1963)
  • Talleres Aeronáuticos TABSA (Madrid) (1957-1958)
  • Ximnasio do Colexio Maravillas (Madrid) (1961)
  • Bloque de Vivendas (Salamanca) (1963)
  • Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (1966)
  • Colexio Maior César Carlos (Madrid) (1967)
  • Residencia de Verán Infantil (Miraflores de la Sierra, Madrid) (1957-1959)
  • Central Leiteira CLESA, Madrid (1963)
  • Vivendas na rúa do Prior, Salamanca (1962-1963)
  • Edificio de Correos, declarado Ben de Interese Cultural, (Úbeda, Xaén) (1964)
  • Igrexa de Santa Baia de Nantes (Sanxenxo)[2]
  • Casa Varela, Collado Villalba (1964-1968)[3]
  • Edificio Industrial CENIM (Madrid) (1965-1967)
  • Colexio Residencia da Caixa de Aforros Provincial (Ourense) (1966-1967)
  • Vivenda Guzmán (Algete), (1972). Derrubada en 2017.[4]
  • Aulas e Seminarios da Universidade (Sevilla) (1972) (Premio Nacional de Arquitectura)
  • Centro de Cálculo da Caixa Postal (Madrid) (1973-1976)
  • Banco Pastor, en Pontevedra (1974)
  • Colexio dos Irmáns Maristas, A Coruña (1974)
  • Vivenda Domínguez,[5] A Caeira (Poio) (1976)
  • Edificio de Correos e Telecomunicacións (León) (1980-1983)
  • Edificio Caixa Postal de Aforros (Madrid) (1986-1989)
  • Biblioteca Universitaria (Santiago de Compostela) (1990)
  • Edificio de Xulgados (Zaragoza) (1991-1993)
  • Redeseño e Rehabilitación do Edificio do Cabido Insular (As Palmas de Gran Canaria) (1994)
  1. Martínez Casal Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine. en Xenealoxía.org.
  2. Igrexa de Santa Baia de Nantes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. "Casa Varela" Docomomo Ibérico (en castelán).
  4. "Demolida la Casa Guzmán de De la Sota, obra maestra de la arquitectura moderna" (14/1/2017). La Voz de Galicia (en castelán).
  5. Díaz Camacho, Miguel Ángel (2012). La Casa Domínguez. Alejandro de la Sota: Construir - Habitar. E.T.S. Arquitectura (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar