Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Albert Camus

Escritor e filósofo francés

Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en árabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos[1]. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Modelo:BiografíaAlbert Camus

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Albert Camus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Dréan (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Villeblevin (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, single-vehicle accident (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery in Lourmarin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnóstico
EducaciónUniversidade de Argel Benyoucef Benkhedda (pt) Traducir - filosofía (1935–1936) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, literatura, xornalismo, Ética, existencia, filosofía política, xornalismo de opinión, teatro, actividade literaria, ensaio, drama e The strange writer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, guionista, membro da resistencia francesa, poeta, futbolista, dramaturgo, xornalista, ensaísta, filósofo, novelista, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorL'Express (pt) Traducir (1955–1956)
Combat (jornal) (pt) Traducir (1943–1947)
Paris-Soir (pt) Traducir (1940–1941)
Le Soir républicain (en) Traducir (1939–1940)
Alger Républicain (pt) Traducir (1938–1939) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSimone Hié (m. 1934; div. 1940)
Francine Faure (m. 1940) Editar o valor en Wikidata
ParellaMette Ivers (1957–1960)
Catherine Sellers (1956–1960)
María Casares (1948–1960)
Mamaine Koestler (1946–)
María Casares (1944–1945)
Blanche Balain (1937–) Editar o valor en Wikidata
FillosCatherine Camus (1945)
Jean Camus (1945) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Камю Альбер)
Dictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0133411 Allocine: 83175 IBDB: 10067
Facebook: AlbertCamusAuthor BNE: XX1721208 Bitraga: 348 Spotify: 2UX7LGfl7zC1QA9LMxLb0U iTunes: 57528162 Musicbrainz: 4819b042-108f-46a7-a396-d2831845deff Songkick: 138421 Discogs: 448200 WikiTree: Camus-12 Find a Grave: 2232 Deezer: 157197 Genius: Albert-camus Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia de colonos franceses (pieds-noirs) adicados ao cultivo de anacardo no departamento de Constantina. A súa nai, Catalina Elena Sintes, nacera en Birkadem (Alxeria) e a súa familia era orixinaria de San Luís (Menorca). O seu pai, Lucien Camus, traballaba nunha finca vitivinícola preto de Mondovi para un comerciante de viños de Alxer, era de orixe alsaciana, como moitos outros pieds-noirs que fuxiran trala anexión de Alsacia por Alemaña trala guerra franco-prusiana. Lucien foi mobilizado durante a Primeira Guerra Mundial, ferido en combate durante a batalla do Marne finou no hospital de Saint-Brieuc o 17 de outubro de 1914. A morte do pai propiciou o traslado da familia á casa da avoa materna en Alxer. Quedando orfo de pai antes de cumprir un ano. De seu pai, só conservou unha fotografía e unha significativa anécdota: a repugnancia ante o espectáculo dunha execución.

Cando Camus tiña un ano o seu pai morreu na batalla do Marne e a familia trasladouse a Alxer. En 1932 publicou os seus primeiros escritos na revista Sud. Uniuse ao Partido Comunista Francés en 1935[2] logo do fracaso da revolución de 1934 en España. En 1935 comezou a escribir L'Envers et l'Endroit que se publicou dous anos máis tarde.

Cando no ano 1957, con 44 anos, lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura dixo:[3]

Houberon darllo a Malraux

A sociedade parisiense e francesa do momento non recibiu o premio e recoñecemento internacional con moito entusiasmo.[4] Pola contra, Sartre ao coñecer a noticia dixo: "Ben feito".[5] Tratábase do primeiro Nobel que non procedía da burguesía, senón dos arrabaldes de Alxer, dunha familia modesta cuxa nai se dedicaba a labores de limpeza.[6]

O discurso que Camus pronunciou na cerimonia de entrega do premio converteuse co tempo nunha alegación modelo do compromiso do escritor co seu tempo.[7] Camus dixo en Estocolmo que el, que formaba parte da xeración dos mozos que querían cambiar o mundo, sentíase agora inclinado a conservalo.

Unha das súas frases que xeraron máis polémicas foron:[8][9]

Entre a miña nai e a xustiza, sempre preferirei a miña nai
Se nada existe, todo está permitido

Apoiou os republicanos contra Francisco Franco.[10]

 
Tumba de Albert Camus.

Morreu nun accidente de tráfico só 3 anos despois do galardón.

Segundo a súa propia filla Catherine, era un misóxino e esa misoxinia de Camus está amplamente documentada.[11] Simone de Beauvoir dicía que era bastante "feudal".[12]

"É certo que non creo en Deus, pero iso non significa que eu son ateo, e eu estaría de acordo con Benjamin Constant, que pensaba que a falta de relixión era algo vulgar e ata trillado", dixo nunha entrevista publicada en 1956 polo diario francés Le Monde.[13][14]

  • Révolte dans les Asturies, 1936.
  • La Mort heureuse, 1936-1938.
  • L'Envers et l'Endroit, 1937.
  • Noces, 1938.
  • L'Été, 1938.
  • Le Mythe de Sisyphe, 1942.
  • O estranxeiro, 1942.[15]
  • Caligula, 1944.
  • Le Malentendu, 1944.
  • A peste[16] (La peste), 1947.
  • L'État de siège, 1948.
  • Cartas a un amigo alemán (Lettres à un ami allemand), 1948.[17]
  • Os xustos (Les Justes), 1950[18].
  • L'Homme révolté, 1951.
  • A caída (La Chute), 1956.[19] Existe unha segunda tradución a cargo de Xosé Manuel Beiras, publicada en novembro de 2019 por Laiovento co título A desfeita[20].
  • L'Exil et le Royaume (La Femme adultère, Le Renégat, Les Muets, L'Hôte, Jonas, La Pierre qui pousse), 1957.
  • Actuelles I, Chroniques 1944-1948 (1950).
  • Actuelles II, Chroniques 1948-1953 (1953).
  • Actuelles III, Chroniques algériennes, 1939-1958 (1958).

Publicacións póstumas

editar
  • Carnets I (mai 1935-février 1942), 1962.
  • Carnets II, (janvier 1942-mars 1951), 1964.
  • Carnets III, (mars 1951-décembre 1959), 1989.
  • Le Premier Homme (inacabada, publicada pola súa filla; 1994).
  • Albert Camus - Jean Grenier, Correspondance (1932-1960). Notes de Marguerite Dobrenn, 1981.
  • Albert Camus - Pascal Pia, Correspondance (1939-1947). Présentation et notes de Yves-Marc Ajchenbaum, 2000.
  • Albert Camus - René Char, Correspondance (1949-1959). Présentation et notes de Franck Planeille, 2007.
  • Albert Camus - André Malraux, Correspondance (1941-1959) et autres textes, 2016.
  • Albert Camus, Maria Casarès. Correspondance inédite (1944-1959). Avant-propos de Catherine Camus, 2017.
  1. Albert Camus (1913-1960) et Jean-Paul Sartre (1905-1980) Arquivado 06 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
  2. Amina Azza Bekkat, « Albert Camus et l'Algérie : le malentendu », in Alek Baylee Toumi (dir.), Albert Camus, précurseur : Méditerranée d'hier et d'aujourd'hui, ed. Peter Lang, 2009, p. 17.
  3. Daniel, Jean (27-10-2004). Cet étranger qui me ressemble (en francés). Grasset. ISBN 9782246667490. 
  4. Todd, Olivier (14-5-2015). Albert Camus: A Life (en inglés). Random House. ISBN 9781473512146. 
  5. Aronson, Ronald (2006). Camus y Sartre: La historia de una amistad y la disputa que le puso fin (en castelán). Universidade de Valencia. ISBN 9788437064338. 
  6. Catherine Camus - Agathe Logeart (19-11-2009). "Camus, mi padre". Le Nouvel Observateur - La Opinión de Tenerife (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27-02-2018. Consultado o 26-2-2018. 
  7. Jean Daniel (7-12-2007). "Camus, nuestro contemporáneo". Le Nouvel Observateur - El País (en castelán). Consultado o 4-3-2018. 
  8. "Entretien : Carl Gustav Bjurström, Discours de Suède d'Albert Camus". www.gallimard.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 13-02-2018. Consultado o 24-2-2018. 
  9. Dr Ronald Batchelor (27-3-2014). "Dostoevskii’s Ivan Karamazov: Inspiration to Albert Camus". Cambridge University Press (en inglés). Consultado o 12-2-2018. 
  10. Foxlee, Neil (2010). Albert Camus's "The New Mediterranean Culture": A Text and Its Contexts (en inglés). Peter Lang. ISBN 9783034302074. 
  11. King, Adele (12-6-1992). Camus’s L’Etranger: Fifty Years on (en inglés). Springer. ISBN 9781349220038. 
  12. Aronson, Ronald (3-1-2004). Camus and Sartre: The Story of a Friendship and the Quarrel that Ended It (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 9780226027968. 
  13. Todd, Olivier (14-5-2015). Albert Camus: A Life (en inglés). Random House. ISBN 9781473512146. 
  14. Hermet, Joseph (1990). A la rencontre d'Albert Camus: le dur chemin de la liberté (en francés). Éditions Beauchesne. ISBN 9782701012100. 
  15. Ficha Arquivado 04 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa. Tradución ao galego de Valentín Arias López (Edicións do Cumio, 1991).
  16. Tradución ao galego de Isabel Soto e Xavier Senín (Hugin e Munin, 2018)
  17. Ficha Arquivado 25 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa. Tradución de Xosé Manuel Beiras (Trifolium, 2018).
  18. Os xustos, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega. Tradución de Xosé Manuel Beiras.
  19. FIcha Arquivado 25 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa. Traducido por Mª Dolores Cabrera (Edicións Xerais, 1989).
  20. Ficha na AELG.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar