Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]


Albert James Freed, nado en Johnstown (Pensilvania) o 15 de decembro de 1921 e finado en Palm Springs (California) o 20 de xaneiro de 1965, tamén coñecido como "Moondog", foi un disc jóckey estadounidense,[1] recoñecido como o creador da expresión "Rock and roll.[2]

Modelo:BiografíaAlan Freed

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Johnstown, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLake View Cemetery Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Salem High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndisc-jóckey, locutor de radio, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock and roll Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webalanfreed.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0293097 BNE: XX1034502 Last fm: Alan+Freed Musicbrainz: a9bc0a53-8ed9-4e3e-ba6b-1cd04b94521f Discogs: 598246 Allmusic: mn0000524814 WikiTree: Freed-400 Find a Grave: 1169 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

En 1951 Alan Freed creou o nome rock'n'roll para referirse a ese estilo ou xénero musical, usado anteriormente para referirse ao acto sexual nas letras.[3] Freed xogou un papel clave para atraer aos mozos "brancos" á música feita por afroamericanos, promovendo artistas nos seus programas de radio e en concertos.

Os seus concertos, chamados "Rock'n'Roll Jamboree", foron os primeiros en reunir nun mesmo auditorio a audiencias mozas de distintas orixes étnicas, tanto na platea como no escenario, onde o relevante era a música e non a cor da pel dos artistas.[4] Considerada a música da liberdade que os mozos tanto agardaban, ao enfrontarse a ela, manifestaban unha explosión interna a través de actos de salvaxismo, nun verdadeiro clima de éxtase, superando as diferenzas étnicas. A destrución dos teatros, cines e outros lugares escollidos para os "Jamborees", convertéronse no punto de partida das persecucións que sufrirían o rock'n'roll e o seu principal promotor.

Foi arrestado por un suposto envolvemento no pagamento de subornos para a execución de cancións na radio, o que desembocou nunha "caza de bruxas" contra os DJ's que pinchaban rock nas emisoras norteamericanas nun escándalo coñecido como Jabacule, Jaba ou Payola.[5]

Alan Freed faleceu o 20 de xaneiro de 1965 no hospital de Palm Springs, Riverside, na miseria, e está enterrado no cemiterio de Lake View.

 
A tumba de Freed no cemiterio de Lake View, Riverside.
  1. "Artist Search for "alan freed"". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-11-06. 
  2. "Revista". SPIN 17. ISSN 0886-3032. 
  3. "Obituary" Variety, 27 de xaneiro de 1965, páx. 54.
  4. "The Moondog Coronation Ball is history’s first rock concert". HISTORY (en inglés). Consultado o 2024-11-06. 
  5. Encyclopædia Britannica - Alan Freed

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar