Adolfo Gregorio Espino
Adolfo Gregorio Espino, nado en Vigo o 25 de abril de 1880 e finado en Madrid o 13 de abril de 1962,[1] foi un perito agrícola, avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1880 Vigo, España |
Morte | 13 de abril de 1962 (81 anos) Madrid, España |
Alcalde de Vigo | |
1923 – 1927 ← Orencio Arosa Álvarez – Mauro Alonso Cuenca → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Período de tempo | Restauración borbónica en España |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio e foi mestre en Lavadores e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1901).[2] Colaborou na revista Santiago e foi director do periódico La Noche (1915).[3]
Participación política
editarDestacou no movemento antiforista e participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral.
De tendencia conservadora, separouse do partido e encabezou unha tendencia que simpatizaba co maurismo e os seus desexos rexeneracionistas na política. Así, en 1922, foi un dos promotores da Liga de Defensores de Vigo dende a que tratou de afastar da vida política viguesa a Urzaiz e os seus seguidores.[4]
En maio de 1923, presentouse ás eleccións a Cortes polo distrito de Vigo, apoiado pola Liga, fronte ao candidato oficialista o ministro de Obras Públicas, Rafael Gasset Chinchilla.[4] Durante a xornada electoral, os apoios institucionais de Gassett levaron a cabo todo tipo de accións: dende manipular o censo, até ameazar a partidarios de Espino ou multar aos que levaban brazaletes ou repartían propaganda deste. Como consecuencia, Gasset conseguiu o escano en disputa.[4]
Porén, aos poucos, como consecuencia da ditadura de Primo de Rivera, este disoveu a corporación viguesa existente e nomeou un goberno provisional composto, sobre todo, por membros da Liga e, posteriormente, dende o 5 de decembro de 1923 ata o 18 de xaneiro de 1927, nomeou a Espino, alcalde de Vigo.[4] Como rexedor municipal conseguiu a cesión, de parte do Marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade.
Homenaxes
editarTen unha avenida no barrio vigués da Dobrada co seu nome.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-4-1962, p. 14.
- ↑ "EXPEDIENTES PERSONALES, Leg. 596, Exp. 13". Arquivo Histórico Unviersitario (USC). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Alonso, Julio (29 de setembro de 2018). "Rúa Alcalde Gregorio Espino". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Hernández Soto, Gonzalo (27 de maio de 2018). "La Liga de Defensores de Vigo y las elecciones de 1923". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfo Gregorio Espino |
Bibliografía
editar- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 67. VG 955-2010.
- Vázquez Xil, L. (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 97. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Alcalde discreto" Faro de Vigo, 9/4/2017 (en castelán).
Predecesor: Orencio Arosa Álvarez |
Alcalde de Vigo 1923 - 1927 |
Sucesor: Mauro Alonso Cuenca |