27 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 27 de outubro é o 300º día do ano do calendario gregoriano (301º nos anos bisestos). Quedan 65 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1553: nos arredores de Xenebra (Suíza) os calvinistas queiman vivo ao teólogo, médico e humanista aragonés Miguel Servet.
- 1682: Fundación da cidade de Filadelfia, Pensilvania (hoxe nos Estados Unidos).
- 1795: Os Estados Unidos e España asinan o Tratado de Madrid, que fixa os límites entre as colonias españolas e os E.U.A.
- 1806: O exército napoleónico entra en Berlín.
- 1807: Napoleón asina o Tratado de Fontainebleau con España.
- 1859: O coronel estadounidense Edwin Drake levanta o primeiro derrick en Titusville, Pensilvania.
- 1870: Guerra franco-prusiana: A gornición francesa de Metz réndese aos prusianos.
- 1904: Inauguración do metro en Nova York.
- 1951: Primeira utilización da radioterapia nun paciente a través dunha bomba de cobalto.
- 2004: dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de euros[1].
- 2017: O Parlament Catalán aproba a Declaración Unilateral de Independencia.
Nacementos
editar- 1466 - Erasmo de Rotterdam, teólogo e humanista neerlandés (m. 1536).
- 1728 - James Cook, explorador, navegante e cartógrafo británico (m. 1779).
- 1736 - James Macpherson, poeta escocés (m. 1796).
- 1782 - Niccolò Paganini, violinista e compositor italiano (m. 1840).
- 1844 - Klas Pontus Arnoldson, político, xornalista e pacifista sueco (m. 1916).
- 1858 - Theodore Roosevelt, Jr., presidente dos Estados Unidos (m. 1919).
- 1903 - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (m. 1945).
- 1914 - Dylan Thomas, poeta galés (m. 1953).
- 1923 - Roy Lichtenstein, pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a grande escala da arte do cómic.
- 1932 - Sylvia Plath, poeta e novelista norteamericana.
- 1945 - Luiz Inácio Lula da Silva, político, presidente do Brasil.
- 1947 - Xoán Rubia, músico galego.
- 1952 - Roberto Benigni, actor italiano.
- 1966 - Francisco Castro Veloso, escritor galego.
- 1981 - Daniel Salgado, xornalista e escritor galego.
Mortes
editar- 1312 - Xoán II de Brabante, duque de Brabante e Limburgo (n. 1275).
- 1553 - Miguel Servet, teólogo e médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue (n. 1511).
- 1918 - Lois Porteiro Garea, catedrático de Dereito, ensaísta e político galego (n. 1889).
- 1945 - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego (n. 1876).
- 1968 - Lise Meitner, física austríaca (n. 1878).
- 1975 - Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora (n. 1895).
- 1977 - James M. Cain, escritor e xornalista norteamericano (n. 1892).
- 1980 - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego.
- 1982 - Eugenio Montes, político e escritor galego (n. 1900).
- 2003 - Pierre Poujade, político francés.
- 2012 - Hans Werner Henze, compositor xermano.
- 2013 - Lou Reed, cantante de rock e escritor norteamericano (n. 1942).
- 2014 - Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega (n. 1964).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Armando. Santa Balsamia. San Frumencio, bispo. San Gaudioso, bispo. San Vicente.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 28.10.2004.