12 de xuño
data
<< | Xuño | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
2024 Todos os días |
O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1802 - Créase a Casa da Moeda de Caracas.
- 1898 - O xeneral Emilio Aguinaldo declara as Filipinas independentes de España.
- 1964 - O goberno surafricano condena a Nelson Mandela a cadea perpetua pola súa loita contra o apartheid.
- 1968 - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba o Tratado sobre a non Proliferación de Armas Nucleares.
- 1985 - España asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea (hoxe Unión Europea).
- 1990 - O Parlamento da Federación Rusa declara formalmente a súa soberanía.
Nacementos
editar- 1832 - Eduardo Gasset Artime, político e xornalista galego (m. 1884).
- 1847 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (m. 1876).
- 1887 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas (m. 1970).
- 1897 - Anthony Eden, primeiro ministro británico (m. 1977)
- 1899 - Fritz Albert Lipmann, bioquímico norteamericano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1986)
- 1909 - Aquilino Iglesia Alvariño, escritor galego (m. 1961).
- 1921 - Luis García Berlanga, director e guionista de cinema español (m. 2010)
- 1924 - George Herbert Walker Bush expresidente de Estados Unidos e pai do tamén expresidente estadounidense George W. Bush
- 1929 - Anne Frank, vítima do Holocausto, famosa polo seu diario.
- 1941 - Chick Corea, músico norteamericano.
- 1942 - Bert Sakmann, fisiólogo alemán, Premio Nobel.
- 1946 - Konstantin Lopushansky, director de cine ucraíno.
- 1951 - Andranik Margaryan, primeiro ministro de Armenia (m. 2007).
- 1952 - Rosario Álvarez Blanco, filóloga galega.
Mortes
editar- 1152 - Henrique de Escocia, príncipe de Escocia (n. 1114).
- 1876 - Teodosio Vesteiro Torres, escritor galego (n. 1847).
- 1911 - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (n. 1847).
- 1912 - Frédéric Passy, economista francés, Premio Nobel da Paz (n. 1822).
- 1918 - Emilio Tapia Rivas, xornalista e político galego (n. 1862).
- 1948 - Celia Brañas Fernández, científica galega (n. 1880).
- 1962 - Benigno Varela Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1872).
- 1971 - Julio Dávila Díaz, historiador, xeógrafo e escritor galego (n. 1871).
- 1982 - Karl von Frisch, zoólogo alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1886).
- 2003 - Gregory Peck, actor norteamericano (n. 1916).
- 2012 - Pahiño, futbolista galego (n. 1923).
- 2018 - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego (n. 1936).
Festas e celebracións
editar- Día Mundial Contra o Traballo Infantil [1]
- No Brasil é o Día dos namorados
- En Filipinas é o Día da Independencia (Araw ng Kalayaan)
Outros
editar- Santoral: San Gaspar de Búfalo (presbítero)
Notas
editar- ↑ "Día Mundial contra el Trabajo Infantil. 12 de junio" (en castelán). Consultado o 2022-11-22.