Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Ámsterdam

capital e cidade dos Países Baixos

Ámsterdam[1][2] ou Ámsterdan[3][4] (en neerlandésAmsterdam[ˌɑmstərˈdɑm] (AFI)Nl-Amsterdam.ogg escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaÁmsterdam
Amsterdam (nl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Heldhaftig, Vastberaden, Barmhartig (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
AlcumeMokum, מָקוֹם א, Damsko, A'dam, Venetië van het Noorden, Venice of the north, Damsko e Asd Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Amstel Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°22′N 4°53′L / 52.37, 4.88
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Setentrional
ConcelloÁmsterdam Editar o valor en Wikidata
Capital de
Canle
Ponte1.281 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación921.468 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.207,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie219 km² Editar o valor en Wikidata
Auga24,23 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Amstel, Río IJ e IJmeer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude−2 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1300 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1421 (Gregoriano)city fire (en) Traducir
1572 (Gregoriano)asedio
12 de agosto de 1572Blockades of Amsterdam (en) Traducir
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataFemke Halsema (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal1000–1098 e 1100–1109 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico20 Editar o valor en Wikidata
Código BAG3594 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Varna
Riga
Recife Editar o valor en Wikidata../... 23+

Sitio webamsterdam.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: gemeenteamsterdam Twitter: AmsterdamNL Instagram: gemeenteamsterdam LinkedIn: gemeente-amsterdam BNE: XX450853 Editar o valor en Wikidata

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o Museo van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio vermello e os seus numerosos coffee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.[5]

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Ámsterdam.
 
Ámsterdan en 1538.

Nos principios da súa existencia, Ámsterdan non era máis nada que un pobo de pescadores. Segundo as lendas, a cidade foi fundada por dous pescadores da provincia norteña de Frisia, que por casualidade acabaron nas beiras do río Amstel nunha barquiña xunto ao seu can.

A data tradicional da fundación da cidade é o 27 de outubro de 1275, data na que se lles retirou aos seus habitantes a obriga de pagar peaxes, que por entón estaban asociados coas pontes neerlandesas. No ano 1300 concedéronlle os dereitos oficiais de cidade. A partir do século XIV Ámsterdan comezou a florecer como centro comercial, maioritariamente a base do comercio con outras cidades neerlandesas e alemás, coñecidas como a Liga Hanseática.

No século XVI, comezou o conflito entre os neerlandeses e Filipe II de España. Esta confrontación causou unha guerra que durou 80 anos, e que finalmente lle deu aos Países Baixos a súa independencia. Xa por esa época, despois da ruptura con España, a república neerlandesa ía gañando fama pola súa tolerancia con respecto ás relixións. Entre outros, buscaban refuxio en Ámsterdan xudeus sefardís de Portugal e España, comerciantes de Anveres, e hugonotes de Francia, que nos seus países eran perseguidos pola súa relixión.

O século XVII considérase a súa Idade de Ouro. A principios dese século, Ámsterdan converteuse nunha das cidades máis ricas do mundo. Dende o seu porto, saían embarcacións cara ao mar Báltico, América do Norte, África e as terras que agora representan Indonesia e o Brasil. Desta forma foi creada a base dunha rede comercial mundial. Os comerciantes de Ámsterdan posuían a maior parte da Compañía Holandesa das Indias Orientais ou VOC. Esta organización instalouse nos países que logo pasarían a ser colonias de Holanda. Nesa época Ámsterdan era o principal porto comercial de Europa e o centro financeiro máis grande do mundo. A Bolsa de Ámsterdan foi a primeira que funcionou a diario.

 
A praza Dam a finais do século XVII

A poboación da cidade medrou lixeiramente de 10.000 no ano 1500, a 30.000 ao redor do ano 1570. No ano 1700 este número xa acadara os 200.000. Durante os séculos XVIII e XIX e até antes da primeira e segunda guerra mundial, o número de habitantes incrementou a non menos dun 300%, acadando os 800.000 habitantes. A partir de entón, e até a actualidade, o número foi relativamente constante.

Tralas guerras entre a república de Holanda e o Reino Unido e Francia, durante o século XVIII e a principios do século XIX, a prosperidade da cidade deixou de florecer. Sobre todo as Guerras Napoleónicas arrebataron as fortunas de Ámsterdan. A pesar diso, cando se estableceu oficialmente o Reino dos Países Baixos no ano 1815, a situación comezou a mellorar. Neste período unha das persoas clave das novas iniciativas foi Samuel Sarphati, un médico e planificador urbano, que trouxo a súa inspiración dende París.

As últimas décadas do século XIX adóitanse denominar como a "segunda Idade de Ouro", porque entre outros, construíronse novos museos, unha estación de tren e o Concertgebouw, que é o teatro musical da cidade. No mesmo período chegou á cidade a Revolución Industrial. Construíronse novas canles e vías marítimas para así mellorar a conexión entre Ámsterdan e o resto de Europa.

 
O Keizersgracht de noite.

Xusto antes de que empezase a primeira guerra mundial a cidade comezouse a expandir, construíndo novos barrios residenciais nos arredores. Durante esta guerra, os Países Baixos tomaron unha posición neutral, mais aínda así a poboación sufriu moita fame e unha grave falta de subministración de gas.

Tempo despois o Terceiro Reich invadiu os Países Baixos o día 10 de maio de 1940, tomando o control da nacións despois de cinco días de loita. Os alemáns instalaron un goberno civil nazi en Ámsterdan, que se encargaba da persecución dos xudeus. Tamén os neerlandeses que axudaban e protexían ás vítimas foron perseguidos. Máis de 100.000 xudeus foron deportados a campos de concentración. Entre eles atopábase Anne Frank. Só 5.000 xudeus sobreviviron a guerra. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a comunicación co resto do país cortouse e a poboación sufriu unha grave escaseza de comida e enerxía. Moitos habitantes de Ámsterdan tiveron que ir ao campo en procura dalgún tipo de alimentación. Para sobrevivir, consumíronse cans, gatos ou os bulbos das flores. Moitas árbores de Ámsterdan usáronse para obter enerxía, igual que a madeira das casas dos que desapareceran.

Xeografía e clima

editar
 
Imaxe satélite de Ámsterdan

Como parte da provincia de Holanda Setentrional, Ámsterdam está situada no noroeste dos Países Baixos, preto sas provincias de Utrecht e Flevoland. O río Amstel remata no centro da cidade nun gran número de canles que, eventualmente, desembocan no río IJ. Ámsterdam está situada 2 metros por riba do nivel do mar e as terras que a rodean son chaira, xa que está formada por grandes pólderes. Cara ao suroeste da cidade hai unha fraga artificial chamada Amsterdamse Bos. Ámsterdam está conectada co Mar do Norte a través dun Canal.

Ámsterdam está intensamente urbanizada. Comprende 219,4 quilómetros cadrados de terra, contando cunha axeitada densidade de de 4459 habitantes e 2275 casas por quilómetro cadrado.[6] Os parques e reservas naturais constitúen o 12% da superficie.[7]

A cidade ten un clima moderado, baixo forte influencia do Océano Atlántico ao oeste e os ventos que provén del. Os invernos adoitan ser fríos, pero non extremos, aínda que temperaturas baixo cero son moi frecuentes. Adoita nevar dous ou tres días ao ano. Os veráns son calorosos con temperaturas ao redor dos 25 °C, mais tampouco extremas, agás algunha onda de calor. O que sucede é que se trata dun clima extremadamente húmido polo que os 25 graos poden resultar moi abafantes.

Aínda que a cidade sofre moitos días chuviosos, non recibe máis de 760 mm de precipitacións ao ano e case sempre se trata de chuvascos moi moderados. Isto é porque o tempo é moi inestable e nun mesmo día pódense dar todas as posibilidades: sol, choiva, nubes, saraiba etc.

Datos climáticos para Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 13,9 16,6 21,1 27,0 31,5 33,2 32,3 34,5 29,4 25,0 17,5 15,5 34,5
Media máxima en °C 5,8 6,3 9,6 13,5 17,4 19,7 22,0 22,1 18,8 14,5 9,7 6,4 13,82
Media diaria en °C 3,4 3,5 6,1 9,1 12,9 15,4 17,6 17,5 14,7 11,0 7,1 4,0 10,19
Media mínima en °C 0,8 0,5 2,6 4,6 8,2 10,8 12,0 11,8 10,6 7,5 4,2 1,5 6,26
Temperatura mínima en °C −15,4 −15,0 −11,1 −4,7 −1,1 2,3 5,0 5,0 2,0 −3,4 −6,9 −14,8 −15,4
Precipitación media mm 66,6 50,6 60,6 40,9 55,6 66,0 76,5 85,9 82,4 89,6 87,2 76,3 838,2
Media de días con precipitacións (≥ 1 mm) 12 10 11 9 10 10 10 10 12 13 13 13 132
Media de días con neve 6 6 4 2 0 0 0 0 0 0 3 5 26
Humidade relativa media (%) 88 86 83 78 76 78 79 80 83 86 89 90 83
Media de horas de sol mensuais 63,2 87,5 126,3 182,7 221,9 205,7 217,0 197,0 139,4 109,1 61,7 50,5 1 662
Fonte #1: Royal Netherlands Meteorological Institute (1981–2010 normals, snowy days normals for 1971–2000)[8]
Fonte #2: Royal Netherlands Meteorological Institute (1971–2000 extremes)[9]

Arquitectura e paisaxe urbana

editar
 
Fotografía aérea do centro de Ámsterdan.

A zona máis antiga de Ámsterdan coñécese como de Wallen (os peiraos). Ao oeste da zona atópase a Damrack, a rúa principal da cidade, onde está o famoso barrio vermello, e ao sur está o antigo barrio xudeu de Waterlooplein. Dende o século XVII un feixe de canais concéntricos rodea o corazón da cidade, son os Grachtengordel, onde destaca a especial beleza das súas edificacións. A praza de Museumplein, onde se atopan os principais museos, o Vondelpark, un parque do século XIX chamado así polo escritor neerlandés Joost van den Vondel ou a veciñanza de Plantage, co zoo de Artis, son algúns dos belos lugares que podemos atopar no Grachtengordel. Alén dos Grachtengordel están as antigas áreas de traballadores de Jordaan e de de Pijp.

Algunhas partes da cidade e o dos arredores da zona urbana son pólderes, que se poden recoñecer polo sufixo -meer que significa lago, como por exemplo en Aalsmeer, Bijlmermeer, Haarlemmermeer, ou Watergraafsmeer.

Canles

editar
 
Bote no Prinsengracht

Os sistema de canles de Ámsterdan é resultado dunha concienciada planificación urbanística.[10] A comezos do século XVII, cando a inmigración estaba en auxe, un plan foi desenvolto pensando nunha serie de catro canles semicirculares concéntricas, que remataban no IJ. Coñecidos como Grachtengordel, tres desas canles foron principalmente para o desenvolvemento residencial: o Herengracht (Canle dos Cabaleiros), Keizersgracht (Canle do Emperador), e Prinsengracht (Canle do Príncipe). A cuarta canle, a máis exterior, é a Singelgracht, construída para a defensa e a xestión de augas. Ademais o plan prevía: a conexión das canles ao longo dos radios; a creación dunha serie de canles paralelas no barrio de Jordaan, principalmente para fins de transporte; converter a antiga canle defensiva Single (non confundir coa Singelgracht) nunha zona residencial e comercial; e por último construír máis de cen pontes.

 
Canle de Nieuwezijds Voorburgwal, agora reenchida, en 1885

A construción comezou en 1613, de oeste a leste. As construcións de canles no sector sur foi finalmente rematada en 1656, iniciándose lentamente a construín de vivendas residenciais. A parte leste do plan, que abarcaba a zona do Amstel e da IJ, nunca foi levada a cabo.

A expansión de Ámsterdan

editar

Despois do desenvolvemento das canles en Ámsterdan no século XVII, a non medrou máis aló das súas fronteiras durante dous séculos. Durante o século XIX unha serie de plans foron concibidos para expandir a cidade, o primeiro dos cales era de Samuel Sarphati. O urbanista ideou un plan baseado na grandeza de París e Londres da época. O plan consistía na construción de novas vivendas, edificios públicos e rúas nas aforas dos grachtengordel porén, o principal obxectivo do plan era mellorar a saúde pública. Aínda que o plan non era expandir a cidade, erguéronse algúns dos maiores edificios públicos até a data, como o Paleis voor Volksvlijt.[11][12]

Logo de Sarphati, Van Niftrik e Kalff deseñaron un anel enteiro de veciñanzas que rodeaban o centro da cidade no século XIX. A maioría destes barrios convertéronse en fogar da clase obreira.[13]

A comezos do século XX, con Ámsterdan superpoboado, comezou unha escaseza de espazo vital. En resposta a isto deseñáronse dous plan moi diferentes de calquera outra cousa que a cidade vira antes: o Plan Zuid, deseñado polo arquitecto Hendrik Petrus Berlage, e o West. Estes plans consistían no desenvolvemento de novos barrios con bloques de vivendas para tódalas clases sociais.[14][15]

Despois da segunda guerra mundial construíronse grandes barrios na zona oeste, sueste e norte da cidade. Estes novos barrios foron erixidos para aliviar á cidade da súa escaseza de espazo vital para dar á xente casas ao alcance das xente coas conveniencias modernas. As veciñanzas consistían principalmente en barrios de grandes bloques de vivendas entre espazos verdes, conectados por amplas estradas, de xeito que fosen accesíbeis facilmente con automóbiles. As urbanizacións da zona oeste construídas neste período fonron coñecidas coma Westelijke Tuinsteden, e as do sueste como o Bijlmer.[16][17]

Arquitectura

editar
 
Unha casa comercial do século XVII á beira dun dos moitos canais.

Ámsterdam posúe unha rica historia arquitectónica. O edificio máis vello de Ámsterdan é o het Houten Huys[18] nun vello patio do centro da cidade, o Begijnhof. Este edificio de madeira foi construído arredor de 1425 e é un dos dous edificios deste material que quedan en pé e é tamén un dos poucos e estraños exemplos de arquitectura gótica da capital neerlandesa.

No século XVI os edificios de madeira foron derrubados e no seu lugar foron substituídos polos de ladrillo. Durante este período moitos edificios foron construídos de acordo co estilo arquitectónico renacentista. As edificacións desta época son moi recoñecíbeis, xa que teñen unha fachada que remata na súa parte superior cunha forma de escaleira. Este é porén, o estilo renacentista neerlandés común. Ámsterdan rapidamente desenvolveu a súa propia arquitectura renacentista, de acordo cos principios do arquitecto Hendrick de Keyser.[19] No século XVII a a arquitectura barroca, ao igual que noutros lugares de Europa, fíxose moi popular. Isto coincidiu aproximadamente coa idade de ouro da cidade, liderada polos arquitectos Jacob van Campen, Philip Vingboons e Daniël Stalpaert.[20]

 
Casas de comezo de principios do século XX de arquitectura da Escola Amsterdamesa

Philip Vingboons deseñou numerosas casas de comerciantes en toda a cidade. Un famoso edificio de estilo barroco na cidade é o Palacio Real na praza Dam, dos nomeados Jacob van Campen e Daniël Stalpaert. Ao longo do século XVIII, Ámsterdan foi fortemente influenciado pola cultura francesa e isto reflectiuse na arquitectura dese período. Arredor de 1815 os arquitectos romperon co estilo barroco e comezaron a erixir cos diferentes estilos "neo"[21] A maioría dos edificios de estilo gótico datan desta época, polo que foron chamados de estilo "neo-gótico" . A finais do século XIX os o estilo Jugendstil ou Art Nouveau fíxose moi popular e unha gran cantidade destes edificios foron construídos neste novo estilo, destacando as casas nas proximidades da Museumplein (Praza do Museo). O último estilo que foi popular en Ámsterdan antes da idade moderna foi a Art déco, do que Ámsterdan tivo a súa propia versión, o chamado Amsterdamse School ou Escola de Ámsterdan, do cal un exemplo moi importante é o Rivierenbuurt.[22] Unha característica notábel das fachadas deseñadas desde estilo é que están moi decoradas e adornadas, curiosamente conformadas con xanelas e portas.

O centro vello da cidade é o epicentro de todos estes estilos arquitectónicos de antes de finais do século XIX. O Jugendstil e o Art Déco atópanse fundamentalmente nos barrios construídos fora deste centro a comezos do século XX, aínda que hai algúns exemplos notábeis destes estilos dentro da cidade vella. A maioría dos edificios históricos no centro da cidade e arredores son casas, como as famosas casas dos mercantes nas beiras das canles.

Goberno

editar

A administración da municipalidade de Ámstermand está dividida en quince ditritos ou stadsdelen; o central, Centrum, está rodeado por Westerpark, Bos en Lommer, De Baarsjes, Oud-West, Oud-Zuid, Oost-Watergraafsmeer, Zeeburg e Ámsterdam-Noord, con outros seis barrios máis rodeandoos.[23]

Definicións

editar
 
Os quince distrios de Ámsterdam

"Amsterdam" é como se coñece en xeral á municipalidade de Ámsterdan. Coloquialmente algunhas zonas do concello, como a vila de Durgendam porén, non pode ser considerada como parte da cidade. O instituto de estatística neerlandés, o Centraal Bureau voor de Statistiek utiliza tres definicións para Ámsterdan: a aglomeración metropolitana de Ámsterdan (Grootstedelijke Agglomeratie Amsterdam), a Grande Ámsterdan (Groot Amsterdam) e a Rexión Urbana de Ámsterdan (Stadsgewest Amsterdam). Estas definicións non son sinónimos de zona urbana ou área metropolitana que se utilizan para definir as grandes conglomeracións urbanas. O Departamento de Investigacións e Estatística de Ámsterdan utiliza un cuarto nome, a Rexión da Cidade de Ámsterdan, semellante á Grande Ámsterdan, mais incluíndo as municipalidades de Zaanstad e Wormerland e excluíndo Graft-De Rijp.

A máis pequena destas áreas é a municipalidade, cunha poboación de 742.981 habitantes en 2006.[24] A aglomeración metropolitana tiña nese mesmo ano 1.021.870 habitantes,[24] incluíndo as municipalidades de Zaanstad, Wormerland, Oostzaan, Diemen e Amstelveen. A Grande Ámsterdan inclúe 15 municipalidades[25], e ten unha poboación de 1.211.503 habitantes.[24] Aínda que moito máis grande, vese que a poboación desta zona é pouco maior, xa que a definición exclúe a relativamente poboada municipalidade de Zaanstad. A Rexión Urbana de Ámsterdam ten unha poboación de 1.468.122.[24] Ámsterdam é tamén parte do Randstad unha grande área metropolitana cunha poboación total de 6 659 300 habitantes.[26]

Goberno local

editar

Como tódolos concellos neerlandeses, Ámsterdan está gobernada por un alcalde (burgemeester) , rexedores (College van Burgemeester en Wethouders), e o consello municipal (Gemeenteraad). Porén, a diferenza da maioría de concellos Ámsterdan está dividida en quince stadsdelen (distritos), un sistema implantado na década de 1990 para mellorar a gobernabilidade local. Catorce deles teñen o seu propio consello, elixido por elección popular. O décimo quinto, Westpoort, que abarca o porto da cidade, como ten moi poucos residentes réxese polo consello municipal. As deicións locais son tomadas a nivel de distrito, só os asuntos relativos a toda a cidade, como os principais proxectos de infraestruturas, son manexados polo consello central da cidade.

Goberno nacional

editar

A presente versión da Constitución dos Países Baixos munciona "Ámsterdan" e "capital" nun só lugar, no capítulo 2, artigo 332:

O xuramento do Rei e a confirmación da súa coración terá lugar na "Capital de Ámsterdan" ("de hoofdstad Amsterdam")

Versións previas da constitución falan d'"A cidade de Ámsterdan" ("de stad Amsterdam"), sen mención de capital. En calquera caso, a sede do Goberno, Parlamento e Tribunal Supremo dos Países Baixos sempre (a excepción do breve período entre 1808 e 1810) localizados n'A Haia, onde tamén se atopan a maioría das embaixadas. Ámsterdan tampouco é a capital da provincia na que se encontra, Holanda Setentrional, xa que esta está localizada Haarlem.

Os símbolos

editar
 
O Escudo de Armas de Ámsterdan
 
A Bandeira de Ámsterdan

O escudo de armas de Ámsterdan está composto de varios elementos históricos.

En primeiro lugar e no centro hai tres Cruces de Santo André, aliñadas nunha banda vertical no escudo da cidade (aínda que o patrón da cidade era San Nicolás). Estas cruces de Santo André tamén se poden atopar nos escudos das cidades veciñas, Amstelveen e Ouder-Amstel. Esta parte do escudo é a base da bandeira da cidade, pendurada no goberno local, máis tamén como estandarte civil nos buques rexistrados en Ámsterdan. Hai historiadores que cren que as cruces representan os tres perigros que máis afectaron a Ámsterdan: inundación, incendio e a peste negra.

O segundo elemento é a Coroa Imperial de Austria. En 1489, en agradecemento polos servizos e os préstamos, Maximiliano I concedeu á cidade o dereito de adornar o seu escudo de armas coa "Coroa Real". Máis tarde, cando Maximiliano foi coroado emperador do Sacro Imperio Romano, o escudo pasou a ter a nova coroa. Nos primeiros anos do século XVII, a coroa de Maximiliano foi substituída de novo pola coroa do emperador Rodolfo II, unha coroa que tamén pasaría a ser Coroa de Austria. A coroa significaba protección imperial e servíalles aos comerciantes neerlandeses cando se movían polo estranxeiro.

O leóns datan do século XVI, cando a cidade e provincia pasou a formar parte da República das Provincias Unidas Neerlandesas. Por último engadiuse o lema oficial da cidade:

Heldhaftig, Vastberaden, Barmhartig

É dicir Valente, Decidida, Misericordiosa, dado á cidade en 1947 pola Raíña Guillermina, en recoñecemento pola valentía da cidade durante a segunda guerra mundial.

Economía

editar

Ámsterdam é a capital financeira e de negocios dos Países Baixos,[27] e actualmente unha das mellores cidades de Europa para situar negocios internacionais. Está en quinto lugar nesta categoría só por detrás de Londres, París, Frankfurt e Barcelona.[28] Moitas das grandes corporacións e bancos neerlandeses teñen a súa sede central na cidade, como por exemplo ABN AMRO, Akzo Nobel, Heineken, ING Group, Ahold, TomTom, Delta Lloyd Group ou Philips, así como a sede internacional da cooperativa KPMG nas proximidades de Amstelveen.

Aínda que moitas pequenas empresas aínda seguen localizadas nas vellas canles, están cada vez máis afastadas do centro da cidade. O Zuidas (Galego: Eixo Sur) converteuse nun novo centro financeiro e xurídico,[29] que conta coas cinco meirandes bufetes de avogados dos Países Baixos, cunha serie de filiais neerlandesas de grandes empresas de consultoría como Boston Consulting Group e Accenture ou co World Trade Center Amsterdam.

 
O Zuidas.

Hai ademais outros tres pequenos distritos financeiros en Ámsterdan. O primeiro é a area que envolve a estación de ferrocarril de Amsterdam Sloterdijk, onde varios xornais teñen ás súas oficinas, como De Telegraaf. Ademais podemos atopar tamén a Compañía de Transporte Público (Gemeentelijk Vervoersbedrijf) e as oficinas tributarias dos Países Baixos (Belastingdienst). O segundo distrito financeiro é a área arredor do Amsterdam Arena. Outra terceira área é a zona da estación de ferrocarril de Amsterdam Amstel, onde se atopan o edificio máis alto de Ámsterdan, a Torre de Rembrandt que, con 149,85 m de alzada, é a sede central de Philips.[30][31]

A Bolsa de Ámsterdan (AEX), hoxe parte do Euronext, é a máis antiga do mundo e unha das máis grandes de Europa. Está situada preto da praza Dam, no centro da cidade.

Turismo

editar
 
A Casa museo de Anne Frank.

Ámsterdam é o quinto destino turístico máis concorrido de Europa, recibindo máis de 4,2 millóns de visitantes internacionais ao ano. O número de turistas vense incrementando constantemente durante a última década, posibelmente ao cada vez meirande número de visitantes europeos. En 2007 41.743 camas foron alugadas en 19.400 habitación nos 351 hoteis da cidade, dos cales dous terzos están situados en pleno centro. Os hoteis con 4 ou 5 estrelas supoñen o 42% do total de camas dispoñíbeis e un 41% dos aloxamentos en Ámsterdan, sendo a taxa de ocupación do 78% en 2006, fronte ao 70% de 2005,[32] do que a maioría (74%), procedían do resto de Europa. O maior grupo de visitantes non europeos proviñan dos Estados Unidos, sendo un 14% do total.[32] Algúns anos teñen unha temática en Ámsterdan para atraer a máis turistas, por exemplo, o ano 2006 foi designado "Rembrandt 400", para celebrar o 400 aniversario do nacemento de Rembrandt van Rijn. Algúns hoteis ofrecen algunhas condicións especiais ou actividades relacionadas coa temática do ano. O número de persoas que se aloxan nos catro campamentos da cidade ao ano, vai de 12.000 a 65.000.[32] O Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol é o quinto de Europa en número de viaxeiros.

Tendas e comercio

editar

En Ámsterdan podemos atopar unha dende grandes almcéns, como De Bijenkorf fundado en 1870 de nivel alto ou a Maison de Bonneterie unha superficie de estilo parisiense fundada en 1889, a unha gran variedade de pequenas tendas de todo tipo. As tendas de máis luxo podemos atopalas nas rúas Pieter Cornelisz Hooftstraat e Cornelis Schuytstraat, situadas nas proximidades do famoso parque Vondelpark.

Unha das zonas máis populares para ir de compras é nas estreitas rúas medievais de Kalverstraat, no corazón da cidade. Outras moi populares son as Negen Straatjes: nove rías dentro do Grachtengordel, o sistema de canles concéntricas da cidade. Esta zona diferénciase doutros distritos comerciais coa presenza dunha gran diversidade de tendas privadas.[33] Na cidade tamén se poden atopar unha gran cantidade de mercados ao aire libre como o Albert Cuypmarkt, o Westermarkt, o Ten Katemarkt e o Dappermarkt.[34]

Marcas de moda como G-star, Gsus, BlueBlood, 10 feet e Warmenhoven & Venderbos, e deseñadores de moda como Mart Visser, Viktor & Rolf, Marlies Dekkers e Frans Molenaar teñen a súa base en Ámsterdan, ao igual que as axencias de modelos Elite Models, Touche models e Tony Jones. Supermodelos como Yfke Sturm, Doutzen Kroes ou Kim Noorda comezaron as súas traxectorias profesionais na cidade. Ámsterdam ten o seu centro de moda no World Fashion Center, edificios que antes eran bordeis no "distrito roxo", que foron convertidos en obradoiros para xente nova ou deseñadores.

Cultura e entretemento

editar
 
Rijksmuseum Amsterdam.

Durante a última parte do século XVI as Rederijkerskamer (Camarás de Retórica) organizaban concursos entre si de lectura de poesía e teatro. En 1638, Ámsterdan abriu o seu primeiro teatro, onde se fixeron as primeiras actuación de Ballet en 1642. No século XVIII o teatro francés fíxose moi popular. A ópera puido ser vista por primeira vez en Ámsterdan en 1677, ao principio só italiana e francesa, mais a partir do século XVIII tamén alemá. No século XIX a cultutra popular estaba centrada arredor da área do Nes, (principalmente vodevil e o music-hall). O metrónomo, un dos avances máis importantes da música clásica, foi inventado aquí en 1812 por Dietrich Nikolaus Winkel. A finais dese século, o Rijksmuseum e o Gemeentelijk MuseumArquivado 20 de setembro de 2008 en Wayback Machine. foron construídos. En 1888, foi fundada a Orquestra Real do Concertgebouw (Koninklijk Concertgebouworkest), a cal é hoxe en día a orquestra sinfónica máis respectada dos Países Baixos, considerada unha das mellores do mundo. Co século XX chegou o cinema, a radio e a televisión. Aínda que a maioría dos estudos se atopan en Hilversum e Aalsmeer, a influencia amsterdamesa sobre a programación é moi forte, xa que moitas das persoas que traballan nos diferentes medios viven na cidade. Ademais, a sede da SBS 6 está localizada en Ámsterdan.[35]

Museos

editar
 
Het Museumplein co Rijksmuseum de fronte.

Os museos máis importantes de Ámsterdan están en het Museumplein (Praza do Museo). Esta praza foi construída no último cuarto do século XIX, nos terreos da antiga Exposición Universal. A parte norte da praza está rodeada polo gran Rijksmuseum. En fronte del esténdese a praza, longa e rectangular e cun estanque; praza que en tempo de inverno é convertida nunha pista de xeo.[36] Na parte oeste atópanse o Museo van Gogh, o Museo Stedelijk, a Casa de Bols Cocktail & Genever Experience, e o Museo do Diamante. Na parte sur da praza está a rúa de Van Baerlestraat, unha importante vía desta parte de Ámsterdan, onde está a sala de concertos Concertgebouw. Cara ao leste podemos atopar un gran número de grandes casas, entre as que se pode encontrar o Consulado dos Estados Unidos, cómpre destacar finalmente que debaixo da praza hai un aparcadoiro soterrado e un supermercado.

Het Museumplein está case na súa totalidade cuberta de céspede, a excepción da parte norte da praza, que está cuberta con grava. O aspecto actual da praza foi realizado en 1999, ano en que a praza foi remodelada. A praza en si é o sitio máis destacado da cidade para a celebración de festivais e concertos ao aire libre, especialmente no verán. Fixéronse plans en 2008 para volver a remodelar a praza, debido a que moitos amsterdameses non están satisfeitos co seu aspecto actual.[37]

 
I Amsterdam en Museumplein
 
Museo van Gogh

O Rijksmuseum posúe a máis grande e importante colección de arte clásica neerlandesa.[38] Foi inaugurado en 1885 e ten preto dun millón de obras.[39] O artista máis asociado con Ámsterdan é Rembrandt, cuxo traballo e o dos seus alumnos, se poden atopar expostos no museo. A obra mestra de Rembrandt e A rolda de noite, a cal é unha das obras máis prezadas do Rijksmuseum. Tamén alberga pinturas de artistas como Rubens, Vermeer, Frans Hals, Ferdinand Bol, Jan Steen, Jacob van Ruisdael ou Paulus Potter. Ademais de pinturas, a colección consta dunha gran variedade de artes decorativas, incluíndo dende cerámica de Delft a xigantes casas de bonecas do século XVII. O arquitecto desde museo neo-gótico foi P.J.H. Cuypers, e hoxe en día o museo está a ser ampliado, renovado e construíndose unha nova entrada principal. Só un á do Rijksmuseum está actualmente aberta ao público, cunha selección de obras mestras en exhibición. O museo volverá a estar plenamente aberto ao público entre 2012 e 2013.[40] Van Gogh viviu en Ámsterdam unha pequena tempada, de modo que hai un museo na cidade adicado ao seus primeiros traballos, o Museo van Gogh. Este edificio, deseñado por Gerrit Rietveld, un dos poucos edificios modernos desta área de Ámsterdan, alberga unha colección permanente do pintor, mais un novo edifico foi engadido ao museo dende 1999. Este novo edificio, deseñado polo arquitecto xaponés Kisho Kurokawa, alberga as exposicións temporais do museo. No museo podemos atopar algún dos Van Goghs máis famosos como Os comedores de patacas ou Os xirasoles (un dos que forman a serie). O Museo van Gogh é o máis visitado da cidade.[41][42]

Preto do Museo van Gogh atópase o Stedelijk Museum. Este museo é o máis grande de Ámsterdan no relativo á arte moderna. Este museo, que foi aberto máis ou menos á vez que a Museumplein, alberga unha colección permanente de autores como Pieter Mondriaan, Theo van Doesburg ou Kasimir Malevich. Este museo tamén está a ser ampliado e renovado e volverá a ser aberto ao público en 2009. A actual exhibición do museo pódese ver na antiga oficina de correos, preto da estación central.[43]

Pero ademais en Ámsterdan podemos visitar outros moitos museos. Dende os máis pequenos como o Verzetsmuseum (sobre os neerlandeses na segunda guerra mundial) ou as casas de Anne Frank (Anne Frankhuis) e Rembrandt (Rembrandthuis),até os máis grandes, como o Tropenmuseum (museo arqueolóxico), Amsterdams Historisch Museum (sobre a historia da cidade) ou o Joods Historisch Museum (adicado á historia dos xudeus).

Cidade liberal

editar
 
O barrio vermello pola noite
 
O Red Light district
 
Un "Coffee Shop"

A parte da súa historia, arquitectura ou museos, Ámsterdan é unha cidade internacionalmente coñecida polas súas políticas liberais e de tolerancia social.

Vida nocturna

editar

Ámsterdan ten unha vida nocturna famosa pola gran cantidade de clubs lounge ou chillout que hai na cidade. É considerada unha das mellores cidades de Europa con respecto á súa vida nocturna, que atrae a xente de todo o país e de moito máis lonxe. Son especialmente populares Hotel Area, Escape, Powerzone, Supperclub, Club More, Chemistry, Panama, Melkweg, Paradiso ou Club 11, locais están repartidos por toda a cidade. Ademais pódense atopar grandes concentracións de bares e lecer nocturno, sobre todo nas prazas Rembrandtplein e Leidseplein.

O ambiente homosexual

editar

Ámsterdan ten bastante ambiente homosexual (gai), sobre todo ao redor da rúa Reguliersdwarsstraat, á beira do Rembrandtplein. En 1989 foi aberto o Club iT, un dos clubs deste tipo máis grande de Europa. A pesar de que hoxe en día moitas outras cidades europeas como Londres, Bruxelas, Berlín ou Madrid teñen fama por este tipo de ambiente, Ámsterdam segue sendo a cidade homo máis importante de Europa, sendo unha das cidades con máis diversidade do mundo, a pesar do seu tamaño relativamente pequeno.

Existe un monumento conmemorativo no centro de Ámsterdan, o Homomonument, que consiste en tres laxas triangulares de granito rosado, que simbolizan os triángulos rosa que os prisioneiros homosexuais do nazismo, durante a segunda guerra mundial, eran obrigados a coser nos seus uniformes. Calcúlase que aproximadamente 50.000 homosexuais holandeses morreron nos campos de concentración.

O Distrito Roxo

editar

Entre as zonas máis populares da cidade atópase o barrio chinés, coñecido como o Distrito Roxo ou Red Light District, pola cor das luces que iluminan os locais onde se mostran, a través de escaparates, ás prostitutas que traballan nesta zona da cidade. A prostitución nos Países Baixos está completamente legalizada en zonas designadas para ela. Este distrito, tamén denominado coloquialmente como De Wallen, en referencia a dúas canles ou wal que o cruzan, está situado en pleno centro de Ámsterdan, entre as rúas Warmoesstraat, Zeedijk, Nieuwmarkt, Kloveniersburgwal e Damstraat. Outras cidades, como Utrecht, A Haia, Groninga ou Haarlem, teñen tamén os seus propios distritos roxos.

Os Coffee Shops

editar

Pola cidade tamén se poden atopar os chamados coffee shops, locais onde se venden pequenas cantidades de marihuana. Na teoría isto non é legal, mais é tolerado mentres sexan cantidades pequenas (até 5 gramos diarios), e a condición de que tanto o comprador como o vendedor sexan maiores de idade. Esta controvertida situación é chamada gedoogbeleid ou "política de tolerancia". Así mesmo os vendedores de marihuana dos coffee shops non se lles permite ter máis de medio quilo de marihuana no local. Os coffee shops son un dos principais atractivos de Ámsterdam sobre todo entre os turistas novos e grazas a estes, o Estado obtén bos ingresos a través dos impostos que gravan estes produtos. Os coffee shops son, ademais dun sitio para consumir marihuana, un lugar de encontro, xa que son moitos os que adoitan acudir a estes cafés ao longo do día.

Relacións internacionais

editar

A cidade de Ámsterdan está irmandada coas seguintes cidades:

Predecesor:
Italia  Florencia
 
Capital Europea da cultura

1987
Sucesor:
Alemaña  Berlín
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para holandés.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2014.  Arquivado 30 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Ámsterdan (Países Baixos) 
  4. Outras fontes empregan a forma Ámsterdan (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)
  5. "Amsterdam - Economische Zaken". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de Abril de 2009.  Arquivado 15 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  6. Kerncijfers Amsterdam 2007 Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  7. Openbare ruimte en groen: Inleiding Arquivado 24 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  8. "Klimaattabel Schiphol, langjarige gemiddelden, tijdvak 1981–2010" (PDF) (en neerlandés). Royal Netherlands Meteorological Institute. Consultado o 9 de setembro de 2013. 
  9. "Klimaattabel Schiphol, langjarige extremen, tijdvak 1971–2000" (en neerlandés). Royal Netherlands Meteorological Institute. Consultado o 9 de setembro de 2013. 
  10. Amsterdamse Grachten Arquivado 20 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  11. Samuel Sarphati(en neerlandés)
  12. Samuel Sarphati Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  13. Amsterdam Oud-Zuid Arquivado 14 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  14. Uitbreidingsplan Berlage Arquivado 07 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  15. Plan-Berlage Arquivado 10 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)]
  16. Westelijke Tuinsteden Arquivado 07 de marzo de 2005 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  17. Ontwerp Westelijke Tuinsteden Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  18. Houten Huys Arquivado 26 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  19. Amsterdamse renaissance in de stijl van Hendrick de Keyser Arquivado 27 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  20. Hollands Classicisme Arquivado 02 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  21. Neo-stijlen Arquivado 19 de agosto de 2007 en Wayback Machine.(en neerlandés)
  22. Amsterdamse School Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine.(en neerlandés)
  23. "Stadsdeel Amsterdam-Noord: Who governs Amsterdam-Noord?". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 19 de abril de 2009. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 "Gemiddelde bevolking per regio naar leeftijd en geslacht". Statistics Netherlands. 
  25. "Indeling van Nederland in 40 COROP-gebieden" (PDF). Statistics Netherlands. 
  26. Poboación (en neerlandés)
  27. "Amsterdam - Economische Zaken" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 19 de abril de 2009.  Arquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  28. "European Cities Monitor 2007" (en neerlandés). I Amsterdam. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de abril de 2009.  Arquivado 08 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  29. "Zuidas" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 19 de abril de 2009.  Arquivado 24 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  30. "Rembrandt Tower". 
  31. "Philips" (en neerlandés). 
  32. 32,0 32,1 32,2 Fedorova, T. e Meijer, R. "Toerisme in Amsterdam 2006/2007" (PDF) (en neerlandés). 
  33. "Negen Straatjes". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 19 de abril de 2009.  Arquivado 20 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
  34. "Amsterdamse Markten". 
  35. "Contact SBS 6" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2008. Consultado o 19 de abril de 2009. 
  36. "Ijsbaan Museumplein" (en neerlandés). Evenementennieuws. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 20 de abril de 2009.  Arquivado 26 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  37. "Museumplein krijgt facelift". Gemeente Amsterdam (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2009. Consultado o 20 de abril de 2009. 
  38. "Home Page". Rijksmuseum Amsterdam. 
  39. "Rijksmuseum". Amsterdam. A view on cities. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 20 de abril de 2009. 
  40. "The New Rijksmuseum". Rijksmuseum Amsterdam. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 2008-10-25.  Arquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine.
  41. "Van Gogh Museum Amsterdam". Museum.nl (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2009.  Arquivado 30 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
  42. "Architectuur Van Gogh Museum Amsterdam" (en neerlandés). Architectuur.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 21 de abril de 2009. 
  43. "Stedelijk Museum Amsterdam". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2008. Consultado o 21 de Abril de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Berns, Jan; Daan, Jo (1993). BZZTôH, ed. Hij zeit wat: de Amsterdamse volkstaal. A Haia. ISBN 978-9062917563. 
  • Frijhoff, Willem; Prak, Maarten (2005). SUN, ed. Geschiedenis van Amsterdam. Zelfbewuste stadsstaat 1650–1813. Ámsterdam. ISBN 978-9058751386. 
  • Mak, Geert (1994). Atlas, ed. Een kleine geschiedenis van Amsterdam. Amsterdam & Antwerp. ISBN 978-9045019536. 
  • Charles Caspers & Peter Jan Margry (2017), Het Mirakel van Amsterdam. Biografie van een betwiste devotie (Ámsterdam, Prometheus).
  • Nusteling, Hubert (1985). De Bataafsche Leeuw, ed. Welvaart en werkgelegenheid in Amsterdam 1540–1860. Een relaas over demografie, economie en sociale politiek van een wereldstad. Ámsterdam. ISBN 978-9067070829. 
  • Ramaer, J.C. (1921). Middelpunten der bewoning in Nederland, voorheen en thans. TAG 2e Serie 38. 
  • Van Dillen, J.G. (1929). Bronnen tot de geschiedenis van het bedrijfsleven en het gildewezen van Amsterdam. A Haia. 
  • Van Leeuwen, M.; Oeppen, J.E. (1993). Reconstructing the Demographic Regime of Amsterdam 1681–1920. Economic and Social History in the Netherlands 5. pp. 61–102. hdl:10622/09251669-1993-001. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar