Ábsida
construción adosada á nave ou naves dunha igrexa ou templo, normalmente de forma semicircular
A ábsida[1] é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.
As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de ábsidas románicas de Galicia
-
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, A Capela
-
Igrexa de San Xián do Camiño, Palas de Rei
-
Igrexa de San Martiño de Cameixa, Boborás
-
Igrexa de San Pedro de Dozón, Dozón
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ábsida.