Victor Brooke
Nome orixinal | Victor Alexander Brooke |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1843 |
Morte | 27 de novembro de 1891 (48 anos) Pau, Francia |
Causa da morte | pneumonía |
Educación | Harrow School |
Q89547790 | Descrición da especie Gazella walleri (hoxe clasificada como Litocranius walleri) |
Actividade | |
Ocupación | naturalista |
Lingua | Inglés |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Alice Bellingham (1864–) |
Fillos | Sir Arthur Brooke, 4th Baronet, Ronald George Brooke, Butler Brooke, Victor Reginald Brooke, Alice Mildred Brooke, Hylda Brooke, Alan Brooke |
Pais | Sir Arthur Brooke, 2nd Baronet e Julia Henrietta Anson |
Sir Victor Alexander Brooke, 3º barón de Brooke, nado o 5 de xaneiro de 1843 e finado o 27 de novembro de 1891 en Pau, foi un aristócrata anglo-irlandés, coñecido cazador da caza maior e naturalista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Sir Arthur Brooke, 2º Barón de Brooke, aristócrata do Ulster, do condado de Fermanagh en Irlanda do Norte, a quen sucedeu no título e na propiedade de Colebrooke en 1854.
Estudou en Harrow, Londres, e logo viaxou ao estranxeiro, sendo un deportista entusiasta que gozaba coa caza maior.
Foi maxistrado, tenente adxunto e shériff de Fermanagh.
Cazador apaixonado, especialmente da caza maior, esta afección fixo que se interesara na historia natural. Viaxou moito, e pouco a pouco foi arruinando a fortuna familiar.
Philip Lutley Sclater (1829-1913) e Michael Rogers Oldfield Thomas (1858-1929) publicaron os catro volumes de The Book of Antelopes (O libro dos antílopes) desde 1894 até 1900. As láminas estaban a cargo de Victor Brooke, pero a súa prematura morte, a causa dun accidente de caza, detivo este proxecto.
Como naturalista, é coñecido por ser o primeiro descritor, en 1878, da nova especie Gazella walleri, antílope do Corno de África da subfamilia dos antilopinos, no traballo publicado en Proc. Zool. Soc. Lond., 1878: 929.[1] A especie foi posteriormente reclasificada no xénero Litocranius, creado en 1886 por Franz Friedrich Kohl.
Os seus recordos de caza publicáronse postumamente: "Sir Victor Brooke: deportista e naturalista", en 1896.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Casou con Alice Sophia Bellingham, filla de Sir Alan Edward Bellingham, 3 Barón de Bellingham, en 1864. Despois de casar, establecéronse na cidade de Pau Francia, onde tiveron polo menos seis fillos. O máis novo foi Alan, máis tarde mariscal de campo e 1º Vizconde de Alanbrooke. Así mesmo, foi o avó do 1º Vizconde de Brookeborough, terceiro primeiro ministro de Irlanda do Norte.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Brooke emprégase para recoñecer o autor como autoridade na descrición e clasificación taxonómica en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wilson & Reeder 2005, p. 120.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.