Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Valencia Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valencia BC»)
Valencia Basket
Información xeral
Liga ACB
Fundación 27 de setembro de 1986
Cores           Laranxa, azul
Presidente España Vicent Solá
Adestrador España Álex Mumbrú
Localización
Cidade España Valencia, España
Pavillón Font de Sant Lluís
Capacidade 8 500
Inauguración 1983
Campionatos
Eurocup 4 (2003, 2010, 2014, 2019)
Liga 1 (2017)
Copa 1 (1998)
Supercopa 1 (2017)
valenciabasket.com

O Valencia Basket Club S.A.D. é un club profesional de baloncesto da cidade de Valencia, que xoga na liga ACB, a máxima competición do baloncesto español. Fundado en 1986, o club é herdeiro da sección de baloncesto do Valencia Club de Fútbol. Estaba patrocinado pola empresa Pamesa, polo que era comunmente coñecido até 2009 como Pamesa Valencia. Disputa os seus encontros no Pavelló Font de Sant Lluís de Valencia, pavillón con capacidade para 8 500 espectadores,[1] e viste camiseta e pantalón laranxa.

O Valencia Basket Club foi fundado o 27 de setembro de 1986 despois de que o Valencia CF decidise pechar a súa sección de baloncesto.[2] O 4 de maio de 1988, co equipo participando na súa segunda temporada na Primeira División B, naquela altura a segunda categoría do baloncesto español, o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB. Alí permaneceu até a temporada 1994−95, cando descendeu á Liga EBA xunto co CB Breogán. Este descenso produciuse despois de perder nos playoffs pola permanencia ante o Somontano Huesca por (1−3). Na seguinte temporada, tras ser subcampión da Liga EBA nunha tempada sen ascensos, o Valencia comprou a praza ACB do Amway Zaragoza. Así, o Valencia xoga initerrompidamente na máxima categoría desde a temporada 1996−97 até a actualidade.

O 2 de febreiro de 1998, o daquela chamado Pamesa Valencia, gañou o seu primeiro título nacional tras vencer ao Pinturas Bruguer Badalona. O resultado da final, xogada no Polideportivo Pisuerga de Valladolid foi de 89−75. Un ano máis tarde, o 13 de abril de 1999, o club xogou a final da Copa Saporta. Porén, o club caeu derrotado polo Benetton Treviso por 64−60, nunha final disputada no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza. Tres anos máis tarde, o Valencia conseguiu chegar de novo á final, máis o equipo volveu caer derrotado. Esta vez a vitoria foi para o Montepaschi Siena por 81–71, en Lión.

Sam Van Rossom.

Despois destas derrotas, chegaría unha etapa histórica para o club. En liga, na temporada 2001−02, o Valencia chega á final, aínda que non puido gañar ningún xogo da súa serie ante o FC Barcelona. Porén, antes desta derrota, esta o vez o equipo si foi quen de gañar o seu primeiro título europeo: a Copa ULEB. O Valencia conseguiu proclamarse campión desde de derrotar ao Krka Novo Mesto por un global na eliminatoria de 154–168. Esta vitoria, ademais, garantiulles a participación na seguinte edición da Euroliga. Na seguinte temporada, na súa primeira participación na principal competición continental, o club logrou a súa clasificación para o Top 16, máis foi eliminado despois de rexeitar xogar na Man de Elías ante o Maccabi Tel Aviv aducindo problemas de seguridade en Israel.[3]

O 18 de abril de 2010, o naquela altura chamado Power Electronics Valencia, gañou o seu segundo título europeo, ao vencer ao Alba Berlín por 67−44 na final da EuroCup disputada no Fernando Buesa Arena de Vitoria. Isto permitiu ao club volver á Euroliga sete anos despois da súa primeira participación no torneo. Esta vez, Valencia chegou aos cuartos de final da Euroliga, onde foi eliminado polo Real Madrid, que gañou a serie de playoffs por unha marxe de 3−2. O 7 de maio de 2014 o Valencia consegue o seu terceiro título da EuroCup, esta vez vencendo na final a dobre partido ao UNICS Kazan.

O 5 de xuño de 2017, o Valencia clasificouse para a súa segunda final da Liga ACB de España após derrotar ao Baskonia nas semifinais. A diferenza da primeira vez, esta vez os valenciano conseguiron gañar o seu primeiro título de liga. Na final o equipo venceu ao Real Madrid por 3−1. Esa mesma temporada, o club tamén chegou á final da Copa do Rei e da EuroCup, mais perdeu as finais ante o propio Real Madrid e o Unicaja, respectivamente. O cuarto título europeo da EuroCup do club chegou dous anos despois, o 16 de abril de 2019, cando a Valencia venceu ao Alba Berlín na final a dobre partido.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Valencia-Hoja del Lunes (1986–1987)
  • Pamesa Valencia (1987–2009)
  • Power Electronics Valencia (2009–2011)

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Xogadores do Valencia BC.

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Valencia Basket 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0 Harper, Jared 1,78 m (5 ft 10 in) 79 kg (174 lb) New Orleans Pelicans (2022)
A 1 España Claver, Víctor 2,08 m (6 ft 10 in) 102 kg (225 lb) FC Barcelona (2021)
E 2 España Puerto, Josep 1,99 m (6 ft 6 in) 97 kg (214 lb) Categorías inferiores (2017)
E 3 Eslovenia Prepelič, Klemen 1,91 m (6 ft 3 in) 75 kg (165 lb) Joventut Badalona (2020)
AP 4 España Pradilla, Jaime 2,02 m (6 ft 8 in) 106 kg (234 lb) Tecnyconta Zaragoza (2019)
A 6 España López-Arostegui, Xabier 2,00 m (6 ft 7 in) 98 kg (216 lb) Joventut Badalona (2021)
B 7 Jones, Chris 1,88 m (6 ft 2 in) 91 kg (201 lb) ASVEL Basket (2022)
B 9 Bélxica Van Rossom, Sam 1,88 m (6 ft 2 in) 88 kg (194 lb) CAI Zaragoza (2013)
B 12 Radebaugh, Jonah 1,91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Riesen Ludwigsburg (2022)
P 14 Dubljević, Bojan 2,05 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) Budućnost Voli (2012)
A 16 España Jiménez, Millán 1,99 m (6 ft 6 in) 90 kg (198 lb) Categorías inferiores (2020)
AP 21 Alexander, Kyle 2,08 m (6 ft 10 in) 98 kg (216 lb) Scarborough Shooting Stars (2022)
AP 41 Cuba Rivero, Jasiel 2,06 m (6 ft 9 in) 110 kg (243 lb) San Pablo Burgos (2021)
Adestrador
España Álex Mumbrú
Asistente(s)
España Juan Maroto
España Javier Vilaplana
España Fernando San Emeterio

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 12−102022

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados polo Valencia Basket
Xogador Posición Etapa
11 Nacho Rodilla Base 1994–2003
15 Víctor Luengo Escolta 1992–2007

Destacados

[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

MVP da ACB

MVP da Final da ACB

MVP da Copa do Rei

MVP da Supercopa

Mellor quinteto da ACB

Segundo mellor quinteto da ACB

Campión do Concurso de Mates da ACB

Bojan Dubljević.

MVP das Finais da EuroCup

Estrela emerxente da EuroCup

Segundo mellor quinteto da Euroliga

Mellor quinteto da EuroCup

Segundo mellor quinteto da EuroCup

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do Valencia Basket desde a súa fundación.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

EuroCup

  • Campións (4): 2003, 2010, 2014, 2019
  • Subcampións (2): 2012, 2017

Liga ACB

Copa do Rei

  • Campións (1): 1998
  • Subcampións (4): 2000, 2006, 2013, 2017

Supercopa

  • Campións (1): 2017
  • Subcampións (1): 2010

Historial

[editar | editar a fonte]
O Valencia en 2009.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1986–87 2 1ª B 19º 14–20
1987–88 2 1ª B 24–19
1988–89 1 ACB 16º 12–27 Primeira rolda
1989–90 1 ACB 10º 27–12 Oitavos de final
1990–91 1 ACB 18–22 Segunda rolda
1991–92 1 ACB 21–19 Segunda rolda
1992–93 1 ACB 10º 19–15 Segunda rolda
1993–94 1 ACB 12º 15–17 Primeira rolda
1994–95 1 ACB 19º 16–26 Primeira rolda
1995–96 2 EBA 28–10
1996–97 1 ACB 11º 17–17
1997–98 1 ACB 21–17 Campión
1998–99 1 ACB 20–19 Cuartos de final 2 Copa Saporta 17–2
1999–00 1 ACB 20–17 Subcampión 2 Copa Saporta CF 13–3
2000–01 1 ACB 23–15 Semifinais 2 Copa Saporta SF 11–5
2001–02 1 ACB 22–16 Cuartos de final 2 Copa Saporta 13–4
2002–03 1 ACB 32–13 Semifinais 2 Copa ULEB 14–4
2003–04 1 ACB 24–14 Cuartos de final 1 Euroliga T16 13–7
2004–05 1 ACB 18–16 Semifinais 2 Copa ULEB SF 11–1–4
2005–06 1 ACB 16–18 Subcampión
2006–07 1 ACB 20–18
2007–08 1 ACB 23–14 Cuartos de final 2 Copa ULEB CF 10–5
2008–09 1 ACB 16–18 Cuartos de final 2 EuroCup CF 10–3
2009–10 1 ACB 23–13 Semifinais 2 EuroCup 14–2
2010–11 1 ACB 24–12 Semifinais Supercopa 1 Euroliga CF 10–11
2011–12 1 ACB 23–18 2 EuroCup 12–4
2012–13 1 ACB 23–14 Subcampión Supercopa SF 2 EuroCup SF 11–5
2013–14 1 ACB 34–8 Semifinais 2 EuroCup 15–9
2014–15 1 ACB 23–18 Cuartos de final Supercopa SF 1 Euroliga TR 3–7
2 EuroCup CF 5–5
2015–16 1 ACB 31–9 Cuartos de final 2 EuroCup L32 13–3
2016–17 1 ACB 31–12 Subcampión 2 EuroCup 18–5
2017–18 1 ACB 23–14 Cuartos de final Supercopa 1 Euroliga 12–18
2018–19 1 ACB 25–15 Cuartos de final 2 EuroCup 20–3
2019–20 1 ACB 16–13 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga 12–16
  1. "Valencia Basket Club. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2021. 
  2. "Valencia Basket cumple 30 años" (en castelán). ACB.com. 27 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 05 de setembro de 2021. 
  3. "El Pamesa no viaja a Tel Aviv y perderá (20-0) el partido" (en castelán). El País. 25 de marzo de 2004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]