Usuario:Lameiro
Esta é unha páxina de usuario da Wikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente á Wikipedia, poida que estea vendo un sitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa a Wikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase en http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Lameiro. |
Usuario na Galipedia e en Commons
[editar | editar a fonte]Este usuario posúe 1 conta de usuario na Wikipedia do xeito en que o permite a política. |
Teño problemas co meu nome de usuario xa que hai un Lameiro brasileiro rexistrado en Commons, polo que non podo subir alí imaxes co meu nome. Iso obrigoume a rexistrarme alí como P.Lameiro e obrígame tamén a editar en Galipedia con Explorer e co meu nome, e acceder a Commons con Mozilla e co nome de P. Lameiro.
Isto, que non tería máis importancia que a tabarra de ir de ventá en ventá, complícase ás veces cando inadvertidamente abro a miña sesión de Commons en Explorer, porque a partir de entón as miñas edicións en Galipedia van tamén co nome de P. Lameiro.
En calquera caso, non se trata, xa que logo, de detentar dous nomes de usuario. Salvo esas ocasións nas que non me dou de conta (e que procuro evitar, como é lóxico), tódalas miñas edicións na Galipedia foron e serán como Lameiro; así como tódalas fotos que subo a Commons fareino como P.Lameiro.
Quería deixar explicado aquí esta nova versión do doutor Jekyll e mister Hyde, e evitar interpretacións erróneas.
Hai imaxes que valen máis que mil palabras
[editar | editar a fonte]Imaxes subidas a Galipedia ou a Commons
[editar | editar a fonte]Gústame a fotografía e ben que me gustaría saber máis técnica (e contar con mellores medios). Levo subidas xa moitas fotografías, tantas que ás veces esquezo que xa están subidas e como localizalas para o seu uso na Galipedia. Por iso creo esta galería que me permitirá ter máis controlado todo este material.
- Imaxes de persoeiros e algunhas institucións
- Imaxes de lugares de Galicia
- Imaxes sobre arte relixiosa (igrexas)
- Imaxes sobre escultura relixiosa (cruceiros, petos e baldaquinos)
- Imaxes sobre arte civil
- Imaxes de etnografía galega
- Imaxes de alimentos e sobre alimentación
- Imaxes de bioloxía (plantas e animais)
Ferramentas
[editar | editar a fonte]- Dicionario da RAG
- VOLGa
- Wikipedia:Recursos útiles
- Quen non o esqueza: Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Estrutura Concellos
- Estatísticas
- Contador de edicións. Outro
- Curioso contador de artigos creados
- Artigos que ligan cara a páxinas de homónimos
- Revisor ortográfico
- List of Wikipedias
- Categoría:Parroquias de Galicia sen imaxes
Cousas sobre imaxes e dereitos
[editar | editar a fonte]- Imaxes de Calidade en Commons ¡en galego!
- Commons helper
Explicación de Elisardojm que merece ser conservada e lida de cando en vez:
- Na Galipedia úsanse basicamente 3 licenzas, Dominio Público, CC-BY (Creative Commons Recoñecemento) e CC-BY-SA (Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual).
- As imaxes que se liberan no Dominio Público non reservan ningún dereito para o autor polo que os que as usen non teñen ningunha obriga con el. Iso si, non poden dicir que son obra súa nin apropiarse dos seus dereitos, o que si poden facer é obras derivadas e poñerlle a licenza que queiran, sempre e cando a modificación non sexa trivial.
- As imaxes CC-BY obrigan ós que as usan a citar ó autor da obra e nada máis. Poden modificala e comercializala, sempre indicando a licenza orixinal e o autor. Se a modifican bastante poden publicala reservando os dereitos de autor da súa modificación, pero teñen que seguir indicando o nome do autor orixinal.
- As imaxes CC-BY-SA obrigan ós que as usan a citar ó autor e ó mesmo tempo as obras derivadas que se creen dela deberán ter a mesma licenza CC-BY-SA.
Interesante: Cinco recursos prácticos sobre licencias Creative Commons
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Mitoloxía
[editar | editar a fonte]- usuario:Lameiro/Heracles
- Usuario:Lameiro/Zeus
- Usuario:Lameiro/Catasterismos
- Usuario:Lameiro/Vacas na mitoloxía grega
Biblioteca
[editar | editar a fonte]Tarefas
[editar | editar a fonte]Correccións
[editar | editar a fonte]Palabra incorrecta | Palabra correcta | Nº artigos | Revisado |
anque | aínda que | 44 | |
condea, condear, condeado (e vars.) | condena, condenar, condenado | 63 | |
dado | dato (carecemos de datos) | ¿? | |
defesa, defesas | defensa | 31+1 | |
depois, dempois, dispois | despois | ¡945! + 4+14 | 26.09.12 |
desenrolo, desenrolar | desenvolvemento, desenvolver | >85 | |
dicer | dicir | 53 | |
direito, direita, direitos, direitamente | dereito/directo | 23+9+14+3 | |
entanto | en tanto (pero No entanto é correcto) | ¿? | |
escea, esceas | escena | 80+28 | |
excavar, excavado (e vars.) | escavar, escavado | 38 | |
excavación, excavacións | escavación, escavacións | 58 | |
faculdade/s | facultade | 52+13 | |
financiera, financieras | financeira | 33 | |
governo, governar, governador, governada | goberno | >22 | |
imprensa | prensa | 42 | |
incertidume | incerteza | 16 | |
[Nova] Iorque | Nova York | 50 | |
mistura, misturas | mestura | 114 | |
misturar e vars. | mesturar | 48 | |
movimento, s | movemento | 87+17 | |
obxetivo/a/os/as | obxectivo | 46 | |
ocidente, ocidental, ocidentais | occidente | 13+35+6 | |
ordear e vars. | ordenar | 80 | |
pelo | polo (por+o) | ¿? | |
perfeito, imperfeito (e vars.) | perfecto, imperfecto | 18 | |
perto | preto | 200 | |
planexar, planexado, etc | planear | 30 | |
poda, podan | poida, poidan | >66 | |
ponto | punto | ¿? | |
posui | posúe | 18 | |
presencia, presencias | presenza, presenzas | 219+14 | |
princípio | principio | ¿? | |
propriedade, propriedades | propiedade | 31 | |
proveedor/es | provedor | 24 | |
rádar | radar | 14 | |
recebe, recebeu, redebía etc. | recibir | 98 | |
recebido/a/os/as | recibido | 1+144+1+4 | |
respeito | respecto | 52 | |
somente, somentes | só, soamente | 51+40 | |
sudafricano/a/os/as | surafricano | 18+49+16+7 | |
sudoeste, suoeste, sur-oeste, sul-oeste | suroeste | 411+12+¿?+1 | |
sureste, suleste, surleste, sur-leste | sueste | 164+24+123+¿? | |
tais | tales | 79 | |
tra-lo, tra-la, tra-los, tra-las | 104 | ||
vários | varios | ¿? | |
viciño/a/os/as | veciño | 48 | |
xelo | xeo | 47 | |
xerazón, xerazóns | xeración | 5 |
(1) Conta a lenda que un editor moi coidadoso, moi melindroso, leu e releu mil veces as probas de imprenta dun libro para asegurarse de que saía do prelo sen erro ningún. Por fin, deuse por satisfeito e rematou as correccións, mandando imprimir o libro coa seguinte lenda na última páxina: "Este libro non contén ningunha herrata". Refrán: cómpre ser máis humilde, Pedriño, que logo che veñen Elisardo ou Alejandro a baixarche os fumes.
Ríndome. O número de erros que se amorean en moitas das páxinas da Galipedia é abafador e esta lista é xa longa de máis (e iso que non inclúe outro tipo de erros -gramaticais, ligazóns, etc.-, que tamén os hai). Síntome desbordado e necesito abrir un paréntese para recuperar o meu tempo para outras tarefas que, agora, me apetecen máis, como escribir algo sobre o crismón de Quiroga, o baldaquino de Oseira, Laureano Prieto ou Prevención de riscos laborais, por exemplo, temas ós que hai tempo que lles teño ganas. Pecho as incorporacións a esta lista e xa volverei a corrixir con calma, con moita calma. Tempo haberá para simultanear os dous choios.
Categorías
[editar | editar a fonte]Para pensar
[editar | editar a fonte]- Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.
AS MIÑAS ACHEGAS NA WIKIPEDIA E COMMONS
|