Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tuia xigante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuia xigante
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: Thuja
Especie: T. plicata
Nome binomial
'Thuja plicata'
L.
Representación dixital da distribución da tuia xigante no oeste dos EUA, do "Atlas of United States Trees" por Elbert L. Little, Jr.
Representación dixital da distribución da tuia xigante no oeste dos EUA, do "Atlas of United States Trees" por Elbert L. Little, Jr.

Representación dixital da distribución da tuia xigante no oeste dos EUA, do "Atlas of United States Trees" por Elbert L. Little, Jr.

A tuia xigante[1] (Thuja plicata) é unha especie do xénero Thuja orixinaria de América do Norte. Trátase dunha árbore conífera perennifolia, da familia dos alciprestes, as cupresáceas. En Galiza plántase coma ornamental.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha especie moi importante do oeste dos Estados Unidos, aparece naturalmente polo norte dende o sur de Alasca até a California Central polo sur; no interior aparece na zona húmida da Columbia Británica e polo oeste das Montañas Rochosas en Montana.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Follaxe e casca da tuia xigante (T. plicata).

Pode acadar os 60 metros de altura e os 2 metros de diámetro.

As súas follas son cuamiformes, decusadas, verde escuras, lustrosas, brillantes pola face, máis claras, con canles arxénteas e glándulas polo envés. Os seus froitos son conos ovais oblongos, de 1 a 1,7 cm de diámetro, péndulos, formados por 10 a 12 escamas coriáceas, basifixas e imbricadas, con pequeno mucrón subapical contendo cada unha tres sementes.

A madeira é de cor acastañada rosada, cun veado atractivo, liviá, mol, moi resistente á intemperie e ao contacto co chan, doada de traballar e moi estábel. É de crecemento relativamente rápido.

Hábitat e condicións de cultivo

[editar | editar a fonte]

A árbore atura climas de frío a temperado húmido, en ambientes costeiros. Soporta ben os fríos intensos e xeadas, tamén a calor. En canto ao solo, atura un amplo rango, desenvolvéndose mellor nos fértiles, fondos, liviáns e ben drenados.

Hoxe en día úsase en xardinaxe coma árbore de sombra e para sebes. A súa madeira imputrescíbel utilízase en carpintaría e ebanistaría fina, e tamén para revestimentos (as tellas de tuia son chamadas "ripias"), postes, aberturas, tonelaría .

Tradicionalmente tiña moitísimos usos, tantos que os indios indíxenas da costa Norte-Oeste chamábanse entre si "indios da tuia xigante". Ademais dos seus sonados tótems monumentais, tiraban da árbore (ás veces aínda sen a tallar) táboas e madeira para todo tipo de construcións e trebellos. Tamén apañaban e tecían a casca para facer roupa, cordas e redes. Outro uso era a fabricación de canoas, unha tarefa complicada que consistía en tallar a árbore e facer os enormes toros ocos grazas ás ferramentas de pedra ou cuncha; con estas rexas canoas ían ao mar na procura de baleas.

Árbores senlleiras en Galiza

[editar | editar a fonte]

A tuia xigante do Pazo de Torres de Agrelo en Redondela (Pontevedra), figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

  1. Nome vulgar preferido en galego en Termos Esenciais de Botánica do Servizo de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, 2004

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]