Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tres metros sobre el cielo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tres metros sobre el cielo
Ficha técnica
Título orixinalTres metros sobre el cielo
DirectorFernando González Molina
ProdutorFrancisco Ramos, Mercedes Gamero, Daniel Écija e Álex Pina
GuiónRamón Salazar
Baseado enNovela homónima de Federico Moccia
IntérpretesMario Casas
María Valverde Rodríguez
Álvaro Cervantes
Marina Salas
Andrea Duro
Nerea Camacho
Luis Fernández
Diego Martín
MúsicaManel Santiesteban
FotografíaDaniel Aranyó
MontaxeIrene Blecua e Laura Ortiz
EstudioZeta Audiovisual, Antena 3 Films e Cangrejo Films
DistribuidoraWarner Bros. Pictures International España
Estrea3 de decembro de 2010
Duración119 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama, romance
Recadación9.881.471 €
Filme seguinteTengo ganas de ti (2012)
Na rede
http://www.3msc.es/
IMDB: tt1648216 Filmaffinity: 738760 Allocine: 180613 Rottentomatoes: m/tres_metros_sobre_el_cielo_2010 Allmovie: v529100
Facebook: 3msc Editar o valor en Wikidata

Tres metros sobre el cielo é unha película española dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por Mario Casas, Álvaro Cervantes, María Valverde e Marina Salas. Baseada na novela homónima publicada polo italiano Federico Moccia, estreouse o 3 de decembro do 2010 e converteuse nunha das películas máis "taquilleiras" do ano en España.[1]

A trama xira arredor de dous personaxes: Hugo Olivera "Hache" (Mario Casas) e Bárbara Alcázar "Babi" (María Valverde Rodríguez). Hache é un xove moteiro de actitude rebelde: indisciplinado, temperamental, competitivo, provocador e cun tormentoso pasado. Por outra banda, Babi é a definición dunha "chica ben"; unha adolescente acomodada, inocente e caprichosa, pero decidida, cuns pais sobreprotectores.

O filme comeza con Hache saíndo dun xuízo, acusado de golpear ao noivo da súa nai. Namentres, Babi acode, como adoita ser habitual, á súa escola, un colexio privado exclusivamente feminino. Nese momento, Hache e Babi teñen o seu primeiro encontro.

Hache reúnese cos seus amigos moteiros, entre os que está Pollo (Álvaro Cervantes), o seu mellor amigo. Pola súa parte, Babi celebra unha festa en casa dunha amiga, onde acode coa súa irma Daniela (Nerea Camacho). Un dos amigos de Hache decide "invitalos" á festa privada, onde os moteiros se colan. Alí, Hache e Babi volven encontrarse. Hache comeza a provocala e remata arroxándoa á piscina da casa, o que enfada a Babi e divirte a Hache. Nesa mesma festa, Pollo coñece a Katina (Marina Salas), a mellor amiga de Babi.

Mentres volvía a casa no coche do seu ex-noivo, os moteiros de Hache empezan a acosalos en metade da autoestrada. Hache termina golpeando ao ex-noivo de Babi, o cal se remata marchando, polo que Hache ten que levala á súa casa. Ao día seguinte, Hache acompaña a Pollo a buscar a Katina ao instituto, o que remata no terceiro encontro entre Hache e Babi. Katina acabará saíndo con el.

Os pais de Babi comunícanlle que Hache foi denunciado polas lesións que lle provocou a un transeúnte mentres perseguía ao ex-noivo de Babi. Por unha serie de circunstancias, Babi acode ao lugar onde os moteiros se concentran para organizar carreiras ilegais, o que desemboca no cuarto encontro entre Hache e Babi, onde o primeiro coñece a denuncia que lle van poñer. Nas carrerais que celebran, os moteiros corren cunha chica atada ás súas costas; Babi sóbese á moto de Chino (Luis Fernández), o rival de Hache, e corre contra este. A carreira é interrompida cando se produce un accidente e chega a policía.

Tendo que escapar, Hache volve a levar a Babi á súa casa, tendo o seu primeiro encontro romántico. Nos seguintes días, Hache e Babi continúan véndose, até que un día Hache decide ir buscala á saída do instituto para levala de viaxe. Durante o mesmo, Babi descobre que é o que ocorreu no pasado que tanto atormenta a Hache: a súa nai estaba a acostarse co seu veciño, o que provocou que Hache o golpease e despois se marchara de casa para irse a vivir co seu irmán máis vello, Álex (Diego Martín). Finalmente, Hache e Babi chegan a unha praia, onde pasan un día romántico xuntos.

Hache e Babi comezan a saír xuntos e ela xa o acompaña ás concentracións de moteiros. Nunha delas, Babi ten unha pelea con Mara (Andrea Duro), un antigo «romance» de Hache que está namorada del. Nesa mesma noite, Babi tatúase a inicial de Hache no embigo. Namentres, o pai de Babi, Claudio, acode a casa de Hache para coñecelo. Este está ao tanto da relación que manteñen ambos e mostra a súa desconfianza, pero Hache confesa que está namorado dela e que conseguiu cambialo. Ao volver a casa, o seu irmán Álex repréndeo ao decatarse da carreira ilegal.

Ao regresar á escola, a súa profesora descobre as faltas de asistencia inxustificadas de Babi, o que supón a súa expulsión do centro, o que é evitado grazas á «doazón» ao centro que fai a súa nai. Esta oponse á relación que mantén Babi con Hache e trata de facer o posible por rompela. Ao decatarse do que pretende a súa profesora, Hache amenázaa e secuestra ao seu can. Despois, Hache lévase a Babi a unha casa na praia abandonada coa que ela sempre soñoi; alí, Hache e Babi deitáronse xuntos por primeira vez.

De volta a casa, Hache ten problemas cando Mara rouba un anel da nai de Babi ao colarse na súa casa, o que lle causa unha pelexa con Chino ao intentar recuperalo. Tamén, Babi entérase de que Hache secuestrou o can da súa profesora; farta do comportamento de Hache, Babi decide que ambos deben darse un tempo.

Babi celebra a festa do seu 18 aniversario. Hache aínda ten pendente a súa carreira de desquite con Chino, pero decide presentarse na festa de Babi de improviso. Pollo decide correr por el, con Katina atada ás súas costas. Durante a carreira, Pollo cae da moto e morre na caída. Hache e Babi, que estaban bailando na metade da festa, teñen que acudir ao lugar do accidente, onde observan o cadáver de Pollo. Babi acusa a Hache de ser o causante da morte do seu amigo, o que fai que el responda golpeándoa e marchándose cada un polo seu lado.

Tras un tempo sen verse, Hache descobre que Babi comezou a saír cun coñecido seu e trata de poñerse en contacto con ela, pero tanto Babi como a súa nai o evitan. Hache decide que é tempo de pasar páxina e decide irse a traballar a Londres. Reúnese con Álex na praia na que estivo con Babi. Nese momento, decátase de que el e ela xa se coñeceran había moito tempo. Álex, que sempre fora o «responsable» dos dous, sóbese con el á moto e pérdense no horizonte da estrada.[2]

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]
Protagonistas
Mario Casas Hugo Olivera Hache
Mario Casas
Hugo Olivera Hache
María Valverde Rodríguez Bárbara Alcázar Babi
María Valverde Rodríguez
Bárbara Alcázar Babi

A rodaxe, presentada anteriormente no Festival de Málaga, deu comezo o 10 de maio de 2010 en Barcelona, cunha duración de oito semanas.

Recadación

[editar | editar a fonte]

O filme foi a produción española coa maior recadación en portelo na súa primeira fin de semana con 2.099.601 € e 323.515 espectadores. Ás tres semanas da súa estrea, logrou converterse no filme español máis taquillero en 2010, por encima de Los ojos de Julia e Que se mueran los feos, e superou o millón de espectadores.[1] 3MSC, como tamén se o coñece, finalizou 2010 con 8.464.994,39 euros recadados, con 1.331.895 espectadores.[3] Ao longo de 2011 (até o 30 de xuño), e sumado ao anterior, roza os 10 millóns de euros en recadación. En total 9.881.741 euros foi a cifra acumulada.[4]

Continuación

[editar | editar a fonte]

Debido ao grande éxito en portelo do filme, a súa produtora, Antena 3 Films, encargou a secuela, que ten o mesmo nome que a segunda novela de Federico Moccia: Tengo ganas de ti (Teño gañas de ti).

Os protagonistas do filme foron Mario Casas e Clara Lago, e encargouse novamente da dirección Fernando González Molina. O filme estreouse o 22 de xuño de 2012 nos cines de España.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Goya
Ano Categoría Persoa Resultado
2010 Mellor guión adaptado Ramón Salazar Nomeado
Premios Fotogramas de Prata
Ano Categoría Persoa Resultado
2010 Mellor actor de cine Mario Casas Nomeado
Premios Capital[5]
Ano Categoría Persoa Resultado
2011 Mellor actor Chabelo Gañador
Mellor actriz revelación Andrea Duro Gañadora
Semana do Cine de Melilla
Ano Categoría Resultado
2011 Premio do Público ó Mellor Filme español Gañadora[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]