Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tratado de Aquisgrán (1668)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ganancias territoriais francesas grazas ao tratado de Aquisgrán (1668).

O Tratado de Aquisgrán, ou Paz de Aquisgrán, tamén coñecido como Tratado de Aix-la-Chapelle, foi asinado o 2 de maio de 1668 entre España e Francia –representadas respectivamente polo barón de Bergeick e Jean-Baptiste Colbert– e con el púxose fin á guerra de Devolución entre ambos os países.

España recuperou as cidades de Cambrai (Kamerijk), Aire (Ariën aan de Leie) e Saint-Omer (Sint-Omaars), que foran conquistadas polas forzas francesas.[1]

Lois XIV tamén tivo que devolver o Franco Condado de Borgoña.[1] O rei francés, porén, puido reter as localidades de Ath, Armentières (Armentiers), Bergues (Sint-Winoksbergen), Charleroi, Cortrique, Douai, Menen, Orchies, Furnes (Veurne), Lille (Rijsel), Oudenarde (Oudenaarde) e Tournai (Doornik).[1]

O tratado foi mediado e garantido pola Tripla alianza da Haia, formada por Inglaterra, as Provincias Unidas dos Países Baixos e Suecia, no primeiro Congreso de Aix-la-Chapelle. Desta maneira, Francia viuse obrigada a deter a súa expansión sobre os Países Baixos españois, aínda que por pouco tempo, xa que catro anos despois iniciaríase a Guerra franco-neerlandesa.

  1. 1,0 1,1 1,2 Coleman Phillipson (1916): Termination Of War And Treaties Of Peace, páx. 222.