The Baltic Times
Aparencia
The Baltic Times | |
---|---|
Fundación | 1996 |
Lingua | lingua inglesa |
Periodicidade | mensual |
ISSN | 1407-2300 |
Na rede | |
http://www.baltictimes.com/ e http://baltictimes.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Baltic Times é un periódico mensual en lingua inglesa que cobre o conxunto dos países bálticos: Estonia, Letonia e mais Lituania .
Características
[editar | editar a fonte]A publicación orixinouse en 1996[1] como resultado da fusión de dous periódicos anteriores: The Baltic Independent ( fundado en 1991 como The Estonian Independent[2]) e The Baltic Observer que operaban dende 1992. Ata o ano 2012 publicábase unha vez á semana, logo pasou a se publicar dúas veces ao mes e dende setembro de 2013 sae unha vez ao mes. Conta con oficinas en Talín e Vilnius e a súa sede central está en Riga e constitúe o único periódico en papel de lingua inglesa que cobre os tres estados bálticos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Baltic Times" Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Eesti rahvusbibliograafia
- ↑ Anatol Lieven (1994) The Baltic Revolution: Estonia, Latvia, Lithuania and the Path to Independence Yale University Press, p. 414