Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Teresa Táboas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teresa Táboas Veleiro»)
Modelo:BiografíaTeresa Táboas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México - arquitectura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorXunta de Galicia (2005–2009) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLuis Barragán Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1086978 BUSC: taboas-veleiro-teresa

María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión

Naceu na Cidade de México no ano 1961, filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz.[1] Táboas é a maior de catro irmáns.[2]

Pasadas as primeiras etapas de estudo, inclinouse pola Arquitectura, tendo a Luis Barragán como mestre. Rematada a carreira, volta á terra dos seus pais na que traballa durante seis anos no estudio de César Portela, traballando durante dous anos no concello de Marín.[3]

En 1990 independízase do estudo de Portela fundando un estudio de seu,[4] o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, dende o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.

Obtivo o doutoramento cunha tese de doutoramento dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón titulada El Color en Arquitectura.

Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo elixida o 15 de maio do 2003 a primeira muller presidenta-decana do COAG.[5] Tamén forma parte como conselleira do Consello Superior dos Arquitectos Españois, sendo a segunda muller que ocupa este cargo dende que se fundou a institución en 1931. Pertence a 2 comisións consultivas do Parlamento Europeo en representación de España, unha delas sobre arquitectura sostíbel.[6]

Foi deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia,[7] ocupou a consellería de vivenda da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009, durante o goberno bipartito de PSdeG-PSOE e BNG.[8]

En 2021 entra a formar parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA)[9] e en 2023 foi elixida vicepresidenta.[10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É nai de dous fillos.[2]

  1. "María Teresa Táboas Veleiro, conselleira de Vivenda e Solo". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 22 de decembro de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "Unha doutora en Arquitectura que entrou en política para traballar polo seu país" Arquivado 14 de xuño de 2012 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 2009.
  3. "Hai unha desnaturalización do patrimonio municipal a través do planeamento urbano" Arquivado 29 de setembro de 2012 en Wayback Machine., artigo en Faro de Vigo.
  4. "Teresa Táboas, una vida en color". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2007. 
  5. Decanos-presidentes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  6. [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2004/08/07/teresa-taboas-anima-convertir-calle-nun-teatro-relacions/0003_2919017.htm Teresa Táboas anima a convertir la calle «nun teatro de relacións»
  7. "VIII Lexislatura" (PDF). Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  8. Pérez, Paula (6 de agosto de 1995). "Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda: "Pagaré con muchos errores mi desconocimiento de la política"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2023. 
  9. "Teresa Táboas entra no Consello da Unión Internacional de Arquitectos". Nós Diario. Consultado o 2021-08-03. 
  10. "Teresa Táboas elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura". Pontevedra Viva. 2023-07-10. Consultado o 2023-07-10. 
Predecesor:
Consellería de nova creación

Conselleira de Vivenda

2005-2009
Sucesor:
Consellería desaparecida