Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pobo taíno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Taíno»)
Pobo taíno
Poboación
Poboación total:
Poboación mestiza
Rexións principais:
O CaribeCuba, República Dominicana, Haití, Xamaica, Porto Rico
Aspectos culturais
LinguaLingua taína
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
pobo caribe

Os taínos[1] foron un pobo arauaco procedentes da área de Venezuela, que ao longo dos séculos foron poboando as distintas illas do arco antillano. Cando os taínos chegaron ao Caribe, este xa estaba habitado por outros pobos como os igneris e os máis antigos aínda arcaicos. O nome taíno significa "bo ou nobre" en arauaco.

Figura taína

Cando os primeiros navegantes españois chegaron ás illas do Caribe, os taínos estaban en plena loita cunha etnia rival, os caribes, que xa conquistaran as Antillas Menores. Nese entón a sociedade taína dividíase nuns cinco reinos controlados por caciques, a quen se lles pagaba tributo. Frei Bartolomé de las Casas no seu libro Historia Xeral das Indias relata que no ano de 1508 quedaban uns 60.000 taínos na illa da Española. Para 1531 a explotación e as enfermidades reduciran o número a 600.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]