Wilhelm Steinitz
Wilhelm Steinitz | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1836 Praga República Checa |
Morte | 12 de agosto de 1900 Nova York Estados Unidos |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | The Evergreens Cemetery (en) |
Residencia | Nova York |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade Técnica de Viena - matemáticas |
Actividade | |
Campo de traballo | Xadrez |
Ocupación | Xogador de xadrez |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América Inglaterra |
Deporte | xadrez |
Familia | |
Cónxuxe | Elisabeth Wiebel |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стейниц Вильгельм) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Wilhelm Steinitz, nado en Praga o 17 de maio de 1836 e finado en Nova York o 12 de agosto de 1900, foi un xogador de xadrez austríaco. Está considerado o primeiro campión mundial deste deporte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na primeira parte da súa carreira, o xogo de Steinitz era similar ao dos seus contemporáneos Adolf Anderssen ou Paul Morphy, caracterizado por rápidos ataques ao rei e preferencia por aperturas de gambito. Pero gradualmente Steinitz foi desenvolvendo un estilo propio, que é a fundación do estilo posicional, sen o cal seria imposible comprender o xadrez moderno. Trazos distintivos do estilo maduro de Steinitz son a fe na defensa, o uso do rei como peza activa ata en etapas temperás do xogo e un estudo profundo da estrutura de peóns.
Tras declararse a si mesmo campión mundial de xadrez en 1866 tras a súa vitoria sobre Anderssen, defendeu o seu título con éxito en catro ocasións: contra Johannes Zukertort en 1886, Mikhail Chigorin en 1889 e 1892 e Gunsberg en 1891. O seu reinado concluíu cando caeu ante Emanuel Lasker en 1894. O encontro celebrouse en Nova York, Filadelfia e Montreal. Terminou co triunfo de Lasker (+10 -5 =4). En 1896-7 en Moscova xogou o encontro de desquite contra Lasker, volvendo a perder (+10 -2 =5).
Na última etapa da súa vida perdeu a razón, cando xa o seu nivel de xogo decaera notablemente. Foi recluído nun sanatorio mental. Nesta época pronunciou a súa famosa frase: "Podo xogar con Deus e darlle un peón de vantaxe".
1º Campión do mundo:
Wilhelm Steinitz |
Campión do mundo de xadrez | Sucesor: Emanuel Lasker |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Encontros polo campionato do mundo de xadrez
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Wilhelm Steinitz |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|