Wageningen
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Gueldria | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 39.635 (2021) (1.225,19 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 21.488 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,35 km² | ||||
Altitude | 9 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6700–6709 | ||||
Prefixo telefónico | 0317 | ||||
Código BAG | 2006 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | wageningen.nl | ||||
Wageningen é unha cidade e municipio da provincia de Güeldres, nos Países Baixos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Wageningen está situada na beira norte do río Rin, na fronteira coa provincia de Utrecht, e consta de dous asentamentos: Wageningen e Wageningen Hoog.[1]
Unha elevación ao suroeste de Wageningen chámase Wageningse Berg (Montaña de Wageningen).
A unha altitude media de 9 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 32,36 km², dos que 1,82 km² son de auga.
Segundo o censo de 2019 tiña 38 774 habitantes, polo quea súa densidade de poboación nese ano de 1 230 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]O asentamento máis antigo coñecido en Wageningen estaba situado cerca do río, ao fondo do outeiro Wageningen Berg. Durante o medievo o asentamento trasladouse máis arriba. Encontráronse restos dunha igrexa pequena e dalgunhas granxas con edificacións de madeira cerca do cumio da Wageningse Berg.
No século XII xurdiu un asentamento onde agora se sitúa a rúa Bergstraat (rúa da Montaña), no centro de Wageningen. Despois da construción dun dique para protexer á vila do pantano que naquel tempo cubría esta parte de Güeldres, fixo posíbel o desenvolvemento da vila.
Debido á súa situación estratéxica, Wageningen era considerada xa unha cidade no século XIII. O 2 de xuño de 1263 Wageningen alcanzou o título de "cidade".[2] Esta estaba defendida por unha muralla e un canal.
Para fortalecer a cidade, o duque Carlos de Güelders construíu en 1526 unha fortaleza, que foi destruída polas tropas francesas en 1672. O daquela señor do castelo, o barón Adolfo Lubbert Torck, construíu un novo sobre as ruínas do antigo.[2] Hoxe en día permanecen visíbeis restos de tres torres e parte da muralla.
Wageningen tamén é famosa pola súa historia militar. O 6 de maio de 1945 o xeneral alemán Johannes Blaskowitz rendeuse ao xeneral canadense Charles Foulkes, terminando así a segunda guerra mundial para os Países Baixos. Os xenerais asinaron a capitulación no Hotel de Wereld en Wageningen.[2] Cada 5 de maio, o día da liberación dos Países Baixos, a cidade celebra un gran festival para celebrar a liberación, cun desfile de veteranos da guerra que son honrados polos seus servizos nesa ocasión.
A Universidade de Wageningen
[editar | editar a fonte]Wageningen é famosa pola súa Universidade, a Wageningen Universiteit en Researchcentrum, especializada en Ciencias Naturais, na que estudan varios milleiros de estudantes de máis de 150 países[Cómpre referencia].No curso académico 2010-2011 tiña máis de 7 800 alumnos e alumnas matriculadas, e a Universidade e as institucións de investigación relacionadas con ela dan emprego a 7 400 persoas, das cales soamente o 40 % residen en Wageningen.
A Universidade fundouse en 1876 como Escola de Agricultura Municipal, transformada en 1918 nun centro de ensinanza superior, a Landbouwhogeschool Wageningen (Escola Politécnica de Agricultur), e despois Universidade Agraria de Wageningen.[3] Así, a cidade transformouse nunha comunidade educativa e tecnolóxica moderna. Hoxe Wageningen é o centro do Foodvalley (Val dos alimentos),[4] unha grande aglomeración de empresas e institutos de investigación que se especializa en innovaciones de alimentos.
O seu campus está establecido nas aforas da cidade, o que lle permite planificar numerosas ampliacións das súas instalacións, centradas nas ciencias da vida, a socioloxía, as relacións comerciais e o recursos naturais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Hotel de Wereld, escenario da capitulación alemá
-
Praza do mercado
-
Laboratorio de microbioloxía
-
Laboratorio de topografía
-
Ruínas das murallas e dunha das torres no centro da cidade
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mapa da situación do municipio. Consultado o 9 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 History of Wageningen (en inglés). Consultada o 9 de xullo de 2020.
- ↑ Historie van Wageningen University & Research (en neerlandés). Consultada o 9 de xullo de 2020.
- ↑ Food Valley (en inglés). Consultada o 9 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wageningen |