Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sébastien Buemi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSébastien Buemi

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sébastien Olivier Buemi Editar o valor en Wikidata
31 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Aigle, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Davidson-Buemi-Nakajima (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de decembro de 2017Temporada de Fórmula E de 2017–18 (pt) Traducir
9 de outubro de 2016Temporada de Fórmula E de 2016–17 (pt) Traducir
20152015 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir (5º)
20142014 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir (1º)
20132013 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir (3º)
24 Horas de Le Mans
Temporada de Fórmula E de 2015–16 (pt) Traducir
Tempada 2014-15 da Fórmula E Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesNatacha Gachnang, curmán Editar o valor en Wikidata

Páxina webbuemi.ch Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3692666 Twitter: Sebastien_buemi Instagram: sebastien_buemi Editar o valor en Wikidata

Sébastien Buemi (nado o 31 de outubro de 1988 en Aigle, Cantón de Vaud, Suíza) é un piloto de Fórmula 1 que forma parte de Red Bull Racing. Residente en Bahrain, antes de chegar á máxima categoría do automobilismo correu na Fórmula BMW, nas F3 Euroseries, onde foi subcampión en 2007, e na GP2, sendo campión da GP2 Asia no 2008.

Fórmula BMW

[editar | editar a fonte]

Logo de correr en karting, Buemi correu na Fórmula BMW alemá en 2004 e 2005, terminando terceiro e segundo no campionato, respectivamente. Tamén foi finalista na final da FBMW Mundial de 2005.

Fórmula Tres

[editar | editar a fonte]

Logo dunha única carreira na Fórmula Tres española en 2005, Buemi pasou á Fórmula Tres Euroseries de 2006, terminando 12º no campionato. Permaneceu na serie de 2007, e terminou segundo no campionato, por detrás de Romain Grosjean. El tamén competiu nas carreiras especiais de Masters of Fórmula 3 e Gran Premio de Macau.

A1 Grand Prix

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2006-07 de A1 Grand Prix, Buemi compartiu as tarefas de pilotaxe para o A1 Team Suíza con Neel Jani e Marcel Fässler. O equipo terminou oitavo no campionato.

GP2 Series

[editar | editar a fonte]
Buemi pilotando un Arden International en Silverstone na GP2 Series de 2008

Buemi foi preparado nun curto prazo de tempo para substituír o lesionado Michael Ammermüller en ART Grand Prix para a carreira de Mónaco da tempada 2007 da GP2 Series. Actuou honrosamente no seu debut na GP2, cualificando cuarto e terminando sétimo. Uniuse ao equipo Arden International para a tempada 2008 da GP2 Asia Series, e terminou en segunda posición cunha vitoria e catro segundos postos. Continuou co equipo na tempada 2008 das GP2 Series.[1] Anotou a súa primeira vitoria na carreira de velocidade francesa, partindo da posición 21 na grella. Gañou unha carreira máis e terminou a tempada sexto no campionato.

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

O 18 de setembro de 2007 pilotou o Red Bull RB3 na sesión de probas de F1 en Xerez. Foi o terceiro máis rápido no día, detrás de Timo Glock ( BMW) e Vitantonio Liuzzi (Scuderia Toro Rosso) e por diante de nomes como Rubens Barrichello ( Honda) e Nelson Piquet Jr. ( Renault). O 16 de xaneiro de 2008 Red Bull Racing confirmou a Buemi como piloto de probas e de reserva para a tempada de Fórmula Un de 2008.[2]

Scuderia Touro Rosso (2009-2011)

[editar | editar a fonte]
Buemi durante os adestramentos libres no Gran Premio de España de 2009

Toro Rosso confirmou o 9 de xaneiro de 2009 a firma de Buemi como un dos seus pilotos.[3] Foi o primeiro suízo en tomar parte nunha carreira de F1 desde Jean-Denis Délétraz pilotando un Pacific no Gran Premio de Europa de 1995.

Na súa primeira carreira, o Gran Premio de Australia de 2009, Buemi cualificou por riba do seu compañeiro de equipo Sébastien Bourdais e logo anotou un punto na carreira ao terminar en oitava posición. Máis tarde foi promovido ao sétimo lugar como resultado da descualificación de Lewis Hamilton. No Gran Premio da China, marcou outro punto, esta vez en mollado, terminando oitavo logo de comezar décimo. Logo dunha non moi boa metade de tempada, Buemi logra no final da mesma terminar sétimo no Gran Premio do Brasil de 2009, e un oitavo posto en Abu Dhabi. Buemi terminou o ano décimo sexto con 6 puntos.

Buemi pilotando o Toro Rosso STR5 durante a práctica de Gran Premio de España de 2010

O 9 de novembro de 2009, confirmouse que Buemi seguiría por unha segunda tempada con Toro Rosso.

Buemi terminou o 2010 con oito puntos e o seu compañeiro Alguersuari cinco. Foi décimo sexto de novo no campionato de pilotos.

Buemi, xunto co seu compañeiro de equipo Jaime Alguersuari, seguiu na Scuderia Toro Rosso en 2011. O 14 de decembro de 2011, anunciouse que tanto Buemi e Alguersuari foron retirados do equipo, e que serían substituídos por Daniel Ricciardo e Jean-Éric Vergne para a tempada 2012.

Red Bull Racing (2012 -)

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2012 anunciouse que se reintegraría en Red Bull Racing como piloto de probas e de reserva para a tempada 2012, así como piloto de reserva de Toro Rosso.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Buemi vive coa súa familia e a súa noiva Jennifer en Bahrain.[5]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos
2009 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR4 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
7
MAL
16
CHN
8
BHR
17
ESP
Ret
MON
Ret
TUR
15
RU
18
ALE
16
HUN
16
EUR
Ret
BEL
12
ITA
13
SIN
Ret
XPN
Ret
BRA
7
ABU
8
16º 6
2010 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR5 Ferrari 056 2.4 V8 BHR
16
AUS
Ret
MAL
11
CHN
Ret
ESP
Ret
MON
10
TUR
16
CAN
8
EUR
9
RU
12
ALE
Ret
HUN
12
BEL
12
ITA
11
SIN
14
XPN
10
COR
Ret
BRA
13
ABU
15
16º 8
2011 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
8
MAL
13
CHN
14
TUR
9
ESP
14
MON
10
CAN
10
EUR
13
RU
Ret
ALE
15
HUN
8
BEL
Ret
ITA
10
SIN
12
XPN
Ret
COR
9
IND
Ret
ABU
Ret
BRA
12
15º 15
  1. "Arden target return to form in 2008". autosport.com. 2007-01-10. Consultado o 2007-01-13. 
  2. "Buemi confirmed as Red Bull reserve". Autosport. 2008-01-16. Consultado o 2008-01-16. 
  3. "Toro Rosso confirm Buemi for 2009". autosport.com. 2009-01-09. Consultado o 2009-01-09. 
  4. Elizalde, Pablo (5 January 2012). "Sebastien Buemi confirmed as Red Bull Racing's reserve and test driver". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 5 January 2012. 
  5. "Sébastien Buemi to stay in tax-free Bahrain" Auto123.com 2009-01-16. Retrieved 2009-04-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]