Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rimini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRimini
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°03′34″N 12°34′06″L / 44.0594, 12.5683
PaísItalia
RexiónEmilia Romaña - Emilia-Romagna
ProvinciasProvincia de Rímini Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Viserba (en) Traducir
Viserbella (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación149.211 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.099,48 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie135,71 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMarecchia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación268 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
marzo de 538Siege of Ariminum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónGaudentius de Rimini (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAndrea Gnassi (en) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal47921–47924 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0541 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT099014 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoH294 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcomune.rimini.it Editar o valor en Wikidata

Rimini é unha cidade de Italia, sita na rexión de Emília-Romana, na costa do mar Adriático. É a capital da provincia homónima. Ten uns 138.000 habitantes (2005) e o seu termo municipal ocupa unha área de 134,58 km².

O seu nome ven do río Rimini á orela do cal está construída. Está a uns 15 km ao sur do río Rubicón que foi o antigo límite entre a Galia Cisalpina e Italia. Antigamente pertencía á rexión da Umbría. O seu nome durante a época romana e até a Idade Media foi Ariminum.

Historia antiga

[editar | editar a fonte]

Cidade orixinariamente umbra, non pasou ao poder dos galos máis que até 268 a.C., data na que foi tomada polos romanos, que estabeleceron aquí unha colonia que gañou importancia en 211 a.C. cando se inaugurou a Vía Flaminia que conducía a Roma e logo Vía Emilia que levaba a Piacenza.

No 225 aC un exército romano ocupou a cidade durante as guerras contra os galos. En 218 a.C. Sempronio situou aquí as súas lexións para oporse a Haníbal, sendo Ariminum das escasas colonias que puido pagar a contribución de guerra que cadraba, tanto en homes como en diñeiro. Foi unha base importante durante toda a segunda guerra púnica e logo na guerra gala en 200 a.C., e máis nas guerras civís entre Sila e Caio Mario (nesta última guerra foi incendiada por Sila). Na guerra civil entre César e Pompeio, o primeiro ocupouna e desde ela dirixiu as súas operacións en Etruria e Piceno. No ano 43 a.C. volveu a estar en plena expansión, en riqueza e prosperidade, e Augusto levantou aquí varias edificacións, algunhas das cales aínda subsisten (entre elas a ponte de cinco arcos e un arco triunfal).

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Manteuse como colonia durante o imperio e á súa caída foi unha das cidades da Pentápolis que estivo suxeita aos exarcas de Rávena até a invasión lombarda. Foi despois unha comuna, que acadou á cimeira so o goberno da familia Malatesta, chegada a Rimini en 1216 e que van dirixiron a cidade até 1503, cando o último Malatesta, logo de loitas co duque Valentino, venderon a señoría a Venecia, que a tornou ao Papa en 1509. En 1543 pasou definitivamente aos Estados da Igrexa, nos que estivo integrada até o período napoleónico.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

No 1797 Rimini, xunto coa Romagna, van a formar parte da República Cisalpina e máis tarde do reino de Italia. Volveu so o Papa en 1815. Cando o dominio papal foi dividido entre a Comarcate (Roma e arredores), seis legacións e trece delegacións, Rimini foi un distrito da cuarta legación, dirixida por un administrador co título de Gonfaloniere, asistido por un consello de maxistrados denominados Anziani. Foi unha época axitada, mais de progreso. Os Carbonarios dirixiron a axitación contra o dominio papal, rebelándose en marzo de 1831, pero foron rapidamente derrotados pola intervención de Austria que esmagou a xente de Rimini, dirixida per Carlo Zucchi (25 de marzo de 1831).

En marzo de 1860 Rimini e a Romagnola votaron pola unión ao reino de Italia.

Na segunda guerra mundial, Rimini foi destruída polos bombardeos, pero refíxose e na actualidade continúa a crecer.

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]
  • Cateedral, s. XIII, (San Francisco, máis coñecido como Templo Malatestiano).
  • Arco de Augusto. Construído no 27 a.C., é unha portada de 9,92 m de altura e 8.45 m de ancho. As ameas foron engadidas na Idade Media.
  • Igrexa de San Giuliano Martire (1553-1575), acolle unha grande pintura de Paolo Veronese (1588) e outras de Bittino da Faenza (1357).
  • Ponte de Tiberio.
  • Anfiteatro (século II). Erguido sobre o litoral, con 60 arcadas de dúas ordes. De planta elíptica, os eixes miden 117,7 x 88 metros. A arena mide 73 x 44 metros, dimensións próximas das dos maiores anfiteatros romanos. Podía acoller uns 15.000 espectadores.
  • Castel Sismondo ou Rocca Malatestiana de Sigismondo Pandolfo, foi tamén cárcere.
  • Palazzo dell'Arengo e del Podestà (1204).
  • Igrexa de San Xoán Evanxelista (dita tamén Santa Augustina)
  • Igrexa de San Xoán Bautista, s. XII. Dunha única nave e decoración de estuco do século XVIII.
  • Museo Arqueolóxico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]