Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ricardo de Cornualla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo de Cornualla

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Richard, 1st Earl of Cornwall Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1209 Editar o valor en Wikidata
Winchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1272 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Berkhamsted, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHailes Abbey (en) Traducir
Gloucestershire Editar o valor en Wikidata
Rei dos Romanos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNobreza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónconde de Cornualla Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoSexta Cruzada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Anjou e Casa de Plantagenet Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Falkemburgo (1269 (Gregoriano)–)
Sancha da Provença (1243 (Gregoriano)–)
Isabel Marshal (1231 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaJeanne de Valletort Editar o valor en Wikidata
FillosSir Lawrence de Cornwall
 () NN
Isabella de Cornwall
 () Beatriz de Falkemburgo
John of Cornwall
 () Isabel Marshal
Isabella of Cornwall
 () Isabel Marshal
Henry of Almain
 () Isabel Marshal
Nicholas of Cornwall
 () Isabel Marshal
Richard of Cornwall
 () Sancha da Provença
Edmund, 2nd Earl of Cornwall
 () Sancha da Provença
Richard de Cornwall
 () Jeanne de Valletort
Walter de Cornwall
 () Beatriz de Falkemburgo
Joan
 () Jeanne de Valletort Editar o valor en Wikidata
PaisXoán I de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Angulema Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoana de Inglaterra
Leonor de Inglaterra, Condessa de Leicester
Alice de Lusignan, Countess of Surrey
Isabel da Inglaterra
Joan, Lady of Wales
Isabella of Lusignan
Aymer de Valence, 2º Conde de Pembroke
Hugo XI de Lusignan
Henrique III de Inglaterra
William de Valence, 1.º conde de Pembroke
Richard FitzRoy Editar o valor en Wikidata
ParentesHenrique II de Inglaterra, avó Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Plantagenet-39

Ricardo de Cornualla, nado no Castelo de Winchester, no Hampshire (Reino de Inglaterra) o 5 de xaneiro de 1209, e finado no Castelo de Berkhamstead, no Hertfordshire (Reino de Inglaterra) o 2 de abril de 1272,[1] foi o segundo fillo do rei Xoán I de Inglaterra.

Foi conde de titular de Poitou (entre 1225 e 1243), conde de Cornualla (entre 1227-1272) e Rei de romanos (entre 1257 e 1272).[1]

Sendo un dos homes máis ricos de Europa, uniuse á cruzada dos baróns, onde alcanzou éxito como negociador na liberación dos reféns e axudou na construción da cidadela de Ascalón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Ricardo naceu o 5 de xaneiro de 1209 no castelo de Winchester, sendo o segundo fillo do rei Xoán I de Inglaterra e da súa esposa, Isabel de Angulema. Foi nomeado Gran sheriff de Berkshire en 1217 á idade de oito anos,[2] titulado como conde de Poitou desde 1225 e, no mesmo ano, á idade de dezaseis anos, o seu irmáno o rei Henrique III nomeouno fran sheriff de Cornualla como agasallo de aniversario.[3] Os ingresos percibidos grazas a Cornualla proporcionáronlle unha gran riqueza, converténdoo nun dos homes máis ricos de Europa. A pesar de que dirixiu campañas a favor do rei Henrique en Poitou e na Bretaña, e de actuar como rexente tres veces, as relacións entre ambos os irmanás eran a miúdo tensas nos primeiros anos do reinado de Henrique. Ricardo incluso se rebelara tres veces contra el, tendo que ser comprado con espléndidos regalos.

Matrimonio con Isabel Marshal (1231-1240)

[editar | editar a fonte]

O 13 de marzo de 1231 casou con Isabel Marshal, a rica viúva de Gilbert de Clare, conde de Gloucester.[4] O matrimonio non foi do agrado do seu irmán Henrique, pois temía á familia Marshal ao ser rica, influente e xeralmente a súa opositora. Ese mesmo ano adquiriu a que se convertería na súa vivenda habitual, o castelo de Wallingford, en Berkshire (agora Oxfordshire) gastando moito diñeiro na súa remodelación. Ademais desta, tiña outras residencias favoritas en Marlow e Cippenham, en Buckinghamshire. Froito do matrimonio entre Isabel e Ricardo naceron catro fillos,[4] dos cales só un, Henrique de Almain, chegou á idade adulta.

Opoñéndose a Simón de Montfort, encabezou unha rebelión en 1238 como protesta polo matrimonio entre este a a súa irmá Leonor. Porén, desistiu ao ser novamente aplacado con ricos dons e regalos. Cando a súa esposa Isabel estaba no leito de morte en 1240, pediu ser enterrada xunto ao seu primeiro esposo, en Tewkesbury. Porén Ricardo enterrouna na abadía de Beaulieu,[4] aínda que nun xesto piadoso enviouó seu corazón a Tewkesbury.

A cruzada dos baróns e matrimonio con Sancha (1240-1243)

[editar | editar a fonte]
Selo de Sancha, esposa de Ricardo.

Pouco despois, ese mesmo ano, Ricardo partiu cara a Terra Santa. A pesar de non participar en batallas, foi importante nas negociacións para a liberación dos prisioineros e nos enterros dos cruzados mortos en batalla en Gaza en 1239. Tamén volveu a fortificar Ascalón, que fora destruída por Saladino. Ao seu regreso de Terra Santa, Ricardo visitou a súa irmá Isabel, consorte do emperador Frederico II Hohenstaufen.

Tras o nacemento do seu sobriño, o príncipe Eduardo en 1239, repartíronse as funcións no goberno en caso da morte do rei, excluíndose a Ricardo a favor da raíña Leonor e os seus parentes da casa de Savoia. Para evitar un conflito entre Ricardo e seu irmán Henrique III, concertouse un matrimonio entre Ricardo e Sancha da Provenza, irmá de Leonor, a quen coñecera durante a súa viaxe a Terra Santa, na Provenza, onde fora recibido polo pai dela, Ramón Berenguer IV e da que se namorara.[5] O matrimonio tivo lugar en Westminster, en novembro de 1243.

Este matrimonio permitiulle a Ricardo relacionarse con outras casas reais pois a irmá máis nova de Sancha, Beatriz, casaría con Carlos I de Nápoles, mentres que Margarida, a súa irmá mair, casara co irmán de Carlos, Lois IX de Francia. Os matrimonios dos reis de Francia e Inglaterra e os seus dous irmáns coas catro irmás da Provenza axudaron a mellorar a relación entre ambos os países, o que os levou a asinar o tratado de París.[6]

Poitou e Sicilia

[editar | editar a fonte]
Representacións moderna (á esquerda) e contemporáneas das armas de Ricardo. Os círculos dourados representan ervellas, coñecidas en Francia como pois. Este era un xogo de palabras aludindo ao seu título de conde de Poitou.[7]

As pretensións de Ricardo sobre Gascuña e Poitou —das que nominalmente era conde pero estaban baixo dominio francés desde 1204— nunca tiveron eco e incluso en 1241 o rei Lois IX de Francia investiu ao seu propio irmán Afonso como conde de Poitou ou Poiters. Porén, cando Isabel de Angulema, nai do rei Henrique e de Ricardo, afirmou que fora insultado pola raíña francesa iniciou unha expedición militar animado polo seu padrasto, Hugo X de Lusignan. Así e todo a expedición fracasou tras a traizón de Hugo X.[8]

Posteriormente o papa ofreceulle a Ricardo a coroa de Sicilia pero, de acordo co cronista Mateu de París, ante o desorbitado prezo rechazouno dicindo: "É o mesmo que dicir: regáloche a Lúa, sube ao ceo e tráea para abaixo.[9] En cambio, seu irmán Henrique si aceptou a proposta papal, comprando o Reino para o seu propio fillo, Edmundo.

Rei de romanos

[editar | editar a fonte]

Á morte do Rei de romanos Guillerme de Holanda en xaneiro de 1256 produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte rei. En marzo dese ano a cidade de Pisa enviou unha embaixada ao rei de Castela e León Afonso X o Sabio, que recibiu en Soria, ofrecéndolle a súa submisión e o seu apoio como cabeza da casa de Suabia (ou Hohenstaufen) e como xefe do partido xibelino, oposto ao papa. O rei castelán deu a súa aprobación para ser elixido Rei de romanos, paso previo á coroación polo papa como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Pero o rei de Inglaterra Henrique III propuxo ao seu irmán Ricardo de Cornualla como candidato. Por outra parte estaba o complexo sistema de elección do emperador, que correspondía a sete príncipes electores alemáns.

Selo de Ricardo de Cornualla, rei rival de Afonso.
A lenda di:
RICARDUS DEI GRATIA ROMANORUM REX SEMPER AUGUSTUS.
(Ricardo pola graza de Deus Rei de romanos sempre Augusto).
Afonso X o Sabio, rei electo de romanos. Miniatura do Libro de retratos de los Reyes, 1594.

Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o 1 de abril os partidarios de Afonso, o arcebispo de Tréveris, o duque de Saxonia, xunto cos poderes outorgados polo margrave de Brandeburgo e polo rei de Bohemia Otakar I, elixiron Rei de romanos a Afonso en Frankfurt. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante, deu o seu voto, alternativamente a ambos os candidatos. O rei castelán distribuíu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa en Alemaña; pero en Italia, o papa Alexandre IV (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo Ezzelino da Romano era partidario de Afonso.[10] A pesar de todo, Afonso X enviou unha embaixada ao papa para lograr a súa lexitimación, aquietando as suspicacias do papa acerca do seu xibelinismo, nada extremista.

Tres electores votaron por Ricardo (ademais do voto duplo de Otokar). O papa e Lois IX de Francia apoiaron a Afonso, pero ambos os dous cambiaron de parecer en última instancia presionados polos poderosos familiares de Leonor da Provenza, cuñada de Ricardo. Por outro lado, Otakar II votou inicialmente por Ricardo, pero pouco despois apoiou a Afonso e finalmente accedeu a apoiar ao conde de Cornualla, logrando así a maioría simple requirida. O inglés viaxou a Aquisgrán, onde foi coroado o 27 de maio de 1257 polo arcebispo de Colonia como Rei de romanos, xunto á tumba do primeiro emperador medieval de Europa Occidental, Carlomagno.[11] Porén, Ricardo, ao igual que a súa soberanía en Gascuña e Poitou, nunca tivo un poder efectivo sobre os seus dominios chegando a realizar só catro breves visitas a Alemaña entre 1257 e 1269. (Pola súa parte, o seu rival Afonso nunca pisou terra alemá).

Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno a Manfredo de Sicilia, recentemente coroado como rei de Sicilia, sen que o papa estivera disposto a recoñecelo, posto que o excomungara. Nese momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia, e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza. Tras unha sede vacante de tres meses, o patriarca de Xerusalén, Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como Urbano IV (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que ningún dos dous puidera sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitira demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.[12]

Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se aderisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo que establecera Alexandre IV, e púxose en mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do rei Lois IX para que o seu irmán Carlos de Anjou asinara un acordo o 15 de agosto de 1264 co papa, no que aceptaba a investidura do Reino de Sicilia e, mentres, Urbano IV seguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente a Orlando Bonsignori, que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses de Pedro III de Aragón, casado coa filla de Manfredo Constanza II de Sicilia, e que tamén aspiraba a este Reino.

Mentres que o exército anxevino avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, Clemente IV (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como rei de Sicilia o 6 de xaneiro de 1266 por cardeais designados polo papa. Cando o exército anxgevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxgevinos na batalla de Benevento, o 26 de febreiro de 1266, onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.

Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixdores casteláns, aproveitando que o infante Henrique de Castela apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, meteron presión a Clemente IV para que pronunciara a sentenza a prol do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.

En todos estes anos Afonso desembolsou enormes cantidades de diñeiro para sufragar as súas xestións para ser coroado emperador polo papa, así como para apoiar militar e financeiramente aos seus partidarios en Italia e Alemaña. Desgrazadamente para o monarca castelán, a Igrexa romana foi alongando o preito, como vimos, até que Alfonso viuse obrigado a renunciar en 1275, tras unha entrevista en Beaucaire co papa Gregorio X.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]

Ricardo apoiou ao seu irmán Henrique durante a rebelión de Simon de Montfort na segunda guerra dos Baróns]] (1264-1267). Caeu prisioneiro tras a batalla de Lewes (1264) xunto ao seu irmán e a seu sobriño, o príncipe Eduardo, permanecendo encarcerado até setembro de 1265.

En decembro de 1271 sufriu un derramo cerebral que paralizou o seu lado dereito e perdeu a capacidade de falar. Pouco despois, o 2 de abril de 1272, Ricardo morreu no castelo de Berkhamsted, en Hertfordshire. Foi enterrado na abadía de Hailes xunto á súa segunda esposa Sancha da Provenza e a Henrique, seu fillo coa súa primeira esposa.

Despois da súa morte, unha loita polo poder produciuse en Alemaña, que só terminou en 1273 coa aparición dun novo Rei de romanos, Rodolfo I de Habsburgo, o primeiro Habsburgo que ocupou o trono imperial. En Cornualla foi sucedido polo seu fillo Edmundo como conde.

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]
Armas de Ricardo como Rei de romanos. No fondo, mostrase a aguia imperial, símbolo do Sacro Imperio Romano Xermánico e á fronte, como escusón, as súas armas persoais.

Ricardo casou, en primeiras nupcias, o 30 de marzo de 1231, na localidade de Fawley, Buckinghamshire, con Isabel Marshal, filla de Guillermo Marshal, conde de Pembroke. Froito deste matrimonio naceron catro fillos:[13]

  • Xoán (Marlow, Buckinghamshire, 30 de xaneiro de 1232 - 22 de setembro de 1232). Morreu na infancia. Está sepultado na abadía de Reading.
  • Isabel (Marlow, Buckinghamshire, 9 de setembro de 1233 - 6 de outubro de 1234). Morreu na infancia. Está sepultada na abadía de Reading.
  • Enrique (Castelo de Haughley, 2 de novembro de 1235 - Viterbo, 13 de marzo de 1271). Asasinado polos seus primos Guido e Simón de Monfort. Casou con Constanza de Bearne; sen descendencia. Está sepultado na abadía de Hailes.
  • Nicolás (Castelo de Berkhamstead, 17 de xaneiro de 1240). Morto pouco despois de nacer. Está sepultado na abadía de Beaulieu.

Isabel morreu o 17 de xaneiro de 1240, durante o parto do seu último fillo, e foi sepultada na abadía de Beaulieu canda este.

Tras enviuvar, Ricado contraeu segundas nupcias na abadía de Westminster o 23 de novembro de 1243 con Sancha da Provenza, filla de Ramón Berenguer IV da Provenza. Sancha era ademais cuñada do irmáno de Ricardo, o rei Henrique III de Inglaterra. Do matrimonio naceron dous fillos:[13]

  • Sen nome (Castelo de Wallingford, xullo de 1246 - 15 de agosto de 1246).
  • Edmundo (Castelo de Berkhamsted, 1 de xaneiro de 1250 - Abadía de Ashbridge, 25 de setembro de 1300). Sucedeu ao seu pai como conde de Cornualla. Casou con Margarida de Clare, filla de Ricardo de Clare, duque de Gloucester. Sen descendencia. O matrimonio foi anulado en febreiro de 1294.

Novamente viúvo tras a morte de Sancha o 9 de novembro de 1261, casou por terceira e última vez na cidade alemá de Kaiserslautern, o 16 de xuño de 1269, con Beatriz de Falkenburg. Este matrimonio non tivo descendencia.[14] Beatriz sobreviviu ao seu esposo e faleceu o 7 de outubro de 1777.[14]

Descendencia ilexítima

[editar | editar a fonte]

Ricardo tivo unha amante de nome Xoana, cuxas orixes son descoñecidas, pero sábese que estivo casada primeiramente con Ralph de Valletort, barón feudal de Harberton (Devon) e de Trematon (Cornualla), e posteriormente con Sir Alexander Okeston de Modbury (Devon). Tiveron cinco fillos:[15]


Títulos Reinantes
Predecesor:
Guillerme de Holanda

Rei de romanos
1257-1272
Rei rival: Afonso X de Castela e León
Sucesor:
Rodolfo I de Habsburgo
Nobreza de Inglaterra
Predecesor:
Otón
Conde de Poitou
1225-1243
Só titulado como tal
Poiters estaba baixo dominio francés desde 1204
Sucesor:
Afonso
Predecesor:
Nova creación
Conde de Cornualla
4a creación
1227-1272
Sucesor:
Edmundo de Cornualla
  1. 1,0 1,1 Lundy, Darryl (21 de xanerio de 2011). "Richard, 1st Earl of Cornwal". The Peerage (en inglés). 
  2. Nash Ford, David (2007). "High Sheriffs of Berkshire. A Listing". Royal Berkshire History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  3. Polsue, Joseph, ed. (1872). A Complete Parochial History of the County of Cornwall (en inglés). Vol. IV. p. 120. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lundy, Darryl (20 de agosto de 2010). "Lady Isabella Marshal". The Peerage (en inglés). 
  5. Cox 1974, p. 114.
  6. Sanders, I. J. (1951). "The Texts of the Peace of Paris, 1259". The English Historical Review 66 (258): 81–97. 
  7. Planché, James (1859). The Pursuivant of Arms; or, Heraldry Founded on Facts (en inglés). p. 136. 
  8. Cox 1974, p. 112-113.
  9. Craik, George L.; Macfarlane, Charles. The Pictorial History of England. p. 657. 
  10. Valdeón Baruque, Julio (2011). Alfonso X el Sabio: La forja de la España moderna. Grupo Planeta. p. 68. ISBN 9788499980461. 
  11. Goldstone, Nancy (2008). Four Queens; The Provençal Sisters who ruled Europe. (en inglés). London: Pinguin Books. p. 213. 
  12. Suárez Fernández, Luis (1976). Historia de España Antigua y Media 2. Rialp. p. 156. ISBN 9788432118821. 
  13. 13,0 13,1 Richardson 2011a, pp. 566-571.
  14. 14,0 14,1 Richardson 2011a, p. 567.
  15. Richardson 2011a, pp. 573-574.
  16. Richardson 2011a, pp. 574–575.
  17. Richardson 2011b, p. 265.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Richardson, Douglas (2011a). Everingham, Kimball G., ed. Plantagenet ancestry: a study in colonial and medieval families (en inglés) I (2ª ed.). Salt Lake City: Douglas Richardson. ISBN 1449966314. 
  • Richardson, Douglas (2011b). Everingham, Kimball G., ed. Plantagenet ancestry: a study in colonial and medieval families (en inglés) II (2ª ed.). Salt Lake City: Douglas Richardson. ISBN 1449966349. 
  • Cox, Eugene L. (1974). The eagles of Savoy: the House of Savoy in thirteenth-century Europe (en inglés). Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0691052166. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]