Riverdale (serie de televisión)
Riverdale | |
---|---|
Formato | Drama adolescente e misterio |
Creado por | Roberto Aguirre-Sacasa |
Desenvolvido por | |
Intérpretes | |
Tema de apertura |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 137 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Vancouver, Columbia Británica |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 42–46 minutos |
Distribuidor |
|
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | The CW |
Primeiro episodio | 26 de xaneiro de 2017 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
http://www.cwtv.com/shows/riverdale | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Riverdale é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada nos personaxes de Archie Comics. A serie foi adaptada para The CW polo xefe creativo de Archie Comics Roberto Aguirre-Sacasa, e foi producida por Warner Bros. Television e CBS Television Studios, en asociación con Berlanti Productions e Archie Comics. Orixinalmente concibida como unha adaptación cinematográfica para Warner Bros. Pictures, a idea foi convertida nunha serie de televisión para Fox. En 2015, o desenvolvemento do proxecto trasladouse a The CW, onde se encargou o piloto da serie. A rodaxe ten lugar en Vancouver, na Columbia Británica.
A serie conta cun elenco integrado por KJ Apa no papel de Archie Andrews, Lili Reinhart como Betty Cooper, Camila Mendes como Veronica Lodge e Cole Sprouse como Jughead Jones, o narrador da serie. O elenco tamén conta coas actuacións de Madelaine Petsch no papel de Cheryl Blossom, Ashleigh Murray como Josie McCoy, Casey Cott como Kevin Keller, Charles Melton e Ross Butler como Reggie Mantle e Vanessa Morgan como Toni Topaz. Outros personaxess da serie son os pais dos personaxes principais, con Luke Perry como Fred Andrews, Mädchen Amick como Alice Cooper, Marisol Nichols e Mark Consuelos como Hermione e Hiram Lodge, e Skeet Ulrich como FP Jones.
Estreouse o 26 de xaneiro de 2017,[3] cunha acollida positiva, mais a crítica foi dispar segundo progresou a serie. En xaneiro de 2019, The CW renovou a serie para unha cuarta tempada que ten prevista a súa estrea o 9 de outubro de 2019.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Primeira tempada
[editar | editar a fonte]Ao tempo que un novo curso escolar comeza, a vila de Riverdale aínda está recuperándose da recente morte de Jason Blosson no río Sweetwater. Tras declarar a tráxica morte do seu fillo coma un asasinato, Clifford e Penelope Blossom, comezan a sospeitar dalgúns cidadáns de Riverdale. Os acontecementos transcorridos durante o verán, fixeron que Archie Andrews se decatara de que quería seguir a carreira musical e non os pasos do seu pai. Mentres tanto, Betty Cooper está ansiosa por ver a Archie, de quen está namorada, despois de todo un verán fóra; en todo caso, aínda non está lista para declararlle os seus sentimentos. Cando unha nova estudante, Veronica Lodge, chega a Riverdale dende Nova York, xunto coa súa nai, nace unha chispa entre ela e Archie. Pero Veronica non quere poñer en risco a súa nova amizade con Betty. Cheryl Blosson é a capitá do equipo de animadoras do Riverdale High, as River Vixens, quen está dolida pola morte do seu irmán e é feliz removendo problemas arredor de Archie, Betty, Jughead e Veronica.
Segunda tempada
[editar | editar a fonte]Despois de que o asasino de Jason finalmente fora decuberto, outro terrible crime ocorre e as vida de Archie, Jughead, Betty e Veronica non volverán ser as mesmas. Despois do sucedido con Fred Andrews, Archie comeza a desconfiar de todo aquel que o rodea, inclusive dos seus amigos. Jughead achégase aínda máis ás súas raíces, especialmente despois de coñecer a Toni Topaz. Betty enfróntase os seus maiores medos e a súa propia escuridade. Busca o seu irmán Charles e descobre algo que non imaxinaba e pelexa con “Charles” ata descubrir a verdade. Veronica, pola súa banda, debe enfrontarse ó seu pai, Hiram Lodge, quen, co seu plan chamado SoDale, ameaza con cambiar Riverdale para sempre. Os mozos enfróntanse a un escuro malvado chamado "Blackhood" que intenta eliminar os pecados da cidade, asasinando ós pecadores e poñendo en risco a seguridade de tódolos cidadáns. Despois de que "Blackhood" torturara a Betty con chamadas telefónicas, ela decide comezar unha busca insaciábel ata encontralo. Cando finalmente se descobre a identidade de Blackhood, rematan os asasinatos na cidade, pero ninguén pode crer quen é o responsable. Cheryl encontra o seu derradeiro eu logo dos múltiples problemas coa súa nai.
Terceira tempada
[editar | editar a fonte]Archie, Betty, Verónica e Judhead continúan somerxéndose nos segredos que xorden e seguen emerxendo das sombras da cidade que algunha vez pareceu un lugar tranquilo e ordinario. As circunstancias que rodean o arresto de Archie poñen en marcha o drama que está por chegar. Coa pandilla tratando que Archie quede libre, unha misteriosa criatura chamada “Rey Gárgola” rolda a cidade asasinando, por medio dun xogo, ós cidadáns de Riverdale. Mentres tanto, un escuro Hiram Lodge continúa coa elaboración dos seus plans para controlar Riverdale e o seu proxecto SoDale.
Produción
[editar | editar a fonte]O 23 de outubro de 2014, deuse a coñecer que Greg Berlanti e Roberto Agurre- Sacasa estaban adaptando Archie para un piloto de televisión no cal interesouse a cadea Fox[4]. Non obstante, o 10 de xulio do 2015 revelouse que o proxecto estaba baixo o poder de The CW[5], ordenando a realización dun episodio piloto o 29 de xaneiro de 2016[6]. O 12 de maio do 2016, The CW escolleu o piloto do proxecto para facer a serie[7]. O rodaje do piloto iniciouse o 14 de marzo e rematou o 1 de abril[8]. A produción dos 12 episodios restantes da primeira tempada comezou o 7 de setembro en Vancouver[9]. A serie foi renovada para unha segunda tempada o 7 de marzo de 2017[10], e foi estreada o 11 de outubro do 2017[11]. A produción da segunda tempada volveu a Vancouver e a Langley.
A fotografía principal comezou a mediados de xuño do 2017[12].
Localización
[editar | editar a fonte]A pesar de que existen catro municipios chamados Riverdale (Dacota do Norte; condado de Kossuth, Iowa; condado de Watonwan, Minnesota; condado de Buffalo, Nebrasca) todos están desvinculados da serie de televisión e non se rodou nada en ningún deles. Riverdale fou rodada en Vancouver, Canadá; e algunha localización concreta en Langley, Virxinia. Ademais das institucións privadas, tamén se utilizaron rúas en Rose Garden de Queen´s Park e casas particulares en Queens Ave en New Westminster e East 3rd Avenue en Vancouver. Tamén se usou o histórico Fort Langley Community Hall, a igrexa de St. Andrew´s United, Riverview Mental Hospital en Coquitlam para escenas concretas.
Localización ficticia | Localización real |
---|---|
Cafetería Pop's Chock'lit Shoppe | Construción nun plató en Langley. Para o capítulo piloto usouse Rocko’s Family Diner situado en Mission. |
Exteriores do río Sweetwater | Lago Alouette. Golden Ears Provincial Park. |
Secundaria Riverdale (base) | John Oliver Secondary School en Vancouver |
Secundaria Riverdale (fachada) | Lord Byng Secondary School |
Salón de actos da Secundaria Riverdale | Point Grey Secondary School |
Campo de fútbol de Secundaria Riverdale | Bear Creek Park en Surrey |
Whyte Wyrm (Bar das serpentes no lado sur de Riverdale) | Gabby's Country Cabaret |
Drive-in (Autocinema) | Twilight Drive-in de Aldergrove |
The Pembroke (Edificio de residencia dos Lodge) | The Permanent, Vancouver |
Thornhill (Mansión dos Blossom) | Cecil Green Park House na Universidade da Columbia Británica e Copper Stone Mansion en South Langley |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Netflix (ed.). "Riverdale". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2016.
- ↑ Munn, Patrick (16 de decembro de 2016). TVWise, ed. "Netflix UK Acquires The CW's 'Riverdale', Freeform's 'Beyond' & Polyamorous Comedy 'You Me Her'". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2016.
- ↑ Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2016-11-16). "CW Sets Midseason Dates for The 100, The Originals, Riverdale's Premiere, the Legends' Big Move and More". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ "'Archie' TV Adaptation Lands at Fox". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Moraes, Lisa de; Moraes, Lisa de (2015-07-10). "Archie Comics Drama ‘Riverdale’ Moved To CW With Greg Berlanti Producing – Comic Con". Deadline (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2016-01-30). "Pilot News: CW Orders Riverdale, Mars Mission, Transylvania Monster Mash". TVLine (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2016-05-12). "‘Riverdale’, ‘Frequency’ & ‘No Tomorrow’ Picked Up To Series By The CW". Deadline (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ NEWS!, RIVERDALE (2016-01-04). "#RIVERDALE has officially wrapped filming!". @cwriverdalenews (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ "Upcoming". What's Filming? (en inglés). Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Ausiello, Michael; Ausiello, Michael (2017-03-07). "Riverdale Renewed for Season 2 at CW". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2017-06-08). "The CW Sets Fall Premiere Dates for Flash, Supernatural, Dynasty, 7 Others". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Riverdale Snaps (2017-05-05). "Madelaine Petsch & Lili Reinhart | Livestream | MAY 5". Consultado o 2019-05-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Riverdale na IMDb (en inglés).