Rastrexo
Aparencia
O rastrexo,[1] tamén denominado rastreamento, rastrexamento ou detección, ou aínda o anglicismo screening, en epidemioloxía é unha estratexia aplicada sobre unha poboación para detectar unha doenza en individuos sen sinais ou síntomas da dita doenza.
Obxectivo
[editar | editar a fonte]A intención do rastrexo é identificar doenzas de maneira temperá dentro dunha comunidade. Isto permite a rápida xestión e intervención coa esperanza de que se reduzan os efectos (dor, falecemento) provocados pola doenza.[2]
Criterios de Frame e Carlson
[editar | editar a fonte]Para que unha determinada medida preventiva sexa denominada como rastrexo debe cumprir cos criterios de Frame e Carlson:
- que a doenza buscada sexa unha causa común de morbimortalidade (enfermidade prevalente);
- que sexa detectable en etapa presintomática;
- as probas diagnósticas deben ser efectivas e eficaces (sensibilidade e especificidad aceptables);
- o tratamento cedo debe ser mellor que na etapa sintomática;
- e o dano potencial da intervención debe ser menor que no tratamento non precoz.
Críticas
[editar | editar a fonte]Os rastrexos non diminúen a incerteza clínica, non son inocuos para a saúde da poboación, e levan un custo económico a considerar.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rastrexo é o termo preferido no Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) do Servizo de Normalización Lingüística da USC, que tamén dá rastreamento e rastrexamento como variantes e detección como sinónimo.
- ↑ Ascunce Elizaga N. En apoyo a la inversión en cribado. Gac Sanit. 2013;27:369-71.
- ↑ "Gérvas J, Pérez Fernández M. Cribados: una propuesta de racionalización. Gac Sanit. 2013; 27(4):372-3.". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018.
- ↑ "¿Qué pasaría si se informara adecuadamente a las mujeres sobre las mamografías de cribado?. No Gracias. 16/10/2014.". Arquivado dende o orixinal o 26/04/2018. Consultado o 26/04/2018.