Ramón Landriz Lenza
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 27 de outubro de 1915 Lugo, España |
Alcalde de Lugo | |
1910 – 1911 ← Ángel López Pérez – Carlos Llamas Navia → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Ramón Landriz Lenza, finado en Lugo o 27 de outubro de 1915, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de Facenda. Despois foi procurador. Membro do Partido Conservador e amigo de Manuel Vázquez de Parga, foi concelleiro en Lugo dende 1891. Logo da dimisión de Ángel López Pérez en febreiro de 1910, foi nomeado alcalde de Lugo por Real Orde en abril, permanecendo no cargo ata 1911. Foi presidente da banda municipal de Lugo e do Orfeón Gallego. Finou en Lugo o 27 de outubro de 1915.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefina Merckling Hemmer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 28-10-1915, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 171–172. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.
Predecesor: Ángel López Pérez |
Alcalde de Lugo 1910 - 1911 |
Sucesor: Carlos Llamas Navia |