Razoamento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles. Podemos diferenciar dous tipos de razoamento:
• O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.
• O razoamento lóxico é un proceso de lóxica mediante o cal, partindo dun ou máis xuízos, derívase a posibilidade ou a falsidade doutro xuízo distinto. O estudo dos argumentos corresponde á lóxica, de modo que a ela tamén lle corresponde indirectamente o estudo do razoamento. Polo xeral, os xuízos nos que se basea un razoamento expresan coñecementos xa adquiridos. É posible distinguir entre varios tipos de razoamento lóxico.
Razoamento argumentativo
[editar | editar a fonte]Non só se basea nas premisas cunha única alternativa correcta, senón que é máis amplo en canto ás solucións, baseándose na experiencia e no contexto. Como exemplo para ilustrar este tipo de razoamento, podemos situarnos nun caso dunha clasificación de alimentos: o tipo informal faríao segundo os ordene no frigorífico. Neste razoamento xeneralízase para todos os elementos dun conxunto a propiedade observada nun número finito de casos. As premisas neste caso non conteñen unha conclusión concreta; de feito, a información que se extrae non é correcta, é discutible.
Razoamento lóxico
[editar | editar a fonte]Razoamento lóxico é un proceso mental que implica a aplicación da lóxica. A partir deste tipo de razoamento, pode ser dun ou máis lugares para chegar a unha conclusión de que pode ser determinado como verdadeiro, falso ou posible. A partir dunhas premisas sacamos esa conclusión que normalmente é fiable, neste tipo de razoamento é case imposible debater sobre a conclusión. Un exemplo sería: no caso dunha clasificación de alimentos, o do tipo lóxico ordenaríaos por carnes, peixes, froita etc.
Outros tipos
[editar | editar a fonte]- Razoamentos dedutivos (conclusión referida a premisas avaliadas)
- Razoamentos indutivos (conclusión con base en probabilidades)
- Razoamentos non dedutivos (as premisas non dan por probable a conclusión)