Purdue Boilermakers
| ||||
---|---|---|---|---|
División | División I da NCAA | |||
Subdivisión en fútbol americano | Football Bowl Subdivision (FBS) | |||
Conferencia | Big Ten Conference | |||
Alcume | Boilermakers | |||
Mascota | Purdue Pete | |||
Estadio de fútbol americano | Ross-Ade Stadium (62.500 espectadores) | |||
Pavillón de baloncesto | Mackey Arena (14.123 espectadores) | |||
Purdue Boilermakers é o equipo deportivo da Universidade de Purdue en West Lafayette, Indiana. Os equipos dos Boilermakers participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big Ten Conference.
Deportes
[editar | editar a fonte]Baloncesto
[editar | editar a fonte]As orixes da sección de baloncesto datan de 1896. As súas mellores tempadas foron en 1969, cando chegaron por primeira vez á Final Four da NCAA, perdendo contra os UCLA Bruins, con Lew Alcindor á cabeza; e en 1980, onde conseguiron rematar outra vez entre as catro mellores universidades do país. Ó longo da súa historia foron 20 veces campións da súa conferencia.
En total 29 xogadores de Purdue chegaron a xogar na National Basketball Association (NBA), nos que salientan dous números un do Draft, Glenn Robinson en 1994, e Joe Barry Carroll en 1980.
Fútbol americano
[editar | editar a fonte]Ata 1889, o equipo de fútbol americano competiu de forma independente. En 1896 uníronse á Big Ten Conference. Os seus maiores logros son a consecución da Rose Bowl en 1967, ó gañar a South Carolina, e da Sun Bowl no ano 2002.
Outros deportes
[editar | editar a fonte]Ademais dos mencionados, compiten noutros 8 deportes, dos que hai que salientar os seguintes triunfos:
- Campión da NCAA de golf feminino en 2010.
- Campión da NCAA de baloncesto feminino en 1999.
- Campión da NCAA de golf masculino en 1961.