Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pierre-Auguste Renoir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre-Auguste Renoir

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre-Auguste Renoir
(fr) Auguste Renoir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Pierre Auguste Renoir Editar o valor en Wikidata
25 de febreiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Limoges, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1919 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Cagnes-sur-Mer, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEssoyes (1922–) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCagnes-sur-Mer (1903–)
París (1844–)
Limoges (1841–1844) Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes (1862–1864)
Académie Suisse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Cannes
Marsella
Cagnes-sur-Mer
Aix-en-Provence
Argenteuil
Amersfoort Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, debuxante arquitectónico, artista gráfico, gravador, escultor, ilustrador, porcelain painter (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1854 Editar o valor en Wikidata - 1919 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato pictórico, nudez na arte, pintura mitolóxica, Arte de paisaxes, arte animal (pt) Traducir, figura, arte de xénero, arte marinha (pt) Traducir, retrato, arte sacra e Natureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoRenoir catalogue raisonné (en) Traducir
L'opera completa di Renoir nel periodo impressionista, 1869-1883 (en) Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCharles Gounod e Charles Gleyre Editar o valor en Wikidata
AlumnosClaude Renoir e Ryūzaburō Umehara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCabalaría Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
MecenasCharles Lecoeur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAline Renoir (1890–) Editar o valor en Wikidata
ParellaLise Tréhot (1866–)
Frédérique Vallet-Bisson Editar o valor en Wikidata
FillosJeanne Tréhot
 () Lise Tréhot
Lucienne Bisson
Pierre Renoir
 () Aline Renoir
Jean Renoir
 () Aline Renoir
Claude Renoir
 () Aline Renoir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Weilbachs Kunstnerleksikon (en) Traducir
Den Store Danske Encyklopædi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1217730 BNE: XX955782 Musicbrainz: ba562f17-cbca-4ae8-b62a-199ce6790175 Discogs: 2256664 WikiTree: Renoir-1 Find a Grave: 8087 Editar o valor en Wikidata

Pierre Auguste Renoir, nado en 1841 e finado en 1919, é un dos pintores franceses de maior sona. Non é doado clasificalo, pertenceu á escola impresionista, pero separouse dela rapidamente polo seu interese pola pintura de corpos femininos sobre as paisaxes, o pintor Rafael tivo unha grande influencia nel.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Auguste Renoir naceu en Limoges en febreiro de 1841. En 1845, Renoir e a súa familia mudáronse a París. Alí, Pierre-Auguste continuou os seus estudos ata a idade de 13 anos. Xa como adolescente, traballou no obradoiro dos irmáns Lévy onde pintou arranxos florais sobre porcelana ata os 17 anos. En 1858, Renoir realiza pintura sobre abanos. Nesa actividade adquiriu o gusto polas pezas de gran luminosidade e de pinceladas rápidas.

En 1862, Renoir entrou a estudar Belas Artes no obradoiro de Gleyre onde coñeceu a Monet, Bazille e Sisley. Os seus primeiros cadros de estilo clásico, romántico e realista non foron inicialmente ben criticados. Con todo, a primeira obra que expón na galería l'Esméralda en 1864 recibiu unha moi boa acollida, pero logo da exposición, destruíuna. Pintou gran cantidade de paisaxes e de corpos humanos, principalmente femininos (sobre todo o da súa amante, Lise Tréhot). Esta moza tivo unha importancia vital na obra do pintor, dado que ao romperse a relación, houbo un cambio no estilo do autor. A carreira de Renoir iníciase realmente en 1867 coa exposición da Lise à l'ombrelle.

Autorretrato

O período impresionista de Renoir dura entre 1870 e 1883. Pinta gran cantidade de paisaxes pero as súas obras máis características teñen por tema a vida social urbana. En tódolos seus temas a énfase pono na mocidade e a vitalidade. A súa máis grande obra durante este período é Déjeuner des canotiers.

Entre 1883 e 1890, Renoir entra no seu período ingresco. Logo da súa viaxe a Italia, decide revisar o seu estilo. Os contornos dos seus personaxes vólvense máis precisos. Debuxa as formas con gran precisión, as cores vólvense máis frías. Ao converterse en pai por primeira vez deixa a pintura por un tempo. Ao regresar ao traballo realiza a máis importante obra deste período Grandes baigneuses, cadro que tardou tres anos en completar.

Le Bal au Moulin de la Galette

De 1890 a 1900, Renoir cambia novamente o seu estilo. Agora é unha mestura dos seus estilos impresionista e ingresco. Mantén os temas Ingres pero coa fluidez nas pinceladas do seu período impresionista. A súa primeira obra deste período Jeunes filles au piano, é adquirida polo estado francés para ser exposta no Museo de Luxemburgo. En 1894, Renoir é pai por segunda vez. A aia dos seus fillos, Gabrielle Renard, convértese nun dos seus modelos preferidos.

Entre 1900 e 1919, Renoir entra no seu período de Cagnes. Nesta época sofre graves crises de reumatismo. Co nacemento do seu terceiro fillo en 1901 a súa pintura toma un novo matiz. En varias ocasións pinta en compañía da aia, quen tamén se converterá en modelo para as súas obras.

Ao morrer a súa esposa Aline en 1915, Renoir, xa en cadeira de rodas, continua pintando para afogar a súa pena.

En 1919, morre en Cagnes-sur-Mer logo de visitar por derradeira vez o Louvre onde xa se expoñían as súas pinturas. Foi pai do destacado cineasta francés Jean Renoir.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Claude Roger-Marx (1952). Les Lithographies de Renoir (en francés). Montecarlo: Andre Sauret. 
  • Joseph G. Stella (1975). The Graphic Work of Renoir: Catalogue Raisonne (en inglés). Londres: Lund Humphries. 
  • Jean Leymarie et Michel Melot (1971). Les Gravures Des Impressionistes, Manet, Pissarro, Renoir, Cezanne, Sisley (en francés). París: Arts et Metiers Graphiques. 
  • Michel Melot (1996). The Impressionist Print (en inglés). New Haven: Yale University Press. 
  • Theodore Duret (1924). Renoir (en francés). París: Bernheim-Jeune. 
  • Paul Haeserts (1947). Renoir Sculpteur (en francés). Bruxelas: Hermès. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]