Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pedro Focas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Focas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoThema da Capadócia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte977 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Doméstico das escolas (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Pedro Focas (en grego: Πέτρος Φωκᾶς), nado sobre o ano 940 e finado no 977, foi un xeneral eunuco bizantino. Inicialmente foi un escravo da poderosa familia capadocia Focas, foi ascendido a alto cargo militar (stratopedarchos do Leste) e ó rango de patrikios polo Emperador Nicéforo II Focas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo Xurxo Cedreno, ó comezo era só un escravo e membro do séquito persoal de Nicéforo II Focas. Pedro demostrou ser un gran guerreiro e as súas habilidades como xeneral son uniformemente louvadas nas versións contemporáneas. O historiador León o Diácono escribe del que

estaba repleto de forza no corpo

e fai constar que pelexou nun só combate co líder dunha gran tropa de escitas (Rus' ou maxiares) en Tracia. No 967, seguindo a despedida de Xoán Tzimisces como alto comandante das forzas do leste do Imperio Bizantino, Nicéforo designou a Pedro o novo posto de stratopedarchos e deulle todo o poder do exército do leste.

Este novo posto explícase probablemente polo feito de que sendo un eunuco Pedro non podía ocupar o cargo tradicional de Doméstico das Escolas, os cales designaban os comandantes en xefe bizantinos. Neste posto participou na invasión de 968 en Siria por Nicéforo e o posterior longo asedio en Antioquía, que culminou coa caída da cidade a finais do outono de 969.