Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Porto serie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un porto serie é unha interface de comunicacións entre ordenadores e periféricos onde a información se transmite bit a bit, enviando un só bit ó mesmo tempo. Diferenciase así do porto paralelo, no que se envían varios bits á vez.

Porto serie RS-232 macho
Porto serie RS-232 femia

Porto serie tradicional

[editar | editar a fonte]

O porto serie por excelencia é o RS-232(tamén coñecido como COM) que utiliza cablaxe sinxela dende 3 fíos ata 25, e que conecta ordenadores e microcontroladores a todo tipo de periféricos, dende terminais a impresoras e módems, pasando por ratos e teclados.

A interface entre o RS-232 e o microprocesador realízase, xeralmente, mediante o integrado 82c50.

Portos PS/2 femias do teclado (violeta) e do rato (verde)

O RS-232 orixinal tiña un conector tipo D de 25 pins, porén, a maioría deses pins non se utilizaba, polo que IBM incorporou tralo seu PS/2 un conector máis pequeno de tan só 9 pins, que é o que se utiliza na actualidade.

En Europa, a norma RS-422 de orixe alemá é tamén un estándar moi utilizado no ámbito industrial.

Portos serie modernos

[editar | editar a fonte]

Un dos defectos dos portos serie iniciais era a súa lentitude en comparación cos portos paralelos. Non obstante, co paso do tempo están a aparecer multitude de portos serie de alta velocidade que resultan moi interesantes debido ás vantaxes da menor cablaxe. Estes novos portos serie solucionan o problema da velocidade cunha maior cobertura dos cables e resultan máis baratos utilizando a técnica de par trenzado. Por esta razón, o porto RS-232 e mesmo multitude de portos paralelos están a ser substituídos por novos portos serie como o USB, o FireWire ou o Serial ATA.

Un porto de rede pode ser serie ou paralelo.