Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Suídas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suídas
Título orixinalΣοῦδα e Σουΐδας
Autor/avarios autores
OrixeImperio Bizantino
LinguaGrego medieval
Tema(s)lexicón
Xénero(s)enciclopedia
Editorialvalor descoñecido
editar datos en Wikidata ]

Suídas (Suidas, en grego Σουΐδας) ou a Suda (Σοῦδα, Suda) é unha grande enciclopedia bizantina sobre o mundo antigo, escrita en grego sobre o século X. Foi probabelmente escrita por varios eruditos, malia que a miúdo se considerou o nome de Suídas como o do autor, pero Suídas ou Suda é tamén unha palabra grega que quere dicir fortín, guía e por iso tanto se pode falar da Suda como de Suídas.

Características

[editar | editar a fonte]

A enciclopedia ten trinta mil entradas e moitos debuxos, unha parte dos cales se perderon; está ordenada alfabeticamente con algunhas irregularidades. A mesma obra menciona como fonte a Onomatologion de Hesiquio de Mileto, e outras fontes como os resumos de Constantino VII Porfiroxénito, a crónica de Xurxo o Monxe, as biografías de Dióxenes Laercio, e as obras de Ateneo e Filóstrato.

Non se sabe moita cousa da súa compilación. Xa o menciona Eustaquio de Tesalónica no século XII, e di que o autor foi Suídas, un compilador que tratou de recoller todo o saber da época e que viviu entre 976 e 1028. Estrabón menciona un Suídas que escribiu unha historia de Tesalia pero non podería ser o mesmo compilador pola diferenza cronolóxica.

A Suda está a medio camiño entre un dicionario e unha enciclopedia; explica a orixe e a derivación das palabras segundo os coñecementos da época. Os artigos máis valiosos son os da historia da literatura posto que dá datos de autores cuxa obra se perdeu.

Nas edicións da Suda aparece a seguinte nota: Τὸ μὲν παρὸν βιβλίον Σοῦδα, οἱ δὲ συνταξαμἐνοι τοῦτο ἄνδρες σόφοι seguida dunha lista de doce nomes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]