Sisimiut
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Qeqqata | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.582 (2020) (162,27 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 34,4 km² | |||
Creación | 1764 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3911 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | sisimiutcity.com |
Sisimiut, antigamente Holsteinsborg, é unha cidade do concello de Qeqqata, no centro-oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 5 582 habitantes en 2020,[1] é a vila máis poboada e a capital municipal de Qeqqata, así como a segunda cidade por número de habitantes de Groenlandia despois de Nuuk.
Sisimiut é o segundo maior centro de negocios nacional despois de Nuuk, sendo a pesca a principal industria. Desde o punto de vista arquitectónico, Sisimiut é unha mestura de vivendas unifamiliares tradicionais e vivendas comunitarias, con bloques de apartamentos levantados na década de 1960 durante un período de expansión da cidade. Sisimiut aínda está en expansión, coa zona ao norte do porto, á beira da pequena baía de Kangerluarsunnguaq reservada para vivendas modernas de estilo suburbio que se construíron na década de 2010. Varias escolas profesionais e xerais teñen a súa sede en Sisimiut, que proporcionan educación aos habitantes da cidade e aos dos asentamentos máis pequenos da rexión. O novo Centro Cultural Taseralik é o segundo centro cultural que se establece en Groenlandia, despois de Katuaq en Nuuk.
Demografía
[editar | editar a fonte]Sisimiut é unha das cidades de máis rápido crecemento en Groenlandia,[2] con emigrantes dos asentamentos máis pequenos que reforzan a tendencia. Ademais de Kangerlussuaq, é o único asentamento do municipio de Qeqqata que presenta padróns de crecemento estables nas últimas dúas décadas.
Gráfica de evolución demográfica de Sisimiut entre 1991 e 2010 |
Fonte:Statistics Greenland.[3] |
Transporte
[editar | editar a fonte]A cidade ten a súa propia liña de autobuses e o porto libre de xeo durante todo o ano máis ao norte do país, sendo unha base de transporte marítimo para o oeste e o noroeste de Groenlandia. Os buques de abastecemento diríxense desde o porto comercial cara a asentamentos máis pequenos nas rexións máis remotas do fiorde de Uummannaq, o arquipélago de Upernavik e ata Qaanaaq, no norte de Groenlandia. O aeroporto de Sisimiut, no que opera Air Greenland, ofrece conexións con outras cidades da costa occidental de Groenlandia e, a través do aeroporto de Kangerlussuaq, con Europa.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Porto de Sisimiut.
-
Casa unifamiliar típica.
-
Bloque de apartamentos de Sisimiut.
-
Aeroporto de Sisimiut.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Statistics Greenland, Population in localities
- ↑ Statistics Greenland (ed.). "Statistics Greenland". Consultado o 7 de abril de 2011.
- ↑ Air Greenland (ed.). "Booking system". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2010. Consultado o 2 de xullo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sisimiut |