Semente de xirasol
As sementes de xirasol son sementes comestíbeis dos aquenios do xirasol (Helianthus annuus). Adoitan venderse con ou sen casca, torradas e salgadas como aperitivo, coñecido como pebidas. Tamén son comúns as pebidas de cabaza[1][2]. Existen distintas variedades de pebids, dependendo da variedade de xirasol; ademais de se empregar na alimentación humana, algunhas delas empréganse en alimentación animal, especialmente de aves, en cuxo caso non se salgan.
Historia
[editar | editar a fonte]En orixe, o xirasol bravo procede de América do Norte e Centroamérica, aínda que a comercialización da planta aconteceu por vez primeira en Rusia. Porén, os nativos americanos empregaron diferentes cultivares, cuxa produción de sementes era diversa: habíaas de cor do mel, abrancazadas, e a variedade máis coñecida, a pebida con raias brancas e negras.[3][4]
Ditos nativos empregaban as sementes de xirasol de diversa forma: podían moer a semente e utilizala para facer tortas en forma de pan. En ocasións mesturaban as sementes con cabaza ou millo. É moi probábel que incluso fabricasen un aceite que utilizasen na elaboración do pan. Outros usos alleos á alimentación eran: como colorante, tinguindo roupas ou o propio corpo, con función decorativa; e como aceite, empregado na pel e o cabelo. Había cerimonias onde tanto a semente de xirasol como a propia planta eran un elemento utilizado.
Valor nutritivo
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 2 445 kJ (584 kcal) |
20 g | |
Azucres | 2.62 g |
Fibra alimentaria | 8.6 g |
51.46 g | |
Saturadas | 4.455 g |
Monoinsaturadas | 18.528 g |
Poliinsaturadas | 23.137 g |
20.78 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 129% 1.48 mg |
Riboflavina (B2) | 30% 0.355 mg |
Niacina (B3) | 56% 8.335 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 23% 1.13 mg |
Vitamina B6 | 103% 1.345 mg |
Ácido fólico (B9) | 57% 227 μg |
Colina | 11% 55.1 mg |
Vitamina C | 2% 1.4 mg |
Vitamina E | 234% 35.17 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 8% 78 mg |
Ferro | 40% 5.25 mg |
Magnesio | 92% 325 mg |
Manganeso | 93% 1.95 mg |
Fósforo | 94% 660 mg |
Potasio | 14% 645 mg |
Sodio | 1% 9 mg |
Cinc | 53% 5 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 4.7 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
As pebidas de xirasol son un alimento hipergraxo, moi rico en minerais e con algunhas vitaminas. Conteñen por cada 100 g de produto, 49,57 g de lípidos, 8,76 g de glícidos e 22,78 g de proteínas. Teñen unha porcentaxe de materia seca de 92,53%, de extracto etéreo de 32,65%, de fibra crúa de 26,61%, de cinzas de 3,72% e de extracto libre de nitróxeno de 16,08%. O seu valor enerxético por cada 100 g es de 570 kcal ou 2.390 kJ. En canto á súa composición en vitaminas e minerais (por cada 100 g de produto) destacan, polo seu alto contido, o fósforo, con 705 mg; o magnesio, con 354 mg; e maila vitamina E, con 4,5 mg.
Comercialización
[editar | editar a fonte]Son comercializadas torradas con sal ou sen ela. Tamén é posíbel atopalas sen a casca, recibindo logo o nome de “pebidas peladas”.
Países produtores
[editar | editar a fonte]Principais produtores - 2012 (millóns de toneladas métricas) | |||||
---|---|---|---|---|---|
1 | Ucraína | 8,39 | |||
2 | Rusia | 7,99 | |||
3 | Arxentina | 3,34 | |||
4 | China | 2,37 | |||
5 | Francia | 1,57 | |||
6 | Romanía | 1,40 | |||
7 | Bulgaria | 1,39 | |||
8 | Turquía | 1,37 | |||
9 | Hungría | 1,32 | |||
10 | Estados Unidos | 1,26 | |||
Total mundial | 37,07 | Fonte: FAO[5] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Cómpre evitar o castelanismo pipas
- ↑ Historia del Girasol en National Sunflower Association
- ↑ Albert A. Schneiter, ed. - Sunflower Technology and Production, The American Society of Agronomy, No. 35, 1997, p. 1-19.
- ↑ "FAOSTAT". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Semente de xirasol |