Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sam Raimi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSam Raimi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Royal Oak, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Míchigan
Birmingham Groves High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, montador, actor de cinema, produtor delegado, produtor de cinema, guionista, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGillian Greene (1993–2024), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosLorne Raimi, Henry Raimi, Oliver Raimi Editar o valor en Wikidata
IrmánsTed Raimi Editar o valor en Wikidata
ParentesLorne Greene, husband's father Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000600 Allocine: 3556 Rottentomatoes: celebrity/sam_raimi Allmovie: p107427 201036 Metacritic: person/sam-raimi TV.com: people/sam-raimi
BNE: XX1276419 Musicbrainz: e7d2fbaa-5215-474b-970c-2f598c06329b Discogs: 1710849 Editar o valor en Wikidata

Samuel M. Raimi,[1] nado en Royal Oak (Míchigan) o 23 de outubro de 1959,[2] é un director, produtor e guionista estadounidense.[3] Raimi é recoñecido polo seu traballo na dirección na triloxía sobre a personaxe de Spider-Man, estreada durante a década de 2000, ademais de polo seu labor como director de filmes de terror de baixo orzamento como a triloxía de The Evil Dead, que foi un dos seus primeiros proxectos.[3]

Tamén participou en filmes realizados por colegas seus,[3] como os irmáns Coen, para os que tamén foi axudante de dirección. Na década de 1990 tamén traballou para a televisión, como produtor de series como Hercules: The Legendary Journeys e Xena: Warrior Princess.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Raimi naceu no seu dunha familia de emigrantes xudeus de Rusia, por liña paterna, e de Hungría, pola materna.[4] Foi educado no xudaísmo conservador.[5][6] Raimi ten un irmán máis vello, o guionista Ivan Raimi,[4] e un máis novo, o actor Ted Raimi.[7] A súa irmá máis vella Andrea Raimi Rubin, é reporteira de tribunais.[8] Outro irmán máis vello, Sander, faleceu afogado con quince anos; Raimi dixo que o trauma uniu fortemente o resto da familia.[9] Raimi tamén mencionou que Sander foi que lle amosou a Spider-Man, iniciando o seu amor polas bandas deseñadas.[10]

Sam Raimi comezou a afeccionarse á realización aos 13 anos, grazas a unha primitiva cámara de vídeo que tiña un amigo seu. Ata a edición de The Evil Dead, gravara uns trinta filmes de prácticas.[5] O máis coñecido entre os seus amigos foi The Happy Valley Kid: The Story of a Sudden Driven Mad, a historia dun universitario que é humillado polos seus compañeiros e abandonado pola súa moza ata que tolea e acaba con todos eles.[5]

En 1978, rodou unha curtametraxe de 32 minutos titulada Within the Woods que foi protagonizada polos seus amigos da Universidade de Míchigan Bruce Campbell e Ellen Sandweiss. Está considerada unha precuela de The Evil Dead. Un sólido apoio por parte da crítica e o permiso de varios exhibidores para amosar a curta axudaron a consolidar a validez do proxecto.[11] Como resultado, Raimi comezou a traballar na longametraxe.

En 1981 escribiu e dirixiu unha das obras máis innovadoras da serie B, The Evil Dead, unha acertada combinación de humor negro, terror sobrenatural e cinema gore. Igual que Within the Woods, foi protagonizada por Bruce Campbell e Ellen Sandweiss e participaron tamén Richard DeManincor, Betsy Baker e Theresa Tilly. Nela, Raimi creou a icónica personaxe da saga Ash Williams, personificada por Bruce Campbell.

Tralo fracaso do seu filme Crimewave, Raimi rodou a secuela Evil Dead II (1987). Os primeiros minutos do filme volven contar a historia da primeira parte cambiando algúns elementos. O plan de Raimi era utilizar escenas de The Evil Dead, mais debido a problemas coas distribuidoras tivo que rodar de novo as escenas.[12] A secuela contou cun orzamento de 3,6 millóns de dólares,[13] case dez veces maior ca o de The Evil Dead.

Unha terceira parte da saga, titulada Army of Darkness, foi estreada en 1992. A historia está ambientada no ano 1300, época á que foi transportado Ash tras ser atrapado por un portal creado ao final de Evil Dead II. A diferenza das dúas primeiras partes, esta caracterizouse por ser máis cómica que terrorífica. O proxecto tivo un orzamento estimado de 13 millóns de dólares.[14]

Ao longo da súa traxectoria como realizador, Raimi creou unha gran variedade de filmes que van desde a comedia de slapstick[15][16] ata o terror máis gore. Entre elas esta a saga de éxito Spider-Man, protagonizada polo actor Tobey Maguire, que contou con cameos de Bruce Campbell e do creador do superheroe Stan Lee, con quen Raimi trabou unha grande amizade. Ademais, Raimi é un activo produtor.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Raimi casou en 1993 con Gillian Greene, filla do actor Lorne Greene. Teñen cinco fillos, dos cales tres (Emma Rose, Lorne e Henry) apareceron como extras en Drag Me to Hell e na batalla final do filme Spider-Man 3.[17]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Director Guionista Produtor Notas
1977 It's Murder! Si Si Si Filme afeccionado
Tamén montador e mesturador de son sen acreditar
1981 The Evil Dead Si Si Executivo
1985 Crimewave Si Si Non Coescrito cos irmáns Coen
1987 Evil Dead II Si Si Non Coescrito con Scott Spiegel
1989 Easy Wheels Non Si Non Coescrito con Ivan Raimi e David O'Malley (acreditado como "Celia Abrams")
1990 Darkman Si Si Executivo Coescrito con Chuck Pfarrer, Ivan Raimi, Daniel Goldin e Joshua Goldin
1992 The Nutt House Non Si Non Argumento co escrito con Scott Spiegel e Ivan Raimi
Guión coescrito con Bruce Campbell e Ivan Raimi (acreditado como "Alan Smithee Jr.")
Army of Darkness Si Si Non Coescrito con Ivan Raimi
Tamén montador (acreditado como "R.O.C. Sandstorm")
1994 The Hudsucker Proxy Non Si Non Coescrito cos irmáns Coen
Tamén director da segunda unidade
1995 The Quick and the Dead Si Non Non
1998 A Simple Plan Si Non Non
1999 For Love of the Game Si Non Non
2000 The Gift Si Non Non
2002 Spider-Man Si Non Non
2004 Spider-Man 2 Si Non Non
2005 Man with the Screaming Brain Non Argumento Non Argumento coescrito con Bruce Campbell e David Goodman (acreditado como "R.O.C. Sandstorm")
2007 Spider-Man 3 Si Si Non Coescrito con Ivan Raimi e Alvin Sargent
2009 Drag Me to Hell Si Si Non Coescrito con Ivan Raimi
2013 Oz: The Great and Powerful Si Non Non
2022 Doctor Strange in the Multiverse of Madness Si Non Non
  1. Luke Savage (7 de marzo de 2013). "Sam Raimi interview: Oz, Warcraft, The Shadow, Spider-Man". Den of Geek. Dennis Publishing. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. ...IMDB. They’ve added a name to me, they’ve called me Samuel Marshall Raimi, and I never knew I had a middle name. I have a middle initial, 'M'. 
  2. "Sam Raimi: Director, Producer, Screenwriter". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. Birth Place: Royal Oak, Michigan, USA. Born: October 23, 1959 
  3. 3,0 3,1 3,2 Luke, Savage. "Sam Raimi interview: Oz, Warcraft, The Shadow, Spider-Man". Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Aushenker, Michael (April 25, 2002). "Spider-Mensch: The Jewish roots of director Sam Raimi and 'Spider-Man'". Jewish Journal. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Sam Raimi Biography (2006–)". Filmreference.com. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  6. Pfefferman, Naomi (22 de agosto de 2012). "Sam Raimi's latest horror flick draws on 'true' tale, Jewish exorcism". Jewish Journal. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2013. Raimi — who grew up in a Conservative Jewish home in Detroit.... 
  7. "Ted Raimi Biography (1965-)". Filmreference.com. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  8. Headapohl, Jackie (7 de marzo de 2013). "Made In Michigan". The Jewish News (Detroit). Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2019. 
  9. "Sam Raimi: Man behind the mask". The Independent (UK). 15 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  10. Finke, Nikki; Fleming, Mike (11 de xaneiro de 2010). "'Spider-Man 4' Scrapped; Sam Rami & Tobey Maguire & Cast Out; Franchise Reboot for 2012". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2011. Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  11. Egan, Kate (2011). The Evil Dead. Wallflower Press. pp. 26–28. ISBN 978-1-906660-34-5. 
  12. McCharge, Brad (12 de xullo de 2011). "‘Evil Dead 4,’ and Why ‘Evil Dead II’ is Not a Remake". Mile High Cinema (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016. 
  13. "Evil Dead II (1987) - Box office / business". IMDb (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2016. 
  14. "Army of Darkness (1992) - Box office / business". IMDb (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2016. 
  15. Perno, G. S. (2020-06-17). "Directors' Trademarks: Sam Raimi". Cinelinx | Movies. Games. Geek Culture. (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  16. Gibron, Bill (2006-10-04). "Depth of Field: Sam Raimi – Horror's Stylistic Savior, PopMatters". PopMatters (en inglés). Consultado o 2021-11-30. 
  17. "Sam Raimi Returns to Horror Film Roots With 'Drag Me to Hell'" (en inglés). ABC News. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]