Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Salva Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSalva Sevilla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Berja, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005   Club Polideportivo Ejido 11(2)
2004–2005 cesión Atlético de Madrid C
2004–2008   Sevilla Atlético 88(11)
2005–2005 cesión   Atlético de Madrid B 1(0)
2008–2010 UD Salamanca 77(19)
2010–2014   Real Betis Balompié 118(12)
2014–2017   RCD Espanyol 56(1)
2017–2022   RCD Mallorca 186(25)
2022–2023   Deportivo Alavés 42(4)
2023–2024   Deportivo da Coruña 21(1)

Twitter: SalvaSevilla14 Editar o valor en Wikidata

Salvador Sevilla López, coñecido como Salva Sevilla, nado o 18 de marzo de 1984 en Berja (Almería), é un futbolista español, que xoga de centrocampista. Desenvolveu a súa carreira principalmente entre a Primeira e a Segunda División, sumando entre ambas 426 partidos e 56 goles. Vestiu as camisetas de varios clubs, entre eles o Mallorca ou o Betis, e conseguiu sete ascensos de categoría ao longo da súa carreira, tres deles co equipo balear.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do desaparecido Poli Ejido, no que tamén xogou seu irmán José Antonio, e debutou co primeiro equipo na Segunda División na tempada 2003/04, da man do adestrador Quique Setién.[1][2] Foi nun partido da Copa do Rei ante o Lanzarote no que marcou dous goles, aínda que o seu equipo acabou perdendo 4-2.[2] Despois de disputar 11 partidos esa tempada, para a seguinte saíu cedido ao Atlético de Madrid C, da Terceira División (xogou tamén un partido co Atlético B en Segunda B).

Sevilla Atlético

[editar | editar a fonte]

Entre 2005 e 2008 xogou no Sevilla Atlético, co que conseguiu un ascenso á Segunda División na tempada 2006/07. Xogou un total de 88 partidos oficiais co filial sevillista, marcando 11 goles.

Salamanca

[editar | editar a fonte]

Nas tempadas 2008/09 e 2009/10 militou no Salamanca, sendo un dos xogadores máis destacados e un fixo nas aliñacións iniciais do equipo salmantino, co que sumou un total de 77 partidos e 20 goles.[3][4]

En xullo de 2010 fichou polo Betis, tamén de Segunda División. Na súa primeira campaña foi un dos xogadores máis utilizados polo adestrador Pepe Mel, disputando un total de 39 partidos dunha tempada que concluíu co Betis como campión e co ascenso directo a Primeira.[5] Na tempada 2012/13 o equipo de Mel rematou sétimo e na seguinte campaña competiu na Europa League. Salva Sevilla marcou un dos goles do seu equipo no histórico derbi sevillano disputado nos oitavos de final da competición europea.[5] Deixou o Benito Villamarín en 2014, despois de catro tempadas, 118 partidos e 12 goles.

A continuación fichou polo Espanyol, no que militou durante tres anos, todos na máxima categoría. Foi o autor do primeiro gol da liga na tempada 2015/16, nun partido contra o Getafe no que superou de falta directa ao gardameta Vicente Guaita, sendo este o seu único tanto coa camiseta do equipo catalán.[6]

En 2017 baixou dúas categorías para xogar co Mallorca na Segunda División B. Titular indiscutible no equipo de Vicente Moreno durante os seguintes anos, logrou dous ascensos consecutivos e volveu xogar na Primeira División na tempada 2019/20. Aínda que o equipo balear descendeu ao remate desa campaña, conseguiu un novo ascenso na 2020/21, con Luis García como adestrador, sendo protagonista no partido de volta da final da promoción de ascenso, ao anotar un dos tres goles cos que o seu equipo remontou a eliminatoria ante o Deportivo da Coruña.[7] Deixou o equipo en 2022, cun balance de 186 partidos, 25 goles e 21 asistencias.[8]

Na tempada 2022/23 xogou co Alavés en Segunda, poñéndose de novo ás ordes de Luis García, e logrou un novo ascenso. Foi unha das pezas fundamentais do equipo, contribuíndo cun total de 42 partidos e 4 goles.[7]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

No verán de 2023, con 39 anos de idade, fichou como novo xogador do Deportivo da Coruña, na Primeira Federación.[7] Despois dunhas semanas recuperando a forma física, debutou co club na quinta xornada de liga e acabou facéndose coa titularidade pouco despois. O seu protagonismo caeu drasticamente na segunda volta, na que o adestrador Idiakez apenas lle deu minutos.

Con todo, o equipo proclamouse campión e conseguiu o ascenso á Segunda División, sendo este o sétimo ascenso na carreira de Salva Sevilla.[9] O xogador contribuíu cun total de 21 partidos, 15 deles como titular, e un gol. Ademais, co seu derradeiro encontro ante o Castellón converteuse no terceiro futbolista de máis idade en xogar co Deportivo da Coruña, con 40 anos, 2 meses e 7 días, sendo superado só por Donato e Manuel Pablo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Sevilla Atlético
Betis
Mallorca
Deportivo da Coruña
  1. "Salva Sevilla asegura que «me fui del Poli buscando un club que confiara en mí»" (en castelán). 5 de outubro de 2007. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Setién confía en Salva en la Liga". As (en castelán). 11 de outubro de 2003. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  3. "Entrevista a Salva Sevilla, jugador del Real Betis, sobre el derbi contra Sevilla" (en castelán). 9 de abril de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  4. "El Betis ficha a Salva Sevilla por cuatro temporadas". As (en castelán). 3 de xullo de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 "Salva Sevilla deja claro su beticismo: "Nunca os podré devolver lo que me habéis dado"" (en castelán). 21 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  6. "Salva Sevilla marcó el primer gol de la Liga... ¡y qué gol!". Marca (en castelán). 23 de agosto de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Salva Sevilla: veteranía, polémica y un imán de ascensos". As (en castelán). 31 de agosto de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  8. "Salva Sevilla es el primer fichaje del Alavés 2022-2023" (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2023. 
  9. "El ‘talismán’ Salva Sevilla prolonga su racha de ascensos". DxT Campeón (en castelán). 14 de maio de 2024. Consultado o 9 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]