Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oncorhynchus kisutch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salmón coho»)

Salmón prateado / Salmón coho
Oncorhynchus kisutch
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Oncorhynchus
Especie: O. kisutch
Nome binomial
Oncorhynchus kisutch
Walbaum, 1792
Macho na época da reprodución.

Oncorhynchus kisutch (do ruso кижуч kizhuch), tamén coñecido como salmón prateado [1], salmón coho ou salmón do Pacífico, é unha especie de peixe osteíctio, eurihalino e anádromo, da familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos que vive no océano Pacífico norte.

Catacterísticas

[editar | editar a fonte]

Durante a súa etapa oceánica, ten os flancos prateados e o lombo azul escuro. Durante a súa etapa de reprodución, as mandíbulas e dentes cúrvanse en forma de gancho, e desenvolven cores rechamantes, nos flancos vermella brillante, na cabeza e o dorso verde azulada, con manchas escuras no dorso e o ventre escuro. Durante a maduración sexual desenvolve unha difusa mancha rosa ao longo do ventre e os machos poden amosar un lixeiro arqueamento no lombo.

Ten unha lonxitude media de 97 cm e un peso de 3 a 5 kg, aínda que se informou de casos de animais de até 16 kg.

As femias maduras poden ser máis escuras cós machos.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Encóntrase principalmente en augas costeiras, non adentrándose en mar aberto como moitas outras especies de salmóns. Tamén se encontra en auga doce durante o seu primeiro ano de vida e, máis tarde, durante a desova.

Nos ríos, prefire correntes de auga de curso relativamente lento, e con leitos de grava fina. No océano, tende a vivir máis preto das costas que en mar aberto.

Habita nas costas e ríos do Pacífico norte, desde a Baixa California até Alasca.

Acuicultura

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Acuicultura de salmónidos.

O cultivo en gaiolas no mar de salmón prateado vén facéndose dende fai case medio século, aínda que con escasa produción até 1980, data a partir da cal establecéronse no sur de Chile unha gran cantidade de granxas con gaiolas mariñas, país que no 2004 producía máis de 100.000 toneladas, o que representa preto do 90 % da produción mundial desta especie.[2]

  1. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 60.
  2. Fairgrieve, W., 2006-2010. "Cultured Aquatic Species Information Programme". En: FAO Fisheries and Aquaculture Department [online] (en castelán). Consultada o 9 de setembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eschmeyer, W. N. (ed.) (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Esteve, Manu (2005): "Observations of spawnig behaviour in Salmoninae: Salmo, Oncorhynchs and Salvelinus". Reviews in Fish Biology and Fischeries 15: 1-21.
  • Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): Salmoniformes en FishBase.
  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. Cuarta edición. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Sepkoski, Jack (2002): "Osteichthyes", en "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletin of American Paleontology 364: 560. HTML texto completo Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]