Neártico
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Neártico, Neoártico ou rexión Neártica é unha das oito ecozonas terrestres que dividen a superficie da Terra. Xunto coa ecozona Paleártica constitúe a rexión Holártica.
A ecozona do Neártico abarca a maior parte de Norteamérica, incluíndo Groenlandia e as montañas do norte de México. Pero México meridional, o sur da Florida, América Central e as illas do Caribe forman parte da ecozona Neotropical, xunto con Suramérica.
O Neártico subdivídese en catro biorrexións:
- Escudo Canadense
- Leste de Norteamérica
- Oeste de Norteamérica
- Norte de México
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |