Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Multiestabilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplos de padróns visualmente ambiguos.

Os fenómenos da percepción multiestábel [1] son un raro aspecto da percepción visual, caracterizado pola secuencia de cambios subxectivos espontáneos.

A multiestabilidade perceptiva xorde na observación de patróns visuais demasiado ambiguos para seren recoñecidos polo sistema visual cunha única interpretación, na que a alternancia entre dous estados perceptivos é frecuente. Exemplos famosos inclúen o cubo de Necker, a rivalidade monocular e a rivalidade binocular, pero hai moitos máis fenómenos de ambigüidade visual e obxectos imposíbeis.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As transicións entre unha das perceptivas e outra chámanse reversións perceptivas. Son casos de espontaneidade estocástica que non se poden eliminar sempre mediante esforzos intencionados, aínda que se pode desenvolver un certo control do proceso. O número de reversións varía drasticamente entre estímulos e observadores e dise que é máis lento ou en menor medida en individuos con trastorno bipolar.[2]

Moitos exemplos de multiestabilidade perceptiva poden atoparse nas artes, xa en tempos de Arcimboldo, sendo moi comúns na Op art e en obras de artistas como a MC Escher, Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Jasper Johns, Oscar Reutersvärd, Victor Vasarely, Orosz István, Sandro del Prete, Bridget Riley, Patrick Bokanowski, Charles Allan Gilbert, Jonty Hurwitz, Dick Termes, Shigeo Fukuda, Patrick Hughes, Gianni Sarcone, Ben Heine, Rob Gonsalves, Octavio Ocampo, Oleg Shupliak, Erik Johansson ou Akiyoshi Kitaoka.

  1. Beatriz Sousa Santos, Percepção Visual, Alguns aspectos relevantes para a Visualização[Ligazón morta], Universidade de Aveiro, 2013.
  2. UQ-PsychMed Arquivado 03 de outubro de 2018 en Wayback Machine. S. Miller; B. Gynther, K. Heslop, G. Liu, P. Mitchell, T. Ngo, J. Pettigrew, L. Geffen, Slow binocular rivalry in bipolar disorder, Psychological Medicine, 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]