Mira Furlan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1955 Zagreb, Croacia |
Morte | 20 de xaneiro de 2021 (65 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Virus do Nilo Occidental |
Educación | Academy of Dramatic Art (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, cantante |
Período de actividade | 1975 - 2016 |
Familia | |
Cónxuxe | Goran Gajić |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | mirafurlan.net |
|
Mira Furlan, nada o 7 de setembro de 1955 en Zagreb e finada nos Ánxeles o 20 de xaneiro de 2021,[1][2] foi unha actriz e cantante croata radicada nos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Furlan naceu no seo dunha familia cun gran número de profesores universitarios en Zagreb, que entón formaba parte da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia (na actualidade, capital de Croacia). Súa nai era croata-xudía e seu pai de orixe eslovena-croata.[3]
Graduouse na Academia de Artes Dramáticas en Zagreb e conseguiu un título universitario, equivalente a un B.F.A., en teatro[3]
Foi membro do Teatro Nacional Croata e apareceu con frecuencia en filmes e televisión iugoslava, incluíndo a obra gañadora do Festival de Cannes en 1985, Otac na službenom putu.
Por mor das circunstancias políticas na súa terra natal, emigrou ós Estados Unidos xunto co seu marido, Goran Gajić, en novembro de 1991.
Fíxose coñecida nos Estados Unidos por interpretar o papel de Delenn, a embaixadora Minbari, nos 111 episodios da serie de televisión de ciencia ficción Babylon 5 (1993-1998) e nas dúas películas de televisión.[1] O recoñecemento internacional chegoulle da man do papel de Danielle Rousseau na serie de televisión da ABC Lost, interpretado entre 2004 e 2010.[1]
En 1998, publicou Songs From Movies That Have Never Been Made, un CD que suspuxo a súa incursión na música como cantante.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Díaz, Johnny (22 de xaneiro de 2021). "Mira Furlan, Actress on ‘Lost’ and ‘Babylon 5,’ Dies at 65". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (22 de xaneiro de 2021). "Muere a los 65 años Mira Furlan, actriz de 'Perdidos' y 'Babylon 5'". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 ""Lost" Actress Finds New Life in Hollywood" (en inglés). 10 de abril de 2006. Archived from the original on 27 de maio de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Mira Furlan". discogs.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mira Furlan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)