Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Meliáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meliaceae

Árbore de Santo Outelo (Melia azaderach) a florear
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Meliaceae
Juss.
xéneros

Véxase no texto

Sinonimia
  • Aitoniaceae Harv.
  • Cedrelaceae R. Br.[1]

As meliáceas (Meliaceae) é unha familia de plantas anxiospermas dicotiledóneas, con follas alternas, flores en panícula e froito en casula. Definición no dicionario da RAG. É unha familia amplamente distribuída nos trópicos e subtrópicos, con algúns representantes nas zonas temperadas. Ocupa gran variedade de hábitats, que van desde bosques chuviosos até áreas semidesérticas. A familia Meliaceae está representada por 51 xéneros con aproximadamente 575 especies. No Neotrópico repórtanse 120 especies situadas en 14 xéneros, dos cales só oito son identificados como nativos da rexión neotropical: Cabralea, Carapa, Cedrela, Guarea, Ruagea, Schmardea, Swietenia e Trichilia. O xénero tipo é Melia. A esta familia pertencen especies tan populares coma o cinamomo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Árbores ou arbustos, xeralmente con madeira dura e colorida; poligamomonoicos ou poligamodioicos. Follas persistentes ou deciduas, alternas, de cando en cando opostas ou arranxadas en espiral, pinnado-compostas, bipinnadas ou menos frecuente 3-folioladas ou de cando en cando 1-folioladas, exestipuladas; folíolos con marxe enteira, aserrada ou lobada, con glándulas secretoras ou nectarios extraflorais, pelos escamosos en liñas ou papilas ou puntos pelúcidos no envés. Inflorescencias axilares ou terminais, en tirsos, panículas, acios, espigas, corimbos, umbelas, cimas simples ou compostas. Flores bisexuais e/ou unisexuais (con órganos vestixiais do sexo oposto), 4-5(-7)-meras, lobos ceibos ou connatos na base; cáliz imbricado, de cando en cando valvado; corola imbricada ou convoluta, pétalos alternos a sáibaos #o, adnatos ao tubo estaminal; estambres 8-10(-25), filamentos connatos parcial ou totalmente nun tubo estaminal, de cando en cando ceibos, con dentes (apéndices) entre ou fóra das anteras, opostos ou alternos a elas, anteras ditecas, dehiscencia longitudinal; disco nectarífero anular, ás veces adnato ao ovario, intraestaminal, ocasionalmente formando un androxinóforo; ovario súpero, 2-5-carpelar, 4-5(-20)locular; placentación axilar, óvulos 1(-16) por lóculo, estilo alongado, estigma capitado ou discoidal. Cápsulas, bagas ou drupas; sementes xeralmente ariladas, alada ou cun tegumento envolvente delgado, endospermo presente ou ausente. Número cromosómico 2n = 16.

Algunhas especies utilízanse coma biodiésel, para elaboración de xabóns e a moi apreciada madeira de caoba ou acaxú.

Algunhas das especies con importancia económica:

Aglaia odorata
  • Aglaia
  • Anthocarapa
  • Aphanamixis
  • Astrotrichilia
  • Azadirachta
  • Cabralea
  • Calodecarya
  • Capuronianthus
  • Carapa
  • Cedrela
  • Chisocheton
  • Chukrasia
  • Cipadessa
  • Dysoxylum
  • Ekebergia
  • Entandrophragma
  • Guarea
  • Heckeldora
  • Humbertioturraea
  • Khaya
  • Lansium
  • Lepidotrichilia
  • Lovoa
  • Malleastrum
  • Melia
Melia azederach L., falsa caoba, flores vermellas e follas bipinnadas.
Melia azadirachta
  • Munronia
  • Naregamia
  • Neobeguea
  • Owenia
  • Pseudobersama
  • Pseudocarapa
  • Pseudocedrela
  • Pterorhachis
  • Reinwardtiodendron
  • Ruagea
  • Sandoricum
  • Schmardaea
  • Soymida
  • Sphaerosacme
  • Swietenia
  • Synoum
  • Toona
  • Trichilia
  • Turraea
  • Turraeanthus
  • Vavaea
  • Walsura
  • Xylocarpus

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Aitoniaceae, Cedrelaceae, Swieteniaceae.
  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Liña]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?704 Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (18 June 2014)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • http://www.redalyc.org/articulo.oa?ide=86215605008
  • http://www.ibiologia.unam.mx/BIBLIO68/fulltext/fasiculosfloras/f42_meli.pdf