Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Zenón de Somodevilla y Bengoechea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Marqués da Ensenada»)
Modelo:BiografíaZenón de Somodevilla y Bengoechea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1702 Editar o valor en Wikidata
Hervías, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1781 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Medina del Campo, España Editar o valor en Wikidata
Marquis of La Ensenada (en) Traducir Marquisate of La Ensenada (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarquis of La Ensenada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX935466

Zenón de Somodevilla y Bengoechea, nado en Hervías (A Rioxa), probablemente o 20 de abril (día de san Zenón) de 1702 e finado en Medina del Campo o 2 de decembro de 1781,[1] máis coñecido co nome de marqués de la Ensenada, foi un político e ilustrado castelán.

Foi Conselleiro de Estado, sucesivamente, nos reinados de Filipe V, Fernando VI e Carlos III. Tamén ostentou moitos outros cargos como secretario de Facenda, de Guerra e Mariña e de Indias. Igualmente, foi nomeado sucesivamente superintendente xeral de Rendas, lugartenente xeral do Almirantado, secretario de Estado, notario dos reinos de España e Cabaleiro do Vélaro de Ouro e da Orde de Malta.

Foi o encargado de executar a denominada Gran Redada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro artífice dun programa de despotismo ilustrado e o paradigma dos políticos que ían dirixir España polos seus méritos e non polos seus títulos. De orixe humilde, fillo dun fidalgo pobre rioxano, chegaría ser ministro de Facenda, Guerra e Indias co rei Fernando VI. Político fundamental na historia do século XVIII, serviu a tres reis: Filipe V, Fernando VI e Carlos III.

Hai que destacar del a reforma que tentou levar adiante sobre o sistema fiscal imperante, a magna pescuda catastral coñecida polo nome de Catastro de Ensenada, de maneira que os diferentes tributos que percibía o Estado se unificaran nun único imposto, proxecto saldado cun gran fracaso. A maior obra de Ensenada foi a a súa espectacular reorganización dos estaleiros e a construción de potentes buques de guerra. Tamén como político ilustrado destacou no impulso das obras públicas, como a construción de canais —coma o de Castela— e a mellora de camiños (como o de Madrid ó Guadarrama e de Burgos a Santander).

A Gran Redada

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Gran Redada.

En 1749 executou, xunto co bispo de Oviedo Gaspar José Vázquez Tablada, un plano denominado Gran Redada que pretendía o exterminio biolóxico do pobo xitano[2] en España e que, naquela altura, foi tamén coñecido como Prisión Xeral de ciganos. Tralo arresto, e decretado que debían de permanecer cativos até a morte, os ciganos foran separados en dous grupos: os nenos maiores de sete anos e os homes foron escravizados nos arsenais da Mariña española, como foi o caso do arsenal da Graña en Ferrol[3], e as mulleres e os meniños menores de sete anos foron escravizadas en fábricas ou ingresadas na cadea. A separación das familias tiña o obxectivo de evitar novos nacementos. Esta práctica xenocida durou até o ano 1765, mais sempre contando coa forte resistencia das mulleres e mais dos homes, como foi no caso das revoltas e fuxidas na Casa de Misericordia en Zaragoza[4]. Calcúlase que entre 9 000 e 12 000 ciganos sofreron persecución, cadea ou escravitude neste período[5].

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

En Ferrol hai dúas estatuas adicadas á súa figura. Unha, nos xardíns de San Francisco, feita por César Lombera[6]. Outra, un busto, no parque Raíña Sofía.

  1. Gómez Urdáñez, José Luis. "Zenón de Somodevilla y Bengoechea". Diccionario biográfico (en castelán). Consultado o 14-8-2019. 
  2. Martínez Martínez, Manuel (2014). Los gitanos y las gitanas de España a mediados del siglo XVIII : el fracaso de un proyecto de "exterminio" (1748-1765). Almería: Universidad de Almería. p. 23. ISBN 9788416027316. OCLC 884722358. 
  3. Martínez Martínez, Manuel (2014). Los gitanos y las gitanas de España a mediados del siglo XVIII : el fracaso de un proyecto de "exterminio" (1748-1765). Almería: Universidad de Almería. p. 60. ISBN 9788416027316. OCLC 884722358. 
  4. Márquez García, María Jesús (2015-10-22). "Los gitanos y gitanas de España a mediados del siglo XVIII. El fracaso de un proyecto de “exterminio” (1748-1765)". Social and Education History 4 (3): 312. ISSN 2014-3567. doi:10.17583/hse.2015.1737. 
  5. nicolasjimenezgonzalez (2017-07-25). "Para conocer la Gran Redada" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-13.  Arquivado 13 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
  6. P, Redacción. "Ferrol homenajea al Marqués de la Ensenada con una estatua en los jardines de San Francisco". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-08-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gómez Urdáñez, José Luis (1995). El proyecto reformista de Ensenada. Col. Hispania Nº 3 (en castelán). Lleida: Ed. Milenio. ISBN 978-84-921502-5-0. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]