Mario Soriano
Soriano | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mario Soriano Carreño | ||
Nacemento | 22 de abril de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Alcalá de Henares | ||
Altura | 1,63 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Eibar | ||
Número | 30 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007–2020 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2019–2021 | Atlético de Madrid B | 23 | (1) |
2021–2022 | Atlético de Madrid | 0 | (0) |
2021–2022 | → Deportivo da Coruña | 31 | (5) |
2022– | Deportivo da Coruña | 38 | (8) |
2023–2024 | → Eibar | 43 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Mario Soriano Carreño, nado en Alcalá de Henares o 22 de abril de 2002, é un futbolista español, que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na canteira do Atlético de Madrid con cinco anos, no 2007, e foi subindo por todas as categorías do club.[1] En 2019 debutou co Atlético de Madrid B na Segunda División B, nun partido contra o Peña Deportiva no Cerro del Espino, no que entrou como substituto de Sanabria.[2]
Na tempada 2019/20 gañou un posto no filial adestrado por Nacho Fernández, disputando 21 partidos e marcando o seu primeiro gol, contra o Villarrubia.[3] Ademais, o 6 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo do Atlético de Madrid na Copa do Rei, no partido no que o seu equipo caeu eliminado contra o Cornellà. Diego Simeone deulle entrada na segunda parte, substituíndo a João Félix.[4]
En agosto de 2021 saíu cedido ao Deportivo da Coruña para a tempada 2021/22, na nova Primeira División RFEF.[1] Aínda que comezou como suplente no equipo de Borja Jiménez, acabou facéndose coa titularidade na segunda metade da tempada, e acabou sendo o xogador máis destacado do equipo na promoción de ascenso.[5] Marcou un gol nas semifinais contra o Linares e puxo por diante ao Deportivo na final contra o Albacete, antes de que os goles de Alberto e Jordi Sánchez lle desen a volta ao marcador e deixasen ao club galego sen ascenso.[5]
O seu bo rendemento na parte final da tempada, así como a súa vontade de continuar no club galego, fixo que o Deportivo chegase a un acordo co Atlético de Madrid para o traspaso definitivo do xogador, a pesar de contar con ofertas de categorías superiores.[6] Asinou un contrato por dúas tempadas e cambiou o dorsal número 8 polo 10.[7]
Foi un fixo nas aliñacións dos tres adestradores que pasaron polo banco do Deportivo na tempada 2022/23 (Borja Jiménez, Óscar Cano e Rubén de la Barrera), acabando como o xogador de campo con máis minutos durante a campaña, superado só polo porteiro Ian Mackay.[8] Disputou un total de 38 partidos, nos que marcou 8 goles e repartiu 6 asistencias. Foi titular nos dous partidos da promoción de ascenso a Segunda, na que o Deportivo caeu eliminado diante do Castellón.
O seu bo rendemento fixo que recibise ofertas de superior categoría, e tras non conseguir o ascenso co Deportivo decidiu xogar en Segunda División, aceptando a proposta do Eibar, ao que marchou cedido.[9] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2023/24, nunha derrota por 4-0 ante o Racing de Santander no Sardinero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mario Soriano, nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021.
- ↑ "Derrota ante el Peña Deportiva" (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021.
- ↑ "Soriano y Forcén firmaron un gran triunfo en Villarrubia de los Ojos" (en castelán). 10 de abril de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021.
- ↑ Cornago, Eduardo (7 de xaneiro de 2021). "Mario Soriano, un debut esperanzador". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 De la Cruz, Luis (18 de xuño de 2022). "Mario Soriano un poco más cerca, Doncel un poco más lejos". As (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Mario Soriano llega en propiedad al Deportivo" (en castelán). 19 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ De la Cruz, Luis (19 de xullo de 2022). "Ahora sí: Mario Soriano es nuevo jugador del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ Palleiro, Armando (15 de agosto de 2023). "Análisis de la plantilla: 10. Mario Soriano, el jugador de campo con más minutos en el Depor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "Es oficial: Soriano abandona el Deportivo por una cesión al Eibar" (en castelán). 14 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente.es (en castelán).