Malaquita
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Malaquita | |
---|---|
Malaquita asociada a crisocola | |
Fórmula química | Cu2CO3(OH)2 |
Clase | Carbonatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Verde |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 3,5-4 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Verde escura |
Densidade | 3,6-4 g/cm3 |
A malaquita (do latín malachites, en referencia a súa cor) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu2CO3(OH)2 e que contén un 57% de cobre.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A malaquita presenta unha cor verdosa alternando as cores verde claro e escuro, asemellándose en moitas ocasións ós aneis das árbores.
-
Malaquita (aneis típicos)
-
Malaquita de crecemento acicular
-
Malaquita e crisocola
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]A malaquita é un mineral típico das zonas de oxidación. Aparece con frecuencia en asociación coa azurita e coa limonita.
Usos da malaquita
[editar | editar a fonte]Noutrora era usada como colorante, pero hoxe en día está máis ben destinada a ser utilizada como pedra semipreciosa.
Propiedades
[editar | editar a fonte]É efervescente ó ácido clorhídrico diluído
Outros carbonatos
[editar | editar a fonte]A calcita e a aragonita son outros carbonatos a ter en conta.